lic costa da mariña occidental

Post on 20-Mar-2017

60 Views

Category:

Education

5 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

ESPAZOS NATURAISCosta da

Mariña Occidental

A costa da Mariña Occidental vai desde o Cabo de Burela ata a desembocadura do río Sor. Forma parte do tramo coñecido como Arco Cantábrico, chamado tamén Rías Altas, costa orientada ao norte, de Ribadeo ao Cabo Ortegal, á beira do mar Cantábrico. É unha zona moi exposta na que alternan cantís de diferentes alturas con rías e pequenos esteiros, illas e illotes, e algúns areais que manteñen sistemas dunares.Neste espazo está incluída a parte oriental da ría do Barqueiro, a zona exterior da ría de Viveiro e a costa ata a punta de Morás (San Cibrao). Inclúe tamén as illas Coelleira, Ansarón, Os Farallóns e numerosos illotes (Gaveira, Area, Os Netos, Insua da Cal...).

O espazo ten un grande interese xeolóxico, paisaxístico e ecolóxico, con ecosistemas mariños (areosos e rochosos), cantís, dunas e esteiros e unha grande diversidade de flora e fauna.

SITUACIÓN: Na Mariña Occidental luguesa: Localidades de referencia: O Vicedo, Viveiro, Celeiro e San Cibrao.SUPERFICIE: 491 haCONCELLOS: Cervo, O Vicedo, Viveiro e Xove (Lugo)VALORES NATURAIS: cantís, praias, dunas, esteiros, illas, aves acuáticas...

ZEPA: COSTA DA MARIÑA OCCIDENTAL (2.169 ha)É unha estreita faixa costeira entre a ría do Barqueiro e Xove (concellos de Cervo, O Vicedo, Viveiro e Xove) e a área mariña limítrofe.O máis destacado deste espazo son as aves mariñas. Os illotes acollen importantes colonias de aves nidificantes, ás que hai que engadir un grande número de especies nas épocas de paso (carráns, mascatos, corvos mariños...)

PROTECCIÓN•Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) 29 de decembro de 2004.•Zona de Especial Conservación (ZEC) 31 de marzo de 2014•Zona de Especial Protección para as Aves: ZEPA “Costa da Mariña Occidental”, con 2.169 ha.

CLIMAAtlántico húmido, con veráns suaves.

XEOLOXÍAO espazo acolle cantís con rochas de composición variada (granitos, neis, cuarcitas, xistos...), depósitos dunares, coídos, areais, illotes... e alterna áreas abrigadas (rías de Viveiro e O Barqueiro) con costa exposta.

As praias abertas ao Cantábrico son de area fina procedente de rochas de gran miúdo.

Xistos nos cantís de Punta Louseira. As rochas, ao seren atacadas polas ondas desgástanse e rompen de forma diferente segundo a súa consistencia e orientación.

Granitos na Punta Roncadoira

As rías do Cantábrico caracterízanse por teren dimensións reducidas (ata 8 km de lonxitude e menos de 15 m de profundidade) e forma de funil. Formáronse cando os ríos que discorren cara ao norte se encaixaron no seu curso inferior (aproveitando as fallas) e posteriormente os vales foron invadidos polo mar ao producirse, entre períodos glaciares, variacións no nivel do mesmo. Estas rías atópanse nun estadio de colmatación bastante avanzado, aparecen recheas de area e lama, porque a forza do mar e a pouca capacidade dos ríos non fan posible a saída dos sedimentos cara a fora.

Neste espazo atópanse as rías de Viveiro e a parte leste da do Barqueiro

Ría do Barqueiro

Ría de Viveiro

RÍA DO BARQUEIROÁbrese entre as puntas de Embarcadoiro e Bares. Ten dous tramos ben definidos, o esteiro do Sor, máis pechado e pouco influído polo mar (agás as mareas), con abundantes sedimentos que quedan ao descuberto ao debalar o mar, e a parte que vai desde o porto de Barqueiro, ata a boca da ría, máis aberta e profunda. É unha ría de beiras escarpadas, con cantís, máis altos entre O Vicedo e Punta Cameiro (na parte oriental) e nas puntas Almeiro e do Santo. Destacan as praias de Arealonga, O Vicedo e Xilloi.As rochas dominantes son granitos resistentes, con abundante seixo, e, no esteiro aparecen tamén cuarcitas, lousas e gneises. Na banda oriental da ría aparecen algúnhas bandas de ollo de sapo.

Vista xeral da Ría do Barqueiro desde o Semáforo de Bares

DESEMBOCADURA DO SOR

A PENA FURADA no extremo da praia de Arealonga, unha cova en cuarcitas á que se accde coa marea baixa

PRAIA DE AREALONGA E PENA FURADA

PRAIAS DO CHAMADOIRO E AREA LONGA NA FRECHA DO SOR NA RÍA DO BARQUEIRO

PRAIA DO CAOLÍN (O VICEDO) E PUNTA CONGREIRA

PRAIA DE XILLOI E PUNTA CHILATEIRA

PUNTA DO EMBARCADOIRO E ILLA COELLEIRA

Faro da Illa Coelleira (O Vicedo) construído en 1893Altura: 7 m sobre o terreo e 89 m sobre o nivel do marAlcance: 7 millas

PUNTA DO EMBARCADOIRO, E ILLA COELLEIRA, NO REMATE DA RÍA DO BARQUEIRO E COMEZO DA RÍA DE VIVEIRO

Vista da ría de Viveiro desde Monte Maior

RÍA DE VIVEIROOcupa o comezo da chamada falla de Viveiro que chega case ata o Courel. Ábrese entre as puntas de Cameiro e da Mansa ou Saíñas, cun largor de 7 km e bastante profundidade. Na formación desta ría tivo unha grande influencia a diferente resistencia das rochas. A súa beira esquerda é de xistos e a dereita de granito de mica negra. No seu interior acolle as praias de Area, Celeiro e Esteiro, na marxe dereita; e Covas, Abrela, A Cuncha, Sacido, Teixoso e Area Grande, na esquerda. O fondo da ría (Marismas do Landro) forma parte do LIC “Río Landro”. Figura tamén como Punto de Interese Xeolóxico de Galiza e como Paisaxe Sobresaínte.

OS CASTELOS

PRAIA DE AREA GRANDE, Os Castelos e Punta Merceira

PRAIA DE AREA GRANDE (San Román, O Vicedo). Mide case 1 km de lonxitude e conta cun importante sistema dunar que obstaculiza a saída ao mar do río Rendo.

ENSEADA DA PEREIRA E PUNTA LODELAS

ENSEADA DA PEREIRA E PUNTA LODELAS DESDE A PUNTA FUCIÑO DO PORCO

PUNTAS DE ABRELA E SUCASTRO

PUNTA DO FUCIÑO DO PORCO

PUNTA DO FUCIÑO DO PORCO

PUNTA DE MONTE QUEIMADO DESDE A PUNTA FUCIÑO DO PORCO

PUNTA DO FUCIÑO DO PORCO e ILLOTE GAVEIRA

PRAIA DA ABRELA (O Vicedo), de 560 m de lonxitude, e PUNTA DA ÍNSUA

PRAIA DE AREA desde o Monte Faro. Ten máis de 1 km de lonxitude. Na praia de Area hai unha lenda que fai referencia á cidade de Estabañón que quedou asolagada por unha maldición.

MONTE FARO

Vista da boca da ría desde o Faro

Illa de Area, chamada tamén A Ínsua

ENSEADA E PRAIA DO ESTEIRO, onde desemboca o rego do Esteiro

PUNTA CAMPANARIO

PUNTA DA MANSA, límite leste da Ría de Viveiro

PUNTA MANSA E OS NETOS. Ao fondo o faro da punta Roncadoira

Vista desde a PUNTA RONCADOIRA cara á boca da Ría de Viveiro: punta Fontásn e illotes Os Netos. A punta Roncadoira é un espléndido miradoiro sobre a costa da Mariña.

Faro de Punta Roncadoira

ENSEADA E PRAIA DE PORTOCELO

ILLA SARÓN OU ANSARÓN E PUNTA DE ARXENTES desde a punta Roncadoira. Ao fondo a punta de Morás e os Farallóns.

OS FARALLÓNS, formado polas illas Baixa, Sombriza e Pé.A Maruxaina é unha serea da Mariña de Lugo que atrae aos homes cos seus cantos e berros facendo que naufraguen nos Farallóns. Outra lenda conta que é unha serea ou Afogada (metade peixe, metade muller) que berra para avisar aos mariñeiros dun posible naufraxio. Vive nas covas dos Farallóns, debaixo do illote da Sombriza. En San Cibrao celébrase unha festa para conmemorar o día en que os mariñeiros prenderon e queimaron á Maruxaina.

TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE-Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda-Esteiros-Chairas lamacentas ou areentas que non están cubertos de auga na baixamar-Grandes calas e baías pouco profundas-Arrecifes-Vexetación anual sobre argazos-Vexetación perenne de coídos-Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas-Pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae)-Dunas móbiles embrionarias-Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas)-Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises)-Depresións intradunales húmidas

...

A área pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, e adscríbese ao sector galaico-asturiano.

...-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion-Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix-Queirogais secos europeos-Queirogais secos atlánticos costeiros de Erica vagans-Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion caeruleae)-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino-Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion)-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii-Furnas mariñas-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)

FLORAO espazo acolle unha grande variedade vexetal asociada ás dunas e os cantís: herba de namorar (Armeria pubigera subsp. pubigera, Armeria pubigera subsp. depilata) Silene uniflora, Rumex acetosa subsp. biformis (Leucanthemum pluriflorum) exclusiva das costas do norte de Galiza e Asturias, herba leiteira ( Euphorbia paralias), correola das praias (Calystegia soldanella)... Abondan as algas.

Liques e pirixel do mar

Inula crithmoides

Feo (Ammophila arenaria) e cardo mariño (Eryngium maritimum)

Leucantemum corunnese

Orquídea (Spiranthes aestivalis)

ESPECIES DE INTERESENanozostera noltii Narcissus triandrus Sphagnum spp. Spiranthes aestivalis

Seba (Nanozostera noltii )

Linaria polygalifolia subsp. aguillonensis

CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADASAhnfeltiopsis pusilla Linaria polygalifolia subsp. aguillonensis Spiranthes aestivalis

Algas nunha poza de marea

Carrapuchos (Chondrus crispus)

Corvo mariño real (Phalacrocorax carbo), visitante invernal.

FAUNAO máis representativo son as aves e as especies mariñas de areais e cantís.Destaca a presenza de aves mariñas, principalmente nas illas e illotes. Crían a gaivota patiamarela (Larus michahellis), o corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) a gaivota escura (Larus fuscus), o paíño pequeno (Hydrobates pelagicus). O número e diversidade aumenta O número e diversidade aumenta cos pasos migratorios.

Gaivotas nunha área de cría dos cantís

ESPECIES DE INTERESE

Lontra (Lutra lutra)

MAMÍFEROSLutra lutra Myotis myotis Pipistrellus pipistrellus Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros

Pilro bule bule (Calidris alba)

AVESAccipiter nisus Acrocephalus scirpaceus Actitis hypoleucos Aegithalos caudatus Alauda arvensisAlcedo atthis Anas platyrhynchos Anthus trivialis Apus apus Ardea cinerea Arenaria interpres Buteo buteo Calidris alba Calidris maritima Calonectris diomedea Caprimulgus europaeus Certhia brachydactyla Charadrius dubius Cisticola juncidis Columba livia Columba palumbus Corvus corone Píllara riscada(Arenaria interpres)

Delichon urbica Dendrocopos major Egretta garzetta Emberiza cirlus Erithacus rubecula Falco peregrinusFalco tinnunculus Garrulus glandarius Gavia immer Haematopus ostralegus Hirundo daurica Hirundo rustica Hydrobates pelagicus Larus cachinnans Larus fuscus Larus marinus Larus melanocephalus Larus ridibundus Limosa lapponica Locustella naevia Melanitta fusca Melanitta nigra

Garzota (Egretta garcetta)

Mazarico real (Numenius arquata)

Motacilla alba Motacilla cinerea Motacilla flava Numenius arquata Numenius phaeopus Parus ater Parus caeruleus Parus cristatus Parus major Phalacrocorax aristotelis Phoenicurus ochruros Phylloscopus ibericus Pica pica Picus viridis Podiceps nigricollis Prunella modularis Ptyonoprogne rupestris Puffinus griseus Puffinus mauretanicus Puffinus puffinus Pyrrhocorax pyrrhocorax

Pyrrhula pyrrhula Regulus ignicapilla Riparia riparia Rissa tridactyla Saxicola torquata Stercorarius skua Sterna hirundo Sterna sandvicensis Streptopelia decaocto Streptopelia turtur Strix aluco Sula bassana Sylvia atricapilla Sylvia undata Tachymarptis melba Troglodytes troglodytes Turdus merula Turdus philomelos Upupa epops Uria aalge

Carrán común (Sterna hirundo)

Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi)

RÉPTILESAnguis fragilis Coronella austriaca Chalcides striatus Iberolacerta monticola Lacerta schreiberi

Sapo raxado (Discoglossus galganoi)

ANFIBIOSChioglossa lusitanica Discoglossus galganoi Lissotriton boscai Pelophylax perezi Rana iberica

Corniño (Nucella lapillus)

INVERTEBRADOSLucanus cervus Charonia lampas subsp. lampas Nucella lapillus Patella ulyssiponensis

Percebes e mexillóns nas rochas dos cantís.

ESPECIES DOS ANEXOS I e II DA DIRECTIVA CEEMAMÍFEROSLutra lutraMyotis myotisRhinolophus ferrumequinumRhinolophus hipposiderosAVESAlauda arvensisAlcedo atthis Calonectris diomedea Falco peregrinusGavia immer Hydrobates pelagicus Locustella naevia Phoenicurus ochruros Puffinus mauretanicus Pyrrhocorax pyrrhocorax Stercorarius skua Sterna hirundo Sterna sandvicensis Sylvia undata Uria aalge RÉPTILESLacerta monticolaLacerta schreiberiANFIBIOSChioglossa lusitanicaDiscoglossus galganoi

Carráns cristados (Sterna sandvicensis)

CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADASMAMÍFEROSMyotis myotis Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros AVESHaematopus ostralegus Hydrobates pelagicusPhalacrocorax aristotelis Puffinus mauretanicus Rissa tridactyla ANFIBIOSChioglossa lusitanica Rana iberica INVERTEBRADOSBolma rugosa Echinus esculentus Eunicella verrucosa

Gabita (Haematopus ostralegus), ten neste espazo o único punto de cría do territorio galego.

Portocelo (Xove)

ACTIVIDADESPesca, marisqueo, turismo, lecer...

Praia de Abrela (O Vicedo)

Praia de Xilloi (O Vicedo)

PROBLEMASContaminación, construcións, especies invasoras...

PUNTOS DE INTERESECERVO: illotes Os Farallóns

O VICEDO: praias Chamadoiro, Area Longa, O Caolín, Xilloi, Area Grande e Abrela. Puntas do Embarcadoiro, Lodelas e Fuciño de Porco. Illa Coelleira e illotes dos Castelos. Faros da Punta do Castro e Fuciño de Portco.

Faro da Punta do Castro

VIVEIRO: Praia da Area. Puntas Ínsua e do Faro. Illote Queimado e illa da Area. Faro da da punta do Faro. Área de interpretación do Cargadoiro.

Área de lecer creada no antigo cargadoiro de mineral procedente da Silvarosa, unhas minas de ferro pechadas.

XOVE: praias de Esteiro e Portocelo. Puntas do Campanario, Mansa, Fontáns e Roncadoira. Illas dos Netos, Ínsua da Cal e Ansarón. Faro da punta Roncadoira. Restos da ermida de Santo Tirso.

Illa Ansarón. Ao fondo a punta Roncadoira.

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daportafebreiro 2017

top related