manual scratch linux actividade 3. primeiros pasos … · babot by dismedia desarrollos tic s.l.l....
Post on 02-Aug-2020
2 Views
Preview:
TRANSCRIPT
MANUAL SCRATCH LINUX ACTIVIDADE 3. PRIMEIROS PASOS CON SCRATCH
1
Babot by Dismedia Desarrollos TIC S.L.L. is licensed under Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.Creado a partir de la obra en https://babot.es/
Imos aprender a facer un programa de Scratch. Un gatiño contaranos que
significan as cores dun semáforo. Para iso, só temos que seguir estes pasos. É moi
sinxelo!
Antes de nada, copiamos no escritorio do noso ordenador a imaxe do semáforo
e da rúa que nos pasará o/a profe. Necesitarémolas máis adiante!
Paso 1: Abrimos o programa Scratch e veremos algo parecido a isto:
Ese gatiño laranxa será o narrador que nos conte como funciona o semáforo,
pero… Onde está o semáforo?
MANUAL SCRATCH LINUX ACTIVIDADE 3. PRIMEIROS PASOS CON SCRATCH
2
Babot by Dismedia Desarrollos TIC S.L.L. is licensed under Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.Creado a partir de la obra en https://babot.es/
Paso 2: Teremos que incluír un novo obxecto. Farémolo clicando en “Choose new sprite
from file” xusto debaixo do escenario.
Abrirase un código de diálogo coma o seguinte:
Seleccionamos a imaxe do semáforo, que previamente temos que ter copiada no
escritorio do noso ordenador, e dámoslle a “OK”.
Xa temos os dous obxectos que precisamos para o noso programa, só nos falta
un fondo axeitado para a nosa historia!
MANUAL SCRATCH LINUX ACTIVIDADE 3. PRIMEIROS PASOS CON SCRATCH
3
Babot by Dismedia Desarrollos TIC S.L.L. is licensed under Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.Creado a partir de la obra en https://babot.es/
Paso 3: Para iso imos subir o fondo “rúa” que temos gardado no noso ordenador.
Facemos click en “stage”, como na seguinte imaxe:
Apareceranos algo coma o seguinte:
MANUAL SCRATCH LINUX ACTIVIDADE 3. PRIMEIROS PASOS CON SCRATCH
4
Babot by Dismedia Desarrollos TIC S.L.L. is licensed under Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.Creado a partir de la obra en https://babot.es/
Co fondo seleccionado, na pestana “Backgrounds” damos ao botón “Import”.
Apareceranos un cadro como o seguinte. Escollemos a imaxe do fondo que
gardamos, e damos a “OK”.
MANUAL SCRATCH LINUX ACTIVIDADE 3. PRIMEIROS PASOS CON SCRATCH
5
Babot by Dismedia Desarrollos TIC S.L.L. is licensed under Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.Creado a partir de la obra en https://babot.es/
Teremos dous fondos, pero só precisamos un. Prememos o botón “X” no
primeiro escenario, como na seguinte imaxe.
E quedaranos algo así:
MANUAL SCRATCH LINUX ACTIVIDADE 3. PRIMEIROS PASOS CON SCRATCH
6
Babot by Dismedia Desarrollos TIC S.L.L. is licensed under Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.Creado a partir de la obra en https://babot.es/
Agora pulsamos o botón de “Edit” e axustamos o tamaño do noso fondo no
botón de “Grow”.
Cando o teñamos do tamaño axeitado, damos a “OK”.
Listos? Agora xa temos o personaxe que conta a historia, o noso semáforo e o fondo.
É o momento de colocar os nosos obxectos no lugar axeitado!
Paso 4: Para iso, pinchamos os obxectos co rato e arrastrarémolos ata a posición que
queiramos.
Nós decidimos deixalos nesta
posición. Que vos parece?
MANUAL SCRATCH LINUX ACTIVIDADE 3. PRIMEIROS PASOS CON SCRATCH
7
Babot by Dismedia Desarrollos TIC S.L.L. is licensed under Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.Creado a partir de la obra en https://babot.es/
Paso 5: Agora temos que disfrazar ao semáforo. Pero temos un truquiño!
Tendo seleccionado o semáforo na sección de sprites aparécenos unha imaxe
coma a seguinte.
Hai tres pestanas: “scripts”, “costumes” e “sounds”. Polo de agora imos traballar
no apartado de “costumes”.
Prememos en “Copy”.
MANUAL SCRATCH LINUX ACTIVIDADE 3. PRIMEIROS PASOS CON SCRATCH
8
Babot by Dismedia Desarrollos TIC S.L.L. is licensed under Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.Creado a partir de la obra en https://babot.es/
Que pasou? Que temos outro semáforo igualiño xusto debaixo. Repetímolo:
prememos en “Copy”.
Temos tres semáforos? Perfecto!
O primeiro, só precisará a cor vermella, o segundo disfrace só a cor laranxa e o
terceiro semáforo, só a cor verde.
Imos co primeiro semáforo! Seleccionámolo coma na seguinte imaxe e damos a
“Edit”.
Agora temos que pintar de cor vermella o primeiro círculo e de negro os demais.
Quedaranos así.
MANUAL SCRATCH LINUX ACTIVIDADE 3. PRIMEIROS PASOS CON SCRATCH
9
Babot by Dismedia Desarrollos TIC S.L.L. is licensed under Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.Creado a partir de la obra en https://babot.es/
Faremos o mesmo co semáforo 1 (será laranxa) e semáforo 2 (será verde).
Quedounos algo así? Pois adiante!
MANUAL SCRATCH LINUX ACTIVIDADE 3. PRIMEIROS PASOS CON SCRATCH
10
Babot by Dismedia Desarrollos TIC S.L.L. is licensed under Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.Creado a partir de la obra en https://babot.es/
Agora programamos ao gatiño e ao semáforo!
Paso 6: Seleccionamos ao gatiño na sección de “sprites” e prememos na pestana de
“scripts”.
Aquí imos seleccionando os bloques necesarios para formar un código coma o
seguinte:
PISTA: Os bloques xúntanse coma pezas dun quebracabezas. Collémolas co rato,
arrastrámolas e encaixámolas no seu lugar. Logo cambiamos as mensaxes e
modificamos os tempos.
MANUAL SCRATCH LINUX ACTIVIDADE 3. PRIMEIROS PASOS CON SCRATCH
11
Babot by Dismedia Desarrollos TIC S.L.L. is licensed under Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.Creado a partir de la obra en https://babot.es/
Paso 7: Co semáforo seleccionado, xuntamos as pezas para ter o seguinte código:
Xa temos o noso programa listo!
MANUAL SCRATCH LINUX ACTIVIDADE 3. PRIMEIROS PASOS CON SCRATCH
12
Babot by Dismedia Desarrollos TIC S.L.L. is licensed under Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.Creado a partir de la obra en https://babot.es/
Prememos o banderín verde e comprobamos que todo funciona correctamente.
PARA GARDAR O PROGRAMA:
Imos á pestana “File” e prememos “Save as”.
MANUAL SCRATCH LINUX ACTIVIDADE 3. PRIMEIROS PASOS CON SCRATCH
13
Babot by Dismedia Desarrollos TIC S.L.L. is licensed under Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.Creado a partir de la obra en https://babot.es/
Seleccionamos o escritorio do noso ordenador, poñemos o nome do noso
proxecto e damos a “OK”.
top related