![Page 1: ENGLISH ACTIVITIES (3º EP )...Podedes usar un diccionario online como o Word Reference(Inglés-Castelán) ou Castelán-Inglés). Enviarei a solución destas fichas coas tarefas do](https://reader033.vdocument.in/reader033/viewer/2022060809/608d921e14edff5def0196e6/html5/thumbnails/1.jpg)
ENGLISH ACTIVITIES (3º EP )
Actividades recomendadas (do 5 ao 15 de Maio)
Hello children! How are you? I hope you are staying well and healthy! I know you are
working hard at home! I miss you a lot!
Para estas vindeiras semanas propoño continuar afianzando o vocabulario xa traballado no
cole. Para iso envío a continuación un documento en .pdf cunhas fichas de repaso
(Reinforcement) e de ampliación (Extension) de unidades anteriores. Se tendes algunha
dúbida ao facer os exercicios lembrade consultar o voso Class Book ou un diccionario de
Inglés. Podedes usar un diccionario online como o Word Reference(Inglés-Castelán) ou
Castelán-Inglés).
Enviarei a solución destas fichas coas tarefas do 18 de maio. Así poderedes correxilas vós
mesmos/as como faciades na clase. Polo tanto, estes exercicios son de repaso e non tendes
que envialos.
A seguinte actividade si é para enviar:
“Describe yourself”
Debúxate ou busca unha foto túa . Indica o teu nome(My name is...), di cantos anos tes (I
am...years old), onde vives(I live in...), algo que saibas facer(I can...) e algo que non saibas
facer(I can´t...). A continuación describe a roupa que levas posta e de que cor é cada
prenda(Ex: I´m wearing a blue jumper, black jeans,...). Esta tarefa(Describe yourself)
debedes mandarma ao mail: [email protected] antes do 18 de maio. Lembrade
poñer o voso nome, apelidos e curso. Se tendes algunha dúbida podedes preguntarme por
mail.
E para que sigades practicando e xogando en inglés, ademais de ver moitos vídeos e cancións,
podedes acceder aos seguintes enlaces:
https://www.gamestolearnenglish.com/
https://matchthememory.com/tencolours
https://matchthememory.com/EBU141
https://matchthememory.com/clotheswinter
https://youtu.be/Q_EwuVHDb5U
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games
Take care! Best regards!!!
![Page 2: ENGLISH ACTIVITIES (3º EP )...Podedes usar un diccionario online como o Word Reference(Inglés-Castelán) ou Castelán-Inglés). Enviarei a solución destas fichas coas tarefas do](https://reader033.vdocument.in/reader033/viewer/2022060809/608d921e14edff5def0196e6/html5/thumbnails/2.jpg)
![Page 3: ENGLISH ACTIVITIES (3º EP )...Podedes usar un diccionario online como o Word Reference(Inglés-Castelán) ou Castelán-Inglés). Enviarei a solución destas fichas coas tarefas do](https://reader033.vdocument.in/reader033/viewer/2022060809/608d921e14edff5def0196e6/html5/thumbnails/3.jpg)
![Page 4: ENGLISH ACTIVITIES (3º EP )...Podedes usar un diccionario online como o Word Reference(Inglés-Castelán) ou Castelán-Inglés). Enviarei a solución destas fichas coas tarefas do](https://reader033.vdocument.in/reader033/viewer/2022060809/608d921e14edff5def0196e6/html5/thumbnails/4.jpg)
![Page 5: ENGLISH ACTIVITIES (3º EP )...Podedes usar un diccionario online como o Word Reference(Inglés-Castelán) ou Castelán-Inglés). Enviarei a solución destas fichas coas tarefas do](https://reader033.vdocument.in/reader033/viewer/2022060809/608d921e14edff5def0196e6/html5/thumbnails/5.jpg)
![Page 6: ENGLISH ACTIVITIES (3º EP )...Podedes usar un diccionario online como o Word Reference(Inglés-Castelán) ou Castelán-Inglés). Enviarei a solución destas fichas coas tarefas do](https://reader033.vdocument.in/reader033/viewer/2022060809/608d921e14edff5def0196e6/html5/thumbnails/6.jpg)
![Page 7: ENGLISH ACTIVITIES (3º EP )...Podedes usar un diccionario online como o Word Reference(Inglés-Castelán) ou Castelán-Inglés). Enviarei a solución destas fichas coas tarefas do](https://reader033.vdocument.in/reader033/viewer/2022060809/608d921e14edff5def0196e6/html5/thumbnails/7.jpg)