gonzÁlez - dialnetde información, minimamente segura, sobre os primeiros pasos da humanidade,...

23
Por Fernando PERElRA GONZÁLEZ Departamento de Historia I Facultade de Xeografía e Historia Universidade de Santiago de Compostela Abstract: This paper presents an analysis about the relationships between theories of pri- mitive humankind developed since Clacsical Antiquity and those ideas about prehistory held by two writers in nineteenth century Galicia: Benito Vicetto and Leandro Saralegui y Medina. Moreover is argued that al1 of them can be consi- dered as an lmagined Prehistory Keywords: Primitive Human kind, lmaginedPrehistoory,Primitivism, anti-Primitivism. A PREHISTORIA IMAXINARIA DOS GREGOS E AS SÚAS DERIVACIÓNS Hoxe en día estamos afeitos a falar da humanidade primitiva en termos pura- mente arqueolóxicos. Dende meiados do século pasado cando se recofieceu nos círculos científicos occidentais a grande antigüidade da humanidade e se senta- ron as bases da arqueoloxía prehistórica deuse por sentado que a arqueoloxía -en combinación coa xeoloxía, a edafoloxía, a paleontoloxía e a paleobotánica, entre outras ciencias auxiliares- era a única disciplina que nos podía fornecer de información, minimamente segura, sobre os primeiros pasos da humanidade, sobre a súa prehistoria. Atrás quedaran os mitos sobre a orixe da humanidade -Adán e Eva, Noé e o Diluvio, a Torre de Babel- que ata o século XIX foran a <<versión oficial>> das nosas orixes. A arqueoloxía prehistórica presentarase en adiante como unha ciencia obxectiva que, apoiándose unicamente nos restos rnateriais do pasado relacionados coa actividade humana, era quen de artella-lo único relato <werídico,) verbo da orixe e dos primeiros tempos da humanidade, sempre recoñecendo as limitacións propias do método e da interpretación arque- olóxicas. Sexa como for, nas historias da arqueoloxía víñase recoñecendo máis ou menos implicitamente que a reflexión sobre a humanidade primitiva encetada pola arqueoloxía e a antropoloxía decimononicas desenvolvérase dentro dunha especie de ebaldeiro conceptual>> -pois na construcción dunha nova concep- ción sobre as orixes da humanidade só se tiveran en conta os datos empíricos <<puros%- sobre o que non influíran ideas pre-concibidas (Stoczkowski, 1994). Pero os humanos non tivemos que agardar ata a (<posta en funciona mento^^ da arqueoloxía prehistórica, e nin sequera ata emprega-los restos arqueolóxicos

Upload: others

Post on 18-Oct-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • Por Fernando PERElRA GONZÁLEZ

    Departamento de Historia I Facultade de Xeografía e Historia Universidade de Santiago de Compostela

    Abstract: This paper presents an analysis about the relationships between theories of pri- mitive humankind developed since Clacsical Antiquity and those ideas about prehistory held by two writers in nineteenth century Galicia: Benito Vicetto and Leandro Saralegui y Medina. Moreover is argued that al1 of them can be consi- dered as an lmagined Prehistory

    Keywords: Primitive Hu man kind, lmagined Prehistoory, Primitivism, anti-Primitivism.

    A PREHISTORIA IMAXINARIA DOS GREGOS E AS SÚAS DERIVACIÓNS

    Hoxe en día estamos afeitos a falar da humanidade primitiva en termos pura- mente arqueolóxicos. Dende meiados do século pasado cando se recofieceu nos círculos científicos occidentais a grande antigüidade da humanidade e se senta- ron as bases da arqueoloxía prehistórica deuse por sentado que a arqueoloxía -en combinación coa xeoloxía, a edafoloxía, a paleontoloxía e a paleobotánica, entre outras ciencias auxiliares- era a única disciplina que nos podía fornecer de información, minimamente segura, sobre os primeiros pasos da humanidade, sobre a súa prehistoria. Atrás quedaran os mitos sobre a orixe da humanidade -Adán e Eva, Noé e o Diluvio, a Torre de Babel- que ata o século XIX foran a das nosas orixes. A arqueoloxía prehistórica presentarase en adiante como unha ciencia obxectiva que, apoiándose unicamente nos restos rnateriais do pasado relacionados coa actividade humana, era quen de artella-lo único relato > -pois na construcción dunha nova concep- ción sobre as orixes da humanidade só se tiveran en conta os datos empíricos

  • co anceio de obtermos informacións históricas, para artellarmos relatos que nos explicasen as nosas orixes. Os centos de ((mitos de orixe>> de tódalas culturas que falan da aparición dos seres humanos, dos comezos da vida en sociedade ou das invencións de novas técnicas ou costurnes -mitos entre os que se inclúe a narración da Xénese- son boa mostra disto.

    Neste sentido a antiga Grecia aparece como un caso particular, xa que alí se desenvolveron un conxunto de teorías acerca da hurnanidade primitiva que se ben afundían as súas raíces en narracións míticas verbo da orixe da humanida- de e da cultura, esas rnesmas teorías, mediante un proceso de

  • mado primitivismo cronolóxico, tendencia do pencamento que sitúa nunha época pasada, a miúdo os inicios da humanidade, o estado ideal ou mais feliz da mesma.

    O segundo grupo de teorías, as anti-primitivistas, opófiense as primeiras: non sitúan o mellor estado da humanidade nos seus comezos, senón nun presente onde a vida é cómoda e doada gracias a unha cultura desenvovida, ou ben no futuro, do que se agardan novas melloras. Os primeiros tempos, a prehistoria, imaxínanse, pola contra, como unha época na cal as persoas vivían case como animais, miserablemente, sen desfrutar de ningunha das vantaxes da civilización (lume, vestidos, cidades, agricultura, tecnoloxía ...), as cales só se iran acadando paseniño, a través dun complexo proceso de mellora que combinaba casualida- de, necesidade, experiencia e observación da natureza e o emprego daquelas características que sobranceaban ós humanos por riba do resto dos animais (postura ergueita, uso das mans, faia e razón). Moi a miúdo esas descubeutas imaxinábanse como invencións colectivas e anónimas, pero outras explicacións anti-primitivistas preferían salienta-lo papel de determinados heroes culteirais ou incluso de divindades á hora de dar conta do descubrimento daquelas artes e técnicas que facían da vida dos humanos unha existencia mellor e rnáis civiliza- da. En todo caso tódalas teorías anti-primitivictas salientaban o progreso da humanidade e non a súa decadencia, como si facían aqueles relatos sobre a per- dida ldade de Ouro. Lucrecio, Diodoro e Vitruvio foron os autores onde as ideas progresionistas aplicadas á historia humana aparecían máis desenvolvidas, par- tindo quizais das teorías de Demócrito (Cole, 1967).

    Por último están as teorías que implican o denominado primitivismo duro: o recoñecemento de que nos primeiros tempos a humanidade levaba unha exis- tencia dura e ruda, sen cultura nin refinamentos e con escasos medios; unha vida non exenta de traballos como a da ldade de Quro, pero que aínda así, precisa- mente gracias á súa sinxeleza, era a mellor das vidas posibles. Polo tanto era necesario voltar a ela de novo, e ademais isto era posible, pois só había que abandona-la cultura escravizadora e deformadora da verdadeira etesencia)9 dos humanos e regresar ó (testado de naturezaw (en contraposición á idea dunha ldade de Ouro xa perdida para sempre). Os Cinicos, que o empregaban como xustificación do seu modo de vida, foron os principais valedores deste primitivis- mo duro. De feito elec propugnaban como ideal de vida unha verdadeira ((volta á prehistoria)>, ese .estado de natureza;.>, rexeitando tódalas .> da civilización.

    Estas teorías sobre a humanidade primitiva desenvolvidas por gregos e roma- nos, eses tres modelos básicos de Prehistoria Imaxinaria, tiveron unha enorme influencia no pensamento europeo durante os séculos posteriores. A través dos primeiros escritores cristiáns, moitos deles impregnados de cultura clásica, incor- poráronse á tradición cristiá medieval, frecuentemente mesturadas co relato bíblico (Boas, 1 948; Droge, 1 989). A pesar de que foi o primitivismo cronolóxico a tendencia que preveleceu a hora de concibi-la primeira humanidade -o mito bíblico do Xardín do Edén perdido por mor do Pecado Orixinal, ás veces equipa- rado ó da Idade de Ouro-, tamén é posible atopar actitudes anti-pfimitivistas e

  • de primitivismo duro entre os autores medievais (Boas, 1948). Polo tanto, e aínda que algo modificadas polo cristianismo, mantivéronse vixentes as diferentes ver- sións da Prehistoria Imaxinaria. O importante é sinalar esa continuidade da tra- dición clásica no relativo ás ideas sobre a humanidade primitiva, continuidade que non fixo máis que acentuarse a partir do Renacemento e o redescubrimen- to de moitas obras gregas e romanas.

    No século XVll l esa Prehistoria lmaxinaria na súa versión anti-primitivista manifestouse a miúdo nos esquemas históricos dos filósofos da Ilustración que pretendían sinala-lo Progreso da historia humana: agora interesaba facer fincapé nos duros comezos dunha primeira humanidade que vivía nun estado >, loitando continuamente contra as feras e a Natureza sen outra arma có seu inxenio, para así salienta-lo Progreso experimentado polos humanos ó longo da historia. A historia da humanidade durante a Ilustración seguía en moitos casos o modelo da Teoría dos Catro Estadios (que imaxina- ba á humanidade pasando, sucesivamente, polos estadios de cazador, pastor nómada, agricultor e comerciante), teoría que tiña o seu precursor máis inme- diato no grego Dicearco, no século IV a.c. (Meek, 1981). O primeiro estadio, o de cazador, coincidía ben coa situación dos primeiros humanos imaxinada por Lucrecio ou Diodoro, e o desenvolvemento posterior suposto, presentado en termos semellantes ó que máis tarde se coñecería como evolucionismo unilineal, confirmaba que o Progreso era unha característica inevitable da nosa historia.

    Pesie a que no século XVlll a práctica e o pensamento arqueolóxicos xa aca- daran un importante grao de perfeccionamento (Schnapp, 1993), a arqueoloxía, choída entre a Biblia e as fontes clásicas, aínda tiña pouco que dicir sobre a humanidade prehistórica, e a Prehistoria lmaxinaria dos gregos e romanos con- servaba toda a súa vixencia (Stoczkowski, 1994).

    A historia evolucionista dos filósofos servirá como modelo 6 evo- lucionismo unilineal do século X1X -caracterizado entre outras cousas pola crenza na grande antigüidade da humanidade, polo seu anti-primitivismo e pola súa confianza no Progreso- aínda que será retocada e ampliada coas novas ideas transformistas (evolucionismo biolóxico) e os novos datos fornecidos pola recén establecida arqueoloxía prehistórica. De feito, este evolucionismo socio- cultural decimonónico aparecía configurado por numerosas influencias -dende o progresionismo da Ilustración e do positivismo francés, ata o utilitarismo inglés, a tradición etnolóxica e a anatomía comparada- pero encadradas dentro dun novo contexto establecido polo darwinismo e o recoñecemento da grande anti- güidade da humanidade (Stocking, 1987).

    O que interesa salientar agora é que malia que a partir de entón se recoñeza que a práctica da arqueoloxía prehistórica (axudada tamén pola etnografía) era o único que podía ofrecer datos sobre esa ampla prehistoria recén ó atribuírlle ós humanos moitos miles de anos máis do que se lles concedía habi- tualmente, serán as imaxes da Prehistoria lmaxinaria as que artellen a informa- ción arqueolóxica e Ile dean un sentido, e as que continúen a moldea-lo pensa- mento e as explicacións verbo da humanidade primitiva. É dicir, que en boa medi-

  • da a prehistoria decimonónica, malia a intervención da arqueoloxía, seguía a ser eminentemente unha Prehistoria Imaxinaria.

    O antropólogo Wiktor Stoczkowski ten amasado como 0s homes da ~lustración e os prehistoriadores e antropólogos do século XIX seguiron a ve-las primeiras épocas da humanidade como xa as imaxinaron gregos e romanos (Stoczkowski, 1994). O imaxinario anti-primitivista artellado na Antigüidade, unha vez reformulado no seu novo contexto, axeitábase perfectamente ó evolucionis- mo sociocultural e á louvanza do Progreso tan característicos do XIX. E os ves- tixios arqueolóxios, interpretados á luz dese imaxinario, non facían (non podían) senón confirmar estas ideas.

    Incluso hoxe en día, como demostra Stoczkowski, o máis frecuente é que se continúe a concibi-la antropoxénese e os primeiros pasos da humanidade, tanto nas obras científicas como nos libros de ensino e de divulgación, en termos desa Prehistoria Imaxinaria, ás veces seguindo a versión anti-primitivista e outras o modelo da ldade de Ouro3. A súa influencia no discurso arqueolóxico e antropo- Ióxico, científico ou non, segue a ser poderosa.

    Así, pódese dicir que ó longo de dous mil anos se repiten practicamente as mesmas ideas e semellantes motivos, na rneirande parte dos casos sen base empírica segura. Stoczkowski compara isto a un pozo de paredes invisibles que impide ir máis aló das mesmas, pero que sen embargo pasa desapercibido por todas aquelas persoas que sufren estas limitacións. Todo isto ten o efecto nega- tivo de provocar unha escaseza de novos enfoques sobre o terna,

    Dito isto a xeito de presentación, o propósito deste artigo é o de presentar senllos exemplos de Prehistoria Imaxinaria en dous autores galegos do século XIX: Benito Vicettó e Leandro Saralegui y Medina. A súa elección debeuse a que neles se atopan algunhas das visións máis arnplas e máis características que sobre a primitiva humanidade se presentaron na Galicia decimonónica (Pereira González, 1 996a).

    Aínda que a producción literaria destes autores, os obxectivos, a metodolo- xía, a mentalidade, os presupostos dos que parten e a imaxe da prehistoria que presentan sexan moi diferentes, os dous coinciden sen embargo en que apare- cen como debedores dunhas ideas sobre a humanidade primitiva que foron ptan- texadas moitos séculos atrás e que se transmitiron dentro da cultura occidental dende a Antigüidade clásica. Os dous pretendían tamen presenta-lo seu relato como unha imaxe verídica dos primeiros tempos da humanidade, aínda que bus- caban a súa validación de maneira diferente, diferencia que indicaba o contras- te entre dúas metodoloxías (propias de épocas distintas, malia os dous autores seren contemporáneos) e dúas mentalidades distintas.

    Pero nestes dous exemplos o que pretendo que quede claro sobre todo é que

    Non hai máis que lembra-la famosa teoría da (

  • se trata de dúas Prehistorias Imaxinarias, resultado dun imaxinario herdado da Antigüidade que será reformulado segundo o gusto e a ideoloxía da época e de cada autor. E como se verá tarnén, son prehistorias que gardaban unha moral.

    BENITO VICETTO: A VIDA RUDA E SlMPLE DOS PRIMEIROS «GALEGOS,>

    A visión da prehistoria de Vicetto aparece representada na primeira parte do primeiro volume da súa Historia de Galicia (1865), e ven expresada a través do relato acerca do que para el eran os dous primeiros grupos de poboadores de Galicia, ou, como el as denominaba, as razas ou nacionalidades Brigantina e Céltiga, devanceiros da poboación galega actual.

    A pesar de comezar a redacta-la súa obra en 1865, nunha época na que a antropoloxía evolucionista e a arqueoloxia prehistórica, despois do recoñece- mento

  • ción historiográfica que combinaba fontes diferentes (Biblia, textos clásicos, len- das...).

    Incluso o seu celtismo tiña pouco que ver co dos seus contemporáneos, como Murguía ou Saralegui, xa que se estes recoñecían a pertenza dos Celtas á fami- lia indoeuropea e situaban a súa orixe en Asia Central, como era frecuente facer na lingüística e na antropoloxía da época, Vicetto non seguía as teorías indoeu- ropeístas, pois el facía descender ós Celtas do propio Noé a través de Brigo (os seus Celtas falaban hebreo e non unha lingua indoeuropea) e ademais convertí- aos en orixinarios da propia Galicia.

    Todo isto era combinado e reformulado pola imaxinación, e a ideoloxía, de Vicetto que, en último termo, eran as principais responsables do resultado. Pero a el, que tiña como obxectivo a creación dunha historia galega que espertase os sentimentos patrióticos dos seus contemporáneos, non Ile parecía importar demasiado non estar moi ó tanto das novas correntes de investigación ou se a súa historia era mítica ou fantasiosa en exceso. A súa misión ((patriótica,, esta- ba por riba doutras consideracións.

    Malia estas matizacións, manterei, por certa comodidade terminolóxica, o termo (

  • séculos XVlll e XIX (Stoczkowski, 1994). Era un motivo típico das teorías anti-pri- mitivistasque debuxaban unha humanidade primitiva vivindo nun estado de ( (Vicetto, 1865: 15). A esta meirande resistencia física, xa presentada por Lucrecio como unha particularidade do home aínda non civilizado (Lovejoy e Boas, 1935), engadía- selle a súa meirande fertilidade que lles permitía poboar unha rexión determina- da nun curto espacio de tempo, fertilidade que era tamén unha característica típi- ca dos primeiros humanos (idea ás veces vencellada coa dunha dexenera- ciónJcaída posterior pola que se perdía esa fecundidade primitiva; cf. Lovejoy e Boas, 1935; Boas, 1948).

    Pero alén destas características, que denotaban máis un estado de simplici- dade que de verdadeiro ~, os Brigantinos e os Céltigos de Vicetto non tiñan nada de ( nin de

  • E a súa non era unha relixión primitiva, senón que eran unhas razas monote- ístas que adoraban a un D ~ U S innomeado nos clareiros dos bosques -nos /ubres- á luz da Iúa. Era unha relixión practicada mediante a oración individual, sen idolatría, sen cerimonia~ e Sen sacrificios6. Incluso negaba Vicetto que eses primeiros Celtas e tivesen algún tipo de sacerdocio, aqueles famosos druidas que aparecían nas fontes clásicas como sacerdotes dos Celtas (quizais na súa opinión estes druidas eran demasiados sospeitosos de idolatría como para ser dignos de particiar na .pura* relixión dos galegos, ¿ou era que o seu anti-clericalismo leváballe a riega-la existencia e a necesidade de intermediarios entre Deus e os humanos no .estado de natureza.?).

    Esa era a primitiva relixión dos Brigantinos e dos Céltigos. Era unha relixión sinxela, case se pode dicir instintiva, que estaba preto da idea de Relixión Natural dos deístas, aínda que, por máis que Vicetto non o dixese claramente, se trata- se máis ben do recordo que aqueles gardaban da relixión de Noé e os seus des- cendente~. Seguía a ser, pois, unha Relixión Revelada.

    A dicir de Vicetto Brigantinos e Celtigos levaban unha vida segundo a

  • sair canto antes. Pola contra, desfrutaban dos rudimentos da cultura (vida social, linguaxe, relixión ...) e o seu xeito de vida mirábase con evidente simpatía.

    Por outra banda, e malia que el puidese concibir aquela época como un momento moi especial na historia de Galicia, tampouco se pode afirmar que pen- sase nela como nunha ldade de Ouro no sentido estricto, e , do termo, xa que a loita contra os animais salvaxes e as necesarias actividades de subsis- tencia (e incluso o risco de loitas fracticidas) excluían que fose unha vida de total lecer e sen preocupacións8.

    Coincide sen embargo co primitivismo duro na valoración positiva dunha vida que se imaxinaba sinxela aínda que ruda e que seguía os dictados da mature- za.: Brigantinos e Céltigos aproveitaban os alimentos e os materiais que sim- plemente Iles ofrecía o medio; seguían os desexos á hora de elexiren compañeiro/a; tiñan un ha organización social

  • demagoxia democrática...). Xa S. Blundell ten salientado as semellanzas que gardaba co primitivismo duro esta imaxe da sociedade arcaica de Platón (Blundell, 1986).

    Con todo penso que non debemos ir máis lonxe nesta comparación entre a sociedade primitiva de Vicetto e a de Platón, porque hoxe quizais non sexa posi- ble demostrar unha influencia directa das ideas deste sobre aquel e porque e indubidable que a louvanza das sociedades primitivas máis simples foi unha constante do pensamento europeo ó longo da historia e polo tanto non é nece- sario buscar sempre influencias directas. Ademais non cómpre esquecer que unha sociedade patriarcal máis sinxela era tamén a característica dos primitivos hebreos segundo as Escrituras; e debemos lernbra-la influencia do relato bíblico sobre Vicetto, polo que é posible que a súa sociedade patriarcal puidese ter influencias bíblicas.

    Pero tamén hai que indicar esa coincidencia de imaxes e, ata certo punto, de valoracións (a dunha vida máis sinxela) entre o filósofo grego e o escritor gale- gol ainda que os obxectivos inmediatos sexan diferentes en cada caso.

    O que diferenciaba a Vicetto doutras formulacións en termos de primitivismo duro era o feito de que este autor non consideraba posible, ou desexable, un regreso a ese tipo de vida primitivo. Esta podía ser un exemplo de ((vida natu- ral)), e por ¡so superior nalgúns dos seus aspectos a respecto da vida noutras épocas ou na actualidade. Pero en ningún momento suxería Vicetto que debé- sernos voltar a ela ou que ela tivese que servir como modelo á nosa existencia actual. Servía, diso non cabía dúbida, para amosa-lo estado da primeira poboa- ción de Galicia, de xeito que puidésemos estar orgullosos dos nosos devancei- ros, xentes boas, inocentes e relixiosas de quen descendían ademais boa parte dos habitantes da Europa occidental (pois tódolos pobos celtas eran orixinarios de Galicia). Pero sobre que a súa vida era superable e mellorable parecía non haber dúbida para Vicetto.

    Incluso aínda que esa sociedade primitiva representase para el as esencias célticas da poboación galega e malia que simbolizase unha Galicia independen- te e dona de seu (ata a chegada de cartaxineses e romanos), e ainda que Vicetto afirmase que era necesario para non perde-la noca personalidade mante-la her- danza céltica que sempre se expresara ó longo da nosa historia ..., todo iso non significaba que el optase por unha volta total 6 pasado. Nese pasado e nesa per- sonalidade

  • afirmado na época anterior ós romanos, pero só a través dun longo proceso his- tórico este antigo país chegaba a se-la Galicia que Vicetto quería.

    A idea de Progreso, de desenvolvemento e mellora dunhas institucións ou facultades que se atopaban nun estado embrionario inicial, estaba pois presen- te.

    De feito Vicetto era un afervoado partidario da idea de Progreso:

  • E pechábase tamén outro ciclo na historia do país. A chegada de fenicios e gregos a Galicia acababa coa sociedade primitiva dos aborixes galaicos, ó apor- tar novos modelos económicos, sociais e culturais, e puna punto final á nosa (.

    A Prehistoria lmaxinaria de Leandro Saraiegui y Medirla era moi diferente da de Benito Vicetto, pero como esta a súa tamén afundía as súas raíces na Prehistoria lmaxinaria dos autores gregos e romanos.

    Aínda que Saralegui tamén se ocupou no seu libro Estudios sobre la época céltica en Galicia (que coñeceu tres edicións) da prehistoria de Galicia, neste afii- go voume ocupar unicamente da súa visión da prehistoria en xeral, das súac reflexións sobre os primeiros ternpos da humanidade, se ben é certo que deStas van depender en boa medida as súas ideas acerca da prehistoria galega -como ben se pon de manifesto na terceira edición (de 1894) dos Estudios sobre la época céltica en Galiciag.

    O fundamental da Prehistoria Imaxinaria de Saralegui y Medina está contido nunha serie de artigos recopilados e publicados nos seus Estudios sobre Galicia (1888), nomeadamente nos traballos (> vivindo nunha situación lamentable, privada dos máis elementais medios de subsistencia e de cultura, situación da cal só era quen de sair a través de pasos sucesivos que implicaban a lenta aparición de melloras tecnolóxicas, sociais, ou

  • bíblico, a prehistoria de Saralegui inseríase xa plenamente dentro da prehistoria evolucionista da segunda metade do século XIX. Saralegui recoñecía a grande antigüidade da humanidade, situando incluso a aparición do ser humano a finais da era Terciaria (segundo adiantaban varias teorías da época), mais non chega- ba a acepta-la hipótese da orixe simia dos humanos, pero en contraposición non adoptaba tampouco unha postura creacionista clara malia que as súas simpatí- as se decantasen cara a esta (Pereira González, 1997). Atrás quedaban para Saralegui as vellas especulacións cronolóxicas baseadas nas xenealoxías bíbli- cas e nas fontes clásicas, así como as lendas de Adán e Eva no Xardín do Edén: as orixes da humanidade eran moito máis antigas do que se cría, como demos- trara a arqueoloxía en consunción coa xeoloxía, e para falar delas só se podía acudir á arqueoloxía prehistórica e á antropoloxía.

    Ese era o punto de partida de Saralegui á hora de falar da prehistoria. Pero detrás da súa imaxe da mesma, había moito máis que simples datos arqueolóxi- COS.

    Seguindo a tradición anti-primitivista Saralegui presentaba ós primeiros habitantes humanos da Terra acosados por unha Natureza hostil, como era frecuente na Prehistoria lmaxinaria dos séculos XVlll e XIX (Stoczkowski, 1994) e nos anti-primitivistas da Antigüidade. Terremotos, volcáns, asolaga- mentos, trebóns ... aniquilaban e aterrorizaban 6s primeiros humanos. Pero eran sobre todo os ataques dos animais salvaxes a principal ameaza que sufrían estes humanos indefensos e solitarios. A súa era unha existencia inzada de medos continuos e de constante loita contra o mundo exterior. Ó contrario do que se supón que acontecía nunha ldade de Ouro, a Natureza non se comportaba cara a eles como unha de tódalas invencións, de tódalas melloras. Enfrontadas á procura de protección e de alimento, as persoas, presionadas pola necesidade, pensaban, actuaban, inventaban, organizábanse ... Nunha palabra: melloraban.

    Esta tradición anti-primifivista, materialista e utilitarista, vai estar presente no pensamento occidental dende a Prehistoria lmaxinaria dos gregos ata as súas reformulacións na arqueoloxía prehistórica do século XIX.

    A guerra incesante contra as fieras que tamén aparecía en Vicetto como un motivo case , devén en Saralegui, inspirado por aquela tradición, a verdadeira causa do comezo da carreira ascendente dos humanos, cáseque

  • poderiamos dicir a verdadeira

  • olóxica dos mesmos, pero non trataba apenas do progreso/evolución de aspec- tos sociais, culturais e relixiosos (aspectos moito máis conflictivos), como si era frecuente facer na época (Stocking, 1987).

    A carón disto hai que sinalar que Saralegui concibía estas melloras como des- cubertas anónimas, desenvolvidas por individuos anónimos e adoptadas pola comunidade cando aquelas amosaban a súa utilidade. Como afirmaban teóricos do laissez faire como Adam Smith ou Herbert Spencer, o esforzo individual debía redundar no beneficio de toda a sociedade.

    Para el, pois, a casualidade, a experiencia, pero sobre todo a necesidade, substituíran a heroes culturais e a divindades á hora de dar conta das distintas invencións e descubertas do xénero humano.

    En Saralegui tamén estaba presente a idea de Progreso da humanidade (ou de parte dela, ou sexa, dos europeos ou da .raza banca>>, a dicir do etnocen- trismo e do racismo da época).

    A carón dela atopamos ademais unha rnensaxe e unha moral: o Progreso é un producto das necesidades, ou para ser máis exactos, dos esforzos investidos polas persoas para resolver esas necesidades. Esforzos contra as forzas da Natureza, contra as fieras e contra os inimigos humanos.

    E a conclusión á que chegaba Saralegui era que o Progreso se conseguía unicamente a través da loita. Quen non se esforza non progresará e ficará estan- cado, atrasado: ((¿Qué importan, á cambio de tus beneficios y tus dones, las angustias y las privaciones que te hacen más eficaz y más fecundo?.. (Saralegui, 1888: 125). Esta máxima era aplicable tanto a nivel individual como a nivel de grupos ou de razas. Con todo Saralegui non salientaba tanto a loita entre indivi- duos ou entre razas (aínda que esta tamén estaba subxacente) como os esfor- zos realizados no control da Nature2a.e na ( cotiá.

    Foi a «hostilidade,, con que a Natureza recibiu ó primeiro ser humano o que Ile garantiu á hurnanidade o progreso posterior. Se a Natureza tivese sido ((ama- ble,, con el dende un principio, se Ile tivese colmado tódalas necesidades de xeito que el non precisase facer ningún esforzo para satisfacelas (como a miúdo se irnaxinaba a humanidade vivindo na ldade de Ouro), o ser humano -e aquí Saralegui estaba afirmando irnplicitamente que o

  • que as razas non brancas non melloraran e eran esas tribos ((petrificadas)> na prehistoria.

    Qué dúbida cabe que Saralegui estaba a opoñendo aquí a imaxe dunha Europa de clima desapacible e de solo pouco fértil, pero que posuía unhas xen- tes traballadoras, resistentes e emprendedoras, á imaxe doutros continentes de fertilidade proverbial -como Asia e Áfrical1- pero de poboación mol e pregui- ceira, estancada por mor súa propia nugalla. Esta oposición, de profunda raiga- me no imaxinario europeo, remontabase xa á antiga Grecia, onde atopaba unha das súas primeiras expresións no tratado hipocrático Sobre aires, augas e luga- res, datado no século V antes de Cristo, no cal se falaba dunha Europa de clima difícil e irregular, habitada por unha poboación resistente e amante da liberdade, oposta a unha Asia (en referencia sobre todo a Asia Menor) fértil e de clima suave e sen contrastes pero poboada de xentes febles e sometidas a reximes políticos despóticos pola súa carencia de iniciativa e de apego á liberdade12.

    Nos séculos XVIII e XIX este determinismo xeográfico será empregado para dar conta, como facía Saralegui, das diferencias culturais entre uns grupos humanos e outros e para explica-la

  • Economía Política (1 870), libro no que facía unha decidida defensa do liberalis- mo económico (Pereira González, 1997: 26). Está claro que a súa concepción da prehistoria estaba influída polo seu pensamento económico e político, e que este, pola súa banda, se vía reforzado e xustificado por aquela.

    Neste sentido o autor galego puna moito interese en insistir en que esa nova ciencia, a arqueoloxía prehistórica, confirmaba a (

  • arqueolóxicos ideas como a da loita incesante contra os animais e os elementos ou entre 0s propios humanos, ou a considera-lo control do lume como o inicio do proceso

  • prehistórica: grande antigüidade dos seres humanos, estado de salvaxismo

  • Que estes motivos seguían a ter unha vixencia e un sentido no século XIX, especialmente os anti-primitivistas, é algo que demostran Saralegui e Vicetto, e como eles outros moitos autores europeos da época. Esas vellas imaxes da humanidade primitiva eran as que Ile daban o seu sentido ós vestixios arqueoló- xicos, uns sentidos -xa for primitivista ou anti-primitivistz+ que xa non eran novos, e que quizais por ¡so foron aceptados no seu momento.

    A de Saralegui e a de Vicetto eran Prehistorias imaxinarias que actuaban dal- gunha maneira como ((mitos de orixe,> (Stoczkowski, 1994). A primeira explica- ba as orixes da > dos primeiros humanos e as causas do seu Progreso. E a orixe gloriosa dos ((galegos>> e de moitas das súas características e dos seus costumes a segunda.

    E como tiñan as súa moral. A de Saralegui era ben clara: o esforzo individual é o do perfeccio-

    namento da sociedade e do Progreso, e a libre iniciativa sen intervención estatal é o único xeito de garantir e fomentar ese esforzo. A súa Prehistoria lmaxinaria era outro dos seus argumentos en contra do control da economía e das relacións sociais por parte do Estado (Pereira González, 1996a e 1997).

    No caso de Vicetto non parecía estar tan clara: ol'laba con simpatía a (> dos primeiros ( pero era á vez un abandeirado do Progresoe recoñecía que aquela debía superarse no proceso de construcción do país. De tódolos xeitos a personalidade ((celta,) de Galicia, presente dende os seus pri- meiros poboadores, tiña que ser preservada.

    En calquera caso, non cabe dúbida de que a persoa que lese, e que crese, o que Vicetto dicía dos nosos (

  • BOAS, G. (1 949) : Essays on Primitivism and related ideas in the Middle Ages. Balti m o re. John Hopkins University Press (2"eimpresión: New York. Octagon Books. 1978).

    BLUNDELL, S. (1 986): The Origins of Civilization in Greek and Rornan Thought. London. Croom Helm.

    BOWLER, P. J. (1 989): The lnvention of Progress. The Victorians and the Past. Oxford. Basil Blackwell.

    BOWLER, P.J. (1992): en Gómez Espelosín, F.J.; A. Pérez Largacha e M. Vallejo Girvés Tierras Fabulosas de la Antigüedad : 103-303. Alcalá de Henares. Universidad de Alcalá de Henares.

    GUTHRIE, W.C.K. (1 957): In the Beginning. Some Greek views on the origin of Life and the early state of Man. London. Methuen and Co. Ltd.

    HALL. E. (1 989): lnventing the Barbarian. Greek self-definition through Tragedy. Oxford. Clarendon Press.

    LOVEJOY, A.O. e BOAS, G. (1 935): Prirnitivism and related ideas in Antiquity. Baltirnore. John Hopkins University Press (2"eimpresión: New York. Octagon Books. 1965).

    M EEK, R. (1 981) : Los Orlgenes de la Ciencia Social. El desarrollo de la Teoría de los Cuatro Estadios. Madrid. Sig [o XXI (orixinal: Social Science and the lgnoble Savage. 1 976).

    MOMIGLIANO, A. (1979): ~(Ancient History and the Antiquarian,,. Contributo alla Storia degli Studi Classici, pp. 67-1 06. Roma. Edizioni di Storia e Letteratura.

    MOMIGLIOANO, A. (1 990): (

  • SAHLINS, M. (1968): ((Notes on the Original Affluent Society>, en Lee, R. B. e Y. de Vore (eds.) Man the Hunter: 85-89. Chicago. Aldine Publishing Company.

    SAHLINS, M. (1 983): (. Economía de la Edad de Piedra, pp. 13-53. Madrid. Akal Editor. (orixinal: Stone Age Economics, 1972).

    sTOCKING, G.W. Jr (1982): . Race, Culture and Evolution. Essays in the Hictory of Anthropology (2bdición), pp. 110-132. Chicago. The University of Chicago Press (1" edición de 1968).

    STOCKING, G.W. Jr. (1 987): Victorian Anthropology. New York. Free Press. STOCZKOWSKI , W. (1 994) : Anthropologie NaCve. Anthropologie Savante. De /'Origine de

    /"Homme. De 1