english activities (3º ep )...podedes usar un diccionario online como o word...

Post on 19-Nov-2020

4 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

ENGLISH ACTIVITIES (3º EP )

Actividades recomendadas (do 5 ao 15 de Maio)

Hello children! How are you? I hope you are staying well and healthy! I know you are

working hard at home! I miss you a lot!

Para estas vindeiras semanas propoño continuar afianzando o vocabulario xa traballado no

cole. Para iso envío a continuación un documento en .pdf cunhas fichas de repaso

(Reinforcement) e de ampliación (Extension) de unidades anteriores. Se tendes algunha

dúbida ao facer os exercicios lembrade consultar o voso Class Book ou un diccionario de

Inglés. Podedes usar un diccionario online como o Word Reference(Inglés-Castelán) ou

Castelán-Inglés).

Enviarei a solución destas fichas coas tarefas do 18 de maio. Así poderedes correxilas vós

mesmos/as como faciades na clase. Polo tanto, estes exercicios son de repaso e non tendes

que envialos.

A seguinte actividade si é para enviar:

“Describe yourself”

Debúxate ou busca unha foto túa . Indica o teu nome(My name is...), di cantos anos tes (I

am...years old), onde vives(I live in...), algo que saibas facer(I can...) e algo que non saibas

facer(I can´t...). A continuación describe a roupa que levas posta e de que cor é cada

prenda(Ex: I´m wearing a blue jumper, black jeans,...). Esta tarefa(Describe yourself)

debedes mandarma ao mail: bealboradaenglish@gmail.com antes do 18 de maio. Lembrade

poñer o voso nome, apelidos e curso. Se tendes algunha dúbida podedes preguntarme por

mail.

E para que sigades practicando e xogando en inglés, ademais de ver moitos vídeos e cancións,

podedes acceder aos seguintes enlaces:

https://www.gamestolearnenglish.com/

https://matchthememory.com/tencolours

https://matchthememory.com/EBU141

https://matchthememory.com/clotheswinter

https://youtu.be/Q_EwuVHDb5U

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games

Take care! Best regards!!!

top related