memoria plambe 2009/10

25
“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2009/2010 Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 1 “MERGÚLLATE NO(S) FONDO(S)” MEMORIA PLAMBE 2009/2010 I.E.S. CURTIS

Upload: curtisbiblio

Post on 28-Mar-2016

240 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

Memoria Plambe 2009/10 da Biblioteca Sarmiento do IES Curtis

TRANSCRIPT

Page 1: Memoria PLambe 2009/10

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2009/2010

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 1

“MERGÚLLATE NO(S) FONDO(S)”

MEMORIA PLAMBE

2009/2010

I.E.S. CURTIS

Page 2: Memoria PLambe 2009/10

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2009/2010

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 2

ÍNDICE

1 INTRODUCIÓN 3

2 SITUACIÓN DE PARTIDA E PROCESO DE TRANSFORMACIÓN. 3

3 GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS. 4

4 GRAO DE IMPLICACIÓN DO CENTRO E DA COMUNIDADE EDUCATIVA. 5

5 ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS. 6

5.1 Xestión técnica e organización 6

5.2 Dinamización 6

5.3 Formación de usuarios e educación documental 11

6 ACTIVIDADES DE FORMACION. 11

7 MATERIAIS PRODUCIDOS. 12

7.1 Xestión técnica e organización 13

7.2 Dinamización 13

7.3 Formación de usuarios e educación documental 14

8 AVALIACIÓN. 15

9 HORARIO REAL ASIGNADO Á PERSOA RESPONSABLE E AO EQUIPO. 19

10. CONCLUSIÓNS 20

11. ANEXO Á MEMORIA DE ACTIVIDADES. 22

Page 3: Memoria PLambe 2009/10

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2009/2010

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 3

1 Introdución.

A presente memoria recolle o traballo que o novo equipo da biblioteca veu

realizando ao longo do curso 2009-2010 no seu afán de implementar na vida cotiá

do IES de Curtis os obxectivos propostos no proxecto presentado ao Plan de

mellora de bibliotecas escolares.

Nese sentido, e dado que en boa medida a biblioteca iniciou unha nova

etapa durante este curso, este documento reflectirá as medidas organizativas e de

xestión que levamos a cabo no proceso de transformación da biblioteca nun centro

de recursos de lectura, información e aprendizaxe. Así mesmo faremos explícito o

grao de cumprimento dos obxectivos. Tamén se reseñan as actividades

desenvolvidas na biblioteca e pola biblioteca, xa que é precisamente dende a

dinamización onde a biblioteca pode presentarse como un lugar no que ocorren

cousas e se fan actividades, máis alá de almacenar volumes.

2 Situación de partida e proceso de transformación.

O traballo levado a cabo no último ano deu lugar a un novo enfoque da nosa

biblioteca en todos os aspectos, é dicir: renovación e actualización de fondos,

organización de espazos e funcionamento, xestión técnica e organización,

formación de usuarios e dinamización.

Pouco a pouco a biblioteca foise transformando nun lugar de aprendizaxe

dentro do centro, no que tanto alumnado como profesorado teñen ao seu alcance

unha importante cantidade de recursos educativos e de lecer que lles permiten

poñer en práctica un modo distinto de achegarse ao saber. Os fondos da biblioteca

vanse conformando con todo tipo de materiais, xa que na sociedade actual non

podemos pensar soamente na exclusividade da palabra impresa como soporte da

información, senón tamén en todo tipo de formato.

Acometemos importantes reformas no espazo físico da biblioteca. En

primeiro lugar, procedemos á ampliación da mesma, incorporando á sala principal

o espazo correspondente ao antigo Departamento de Orientación, pasando de

dispor de 90 m2 a 125 m2; nun futuro, cos recursos necesarios, establecerase aí

unha sala multimedia. Este novo espazo está comunicado directamente coa sala

Page 4: Memoria PLambe 2009/10

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2009/2010

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 4

principal a través dun tabique acristalado practicable con portas e cunha persiana

automatizada que posibilita o escurecemento desa parte da biblioteca para

proxeccións.

O chan, antes de terrazo, foi substituído por tarima flotante en toda a

biblioteca. Respecto do mobiliario, ao longo deste curso, adquirimos catro mesas

individuais de deseño, ademais dunha mesa de bibliotecario. Nas primeiras

instaláronse catro ordenadores con acceso a Internet, que os alumnos utilizan para

consultas, realización de traballos, …

Nas ventás, substituíronse as antigas cortinas por estores e na sala

multimedia instalamos un canón e unha pantalla para proxeccións.

Instalamos, con carácter permanente, unha rede de difusión de música

ambiental, tanto para a biblioteca como para outros espazos comúns (corredores,

patio cuberto,…)

3 Grao de cumprimento dos obxectivos propostos.

� Incremento notable dos fondos, tanto en soporte impreso como audiovisual e

informático. Cómpre sinalar a diversidade dos fondos incorporados, por soporte,

temática, especialidades, niveis educativos,…

� Dotación á biblioteca de equipos informáticos, canón e pantalla de proxeccións e

instalación de audio.

� Incorporación de fondos destinados a alumnos con necesidades educativas

especiais e alumnado inmigrante.

� Proceso de traspaso de fondos de ABIES a MEIGA, aínda non completado.

� Adquisición de mobiliario: mesas individuais para postos informáticos, mesa do

bibliotecario, estores.

� Obras de ampliación do espazo, substitución do chan e redecoración dos espazos.

� Colaboración continuada con outros órganos (Dirección, ENL, Seminarios e

Departamentos didácticos) na dinamización das actividades culturais do centro.

� Difusión dos fondos, mediante a publicitación dos fondos xa existentes e das

novidades adquiridas a través de guías e publicacións nos blogs da biblioteca.

� Ampliación das posibilidades de uso pedagóxico da biblioteca escolar :

Page 5: Memoria PLambe 2009/10

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2009/2010

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 5

• Información continuada ao profesorado sobre o sistema de organización

dos fondos, para que posteriormente puidesen traballar na biblioteca cos

seus alumnos.

• Difusión das posibilidades da biblioteca como recurso pedagóxico noutras

áreas con menos tradición de uso (Matemáticas, Ciencias, Ciclos

Formativos...).

• Deseño, xunto con profesores de distintas disciplinas, de actividades

contando co espazo da biblioteca.

• Difusión dunha "Guía da Biblioteca" entre alumnos e profesores.

� Arquivo e catalogación de documentos elaborados no centro por profesores e

alumnos.

� Incremento das publicacións periódicas ás que está subscrito o centro.

� Realización dun expurgo dos fondos.

4 Grao de implicación do centro e da comunidade educativa.

O maior nivel de implicación no desenvolvemento do Plan de Mellora da Biblioteca,

como é de supoñer, atopouse entre o propio profesorado integrante do grupo de

biblioteca así como no profesorado con gardas neste espazo. A afinidade dentro do

equipo serviu para que ese afán de facer da biblioteca un espazo aberto e vivo

polinizara a unha parte importante da comunidade educativa, sobre todo ao

alumnado. O grao de implicación do alumnado en todas as propostas da biblioteca,

tanto lúdicas como académicas, foi moi alto.

No que respecta ao profesorado, hai unha boa parte dos departamentos

implicados e implicándose, o que non significa que todos os membros deses

departamentos tomen unha parte activa no que ocorre na biblioteca. Cómpre

salientar o traballo dos profesores dos departamentos de Lingua e Literatura

Castelá, Lingua e Literatura Galega, Filosofía, Latín, Historia e Administración de

Empresas. Tamén queremos facer unha mención explícita aos profesores de

Electricidade Narciso e Tomás e aos seus alumnos, por brindarse a realizar as

instalacións eléctricas necesarias para o mellor funcionamento e distribución da

biblioteca tras as obras realizadas e estar en todo momento á nosa disposición para

axudarnos co audio nas celebracións organizadas dende a biblioteca.

Por último, no que atinxe á implicación do equipo directivo, podemos afirmar que

dende o principio houbo unha vontade de axuda no que se refire a medios técnicos,

Page 6: Memoria PLambe 2009/10

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2009/2010

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 6

reformas, instalación de equipos informáticos,..., destinando unha parte moi

importante dos recursos asignados ao centro para acometer as obras de

remodelación do espazo da biblioteca. É obrigado recoñecer que por parte da

dirección houbo un aposta importante por este espazo, que desexamos se manteña

ao longo dos vindeiros anos, non só no que respecta a medios materiais senón

tamén a adquirir o compromiso de destinar horas do profesorado implicado para a

adicación á biblioteca.

5 Actividades desenvolvidas.

5.1 Xestión técnica e organización

� Redistribución da biblioteca: reforma, expurgo e ampliación do espazo.

� Contacto co carpinteiro para readaptar e completar mobiliario.

� Elaboración de paneis informativos para os andeis.

� Renovación da rotulación dos andeis a través de cores identificadoras

das principias seccións, así como a elaboración dun directorio-guía.

� Creación da zona T.I.C. con catro novos equipos.

� Instalación dunha pantalla de proxección e dun canón dixital.

� Redeseño dun punto informal de lectura.

� Catalogación e etiquetado dos fondos.

� Demos a coñecer á comunidade educativa a páxina do Opac Meiga da

nosa biblioteca, amosando a súa utilidade como buscador dos fondos do

noso e doutros catálogos.

5.2 Dinamización

� Mantemento e creación de entradas nos blogs da biblioteca:

sarmientobiblioteca.blogspot.com e curtisdecine.blogspot.com

Page 7: Memoria PLambe 2009/10

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2009/2010

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 7

� Reanudación das reunións do Club de Lectura “Fendetestas” e creación e

funcionamento do seu blog (clubfendetestas.blogspot.com).

� Posta en marcha do Proxecto Interdisciplinar “Entra no mundo dos

contos, entra nos contos do mundo”.

� Creación do blog “Que ler, que ver” (quelerquever.blogspot.com),

pensado para que os alumnos comenten os libros que están lendo e se

fagan recomendacións entre eles. Está administrado por este sector da

comunidade educativa e destinado a fomentar o gusto pola lectura.

� Alta en Facebook (www.facebook.com/curtisbiblio).

A temporalización das actividades foi a seguinte:

OUTUBRO

� Primeira reunión do equipo de biblioteca para programar o deseño e

temporalización de actividades.

� Reanudación do proceso de rexistro de fondos en MEIGA.

� Deseño da actividade para formación de usuarios.

� Instalación dun panel con información sobre Ágora, película de Amenábar

que se estrenou en outubro: información sobre Hypatia. Saída ao cine para

ver Hypatia (outubro)

� Adquisición de novidades.

� Posta en marcha do Proxecto Interdisciplinar “Entra no mundo dos

contos, entra nos contos do mundo” (1º ESO): Utilizando o conto “Las

babuchas fatídicas” traballamos: vocabulario, texto narrativo e dende aí

saltamos á información sobre Exipto (texto ambientado en O Cairo):

• xeografía.

• moedas

• indumentaria

• clima

• cultivos e gastronomía

• música

• o Nilo

• a momificación

Page 8: Memoria PLambe 2009/10

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2009/2010

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 8

� Creación do blog do Club de Lectura “Fendetestas”

(clubfendetestas.blogspot.com).

� Presentación ao CEFORE do Grupo de Traballo “A educación

documental dende a biblioteca”.

NOVEMBRO

� 1ª quincena. Organización de actividades vencelladas ao misterio e

terror: mesa con libros desta temática, mesturados con castañas, ourizos e

setas.

� Elaboración e colocación dun panel con información sobre don Juan,

Halloween e Samaín.

� 12 de novembro: En relación co Proxecto Interdisciplinar, organizamos

unha degustación, dentro da biblioteca, de pratos típicos exipcios, con

audición de música típica.

� Planificación das tarefas do Club de Lectura “Fendetestas”.

� Celebración do Día contra a violencia de xénero: entradas no blog sobre

este tema, exposición con debuxos de Forges, carteis, cancións e textos

literarios, posta a disposición do profesorado de materiais para as titorías

(curtametraxes Cicatrices / Amelia e as sereas, tamén en audiovisual

campañas publicitarias contra a violencia de xénero, panel con

recomendacións de libros, unidade didáctica sobre El club de las mujeres

muertas…); proxección de curtometraxes durante a semana para os titores

que quixeron aproveitar a aportunidade de velos cos seus alumnos.

� Comézase a planificar o traballo sobre a celebración do Día dos Dereitos

Humanos e Darwin.

DECEMBRO

� Conmemoración Día internacional dos Dereitos Humanos: exposición de

libros en distintas localizacións da biblioteca e do centro e proxección de

películas relacionadas co tema.

Page 9: Memoria PLambe 2009/10

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2009/2010

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 9

� Peche do ano Darwin: exposicíón de carteis sobre o seu traballo e

exposición de libros cedidos polo IES As Mariñas. Fotografías en paneis.

� Publicación do número 3 da revista interdisciplinar “Outravacanomillo”.

XANEIRO

Aínda que a biblioteca estivo pechada por obras durante case un mes, tentamos

manter o nivel de actividade; temporalmente vímonos obrigados a suspender o

servizo de préstamo, lectura en sala e fichaxe de fondos.

� Conmemoración do Día da Paz: elaboración de powerpoint sobre os

premios nobel, mans en papel con poemas e citas sobre a paz elaborados

polos alumnos que se colgaron no patio cuberto, lectura de textos nas clases

e proxección de cortos e películas relacionadas coa celebración. Exposición

na mesa redonda da biblioteca de libros e películas sobre o tema da paz,

cartel con pombas para a paz con textos no interior, ambientación de audio

en todo o centro con música relacionada co evento. Visionado da película “La

vida es bella” (1º, 2º e 3º ESO). Elaboración dun tríptico informativo sobre

aspectos da película que se entregou aos alumnos.

FEBREIRO

� Conmemoración do Entroido: elaboración dunha presentación con imaxes

da celebración do Entroido en diferentes zonas de Galicia, busca con

alumnos extranxeiros de información sobre tradicións da súa terra

relacionadas con esta festa. Este traballo imprimiuse, plastificouse e fíxose

unha exposición no taboleiro do patio cuberto. Concurso de repostería típica

destas datas.

� Actividades en colaboración co Club de Lectura arredor da película Sherlock

Holmes e saída ao cine (A Coruña).

MARZO

� Celebración do Día da Muller: nova edición do concurso Quen é esa muller?

Page 10: Memoria PLambe 2009/10

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2009/2010

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 10

� Publicación do número 4 da revista interdisciplinar “Outravacanomillo”..

� Proxección das películas “Los santos inocentes” e “Las ratas” no día da

morte de Miguel Delibes. Nese mesmo día fíxose unha exposición de obras

de Delibes na biblioteca e colocáronse carteis co lema “Hoxe é un bo día

para ler a Delibes”.

ABRIL

� Conmemoración do Día do Libro e homenaxe a Miguel Delibes:

• Elaboración e exposición de murais sobre o escritor.

• Lectura dramatizada de “Cinco horas con Mario”: recreación dun

velorio no que a viúva (alumnas e profesoras caracterizadas) leron

algunhas pasaxes da obra.

• Elaboración de presentacións powerpoint sobre a obra deste autor

cunha exposición complementaria.

• Difusión de datos sobre a súa persoa e o seu labor literario en

distintos grupos e niveis.

� Actividade en torno a Uxío Novoneyra e Miguel Hernández: o equipo

seleccionou textos de ambos autores, posteriormente repartíronse entre o

alumnado, que os ilustrou (debuxos, collage, caligramas,…). Finalmente

realizouse unha exposición con eses traballos.

� Elaboraronse exposicións de carteis co material “Para que les”: imprimíronse

carteis, plastificáronse e colocáronse sobre paneis distribuídos polos

corredores do centro.

� Iniciamos as celebración do Día das letras galegas:

• Fixemos carteis con viñetas de Pinto e Chinto e seleccionamos textos

de todos os autores homenaxeados ao longo dos anos.

• Montamos unha exposición no primeiro andar do centro sobre Uxío

Novoneyra.

MAIO

� Conmemoración do Día das matemáticas: exposición na biblioteca do

Seminario de Matemáticas sobre materiais diversos relacionados con esta

Page 11: Memoria PLambe 2009/10

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2009/2010

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 11

disciplina: con obxecto da 4ª edición da Feira Matemática que se celebra o

15 de maio no Pazo da Opera da Coruña, o Departamento de Matemáticas

organizou unha exposición con libros antigos, exemplares doutros países,

obxectos antigos relacionados co ensino desta disciplina, narrativa e humor

sobre os números…

� Actividades no Día das letras galegas:

• Elaborouse un panel, situado xunto á porta da biblioteca, con

información sobre a conmemoración e sobre a figura de Novoneyra.

• Exposición nunha mesa con libros de autores homenaxeados en

diferentes anos.

• Exposición sobre a flora galega.

• Selección de textos de Uxío Novoneyra para traballar nas aulas e

ilustrar: foron obxecto de concurso.

• Proxección continuada durante a mañá do día 14 de maio dun vídeo

sobre Uxío Novoneyra no recinto da biblioteca

� Exposición con textos de Uxío Novoneyra e Miguel Hernández, con

ilustracións feitas polos alumnos de ESO.

5.3 Formación de usuarios e educación documental.

� Durante o primeiro trimestre, tras a elaboración dunha presentación en

Jclick, onde se explica o funcionamento e estrutura da biblioteca, fixemos

unha presentación da mesma aos alumnos de nova incorporación no centro.

Elaboramos un tríptico-guía coas normas de funcionamento, uso e

distribución da biblioteca.

� Reparto entre os usuarios do tríptico-guía.

Page 12: Memoria PLambe 2009/10

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2009/2010

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 12

6 Actividades de formación.

� Xornadas de Bibliotecas Escolares, Compostela, 23-24 de outubro

2009: Asistentes: Hortensia Blanco Socas, Carlos Blanco Dávila, Begoña

Iglesias Cao, María Sánchez Manteiga.

� Grupo de Traballo: “A educación documental dende a biblioteca”,

cos seguintes obxectivos:

• Familiarizar a todo o grupo no dominio e manexo con destreza das

liñas básicas de traballo e funcionamento dunha biblioteca.

• Adquirir e saber transmitir a posteriori, habilidades que posibiliten o

acceso á información en fontes diversas, a súa selección, o uso crítico

da mesma, o seu tratamento creativo, o emprego da mesma para

soluccionar problemas e para comunicar os contidos elaborados non

só de maneira correcta senón tamén ética.

• Dominar as aplicacións das novas tecnoloxías na busca, tratamento e

reelaboración de materiais diversos, tanto de tipo lingüístico como

matemático.

• Adquirir coñecementos elementais para a presentación da

información atopada de xeitos diversos.

• Levar a cabo e planificar accións individuais e/ou grupais, podendo

actuar o equipo de biblioteca como guías e como fontes de

información á vez.

• Difundir entre a comunidade educativa a idea da biblioteca como

centro básico de recursos informacionais na actividade diaria do

centro.

• Avaliar o desenvolvemento de cada actividade coa finalidade de

engadir as correccións necesarias para mellorar os seguintes

traballos.

• Formular conclusións.

Asistentes: Hortensia Blanco Socas, Carlos Blanco Dávila, Begoña Centoira

Bello, Begoña Iglesias Cao, María Sánchez Manteiga, Francisco Javier

Vázquez Méndez, M. José Zas Vieira.

� Encontros dos centros do Plambe, Compostela, 15-16 abril 2010.

Asistentes: Santiago Soliño Díez.

Page 13: Memoria PLambe 2009/10

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2009/2010

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 13

7 Materiais producidos

Os materiais elaborados son de moi diversa índole: guías de lectura impresas,

actividades de formación de usuarios, educación documental, presentacións en

powerpoint, carteis, entradas nos blogs, sinalizacións e rotulacións, impresión de

diversos textos (poemas, relatos, textos do alumnado…), etc.

Producíronse materiais para todas as áreas de traballo. Como pequena

mostra, destacamos aquí os seguintes:

7.1 Xestión técnica e organización

� Pps de sinalización de andeis.

� Enquisas profesores e alumnos.

� Folla para seminarios/departamentos de suxestións para adquisición de

fondos.

� Folla individual para suxestión de adquisición de fondos.

� Libro de incidencias.

7.2 Dinamización

� Creación do blog “Fendetestas” (clubfendetestas.blogspot.com) do Club de

lectura e “Que ler, que ver” (quelerquever.blogspot.com)

� Entradas nos blogs Biblioteca Sarmiento (sarmientobiblioteca.blogspot.com)

e Curtis de cine (curtisdecine.blogspot.com)

� Materias colgados na rede:

• www.slideshare.net/curtisdecine • www.picturetrail.com/curtisdecine • www.slideserve.com/users/Curtis/presentations/public • www.slideboom.com/people/curtisbiblio • www.issuu.com/curtisbiblio

Page 14: Memoria PLambe 2009/10

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2009/2010

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 14

� Materiais das distintas celebracións, que poden ser visionados na súa

totalidade no Anexo I e no CD adxunto:

• Club de lectura

• Concurso Uxío Novoneyra – Miguel Hernández

• Día contra a violencia de xénero

• Día da Muller

• Día das letras galegas

• Día das matemáticas

• Día dos dereitos humanos

• Día do libro – Homenaxe a Miguel Delibes

• Hypatia

• Darwin

• Xornal Outravacanomillo

• Entroido

• Premios nobel da paz

• Proxecto interdisciplinar

• Samaín

• Guías lecturas

7.3 Formación de usuarios e educación documental

� Actividade Jclick de formación de usuarios.

� Guía de información e funcionamento.

Page 15: Memoria PLambe 2009/10

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2009/2010

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 15

8 Avaliación

A avaliación inicial entendemos que queda recollida na Memoria da Biblioteca

do curso 2008-2009 así como no Proxecto para o curso 2009-10. Nestes dous

documentos recollíase o estado da biblioteca en relación co traballo que nela se

viña desenvolvendo así como aspectos máis específicos en relación coa

organización e a xestión técnica, xa que a formación de usuarios era un aspecto

que non se viña tratando en profundidade. Eramos conscientes que nos

enfrontabamos a un traballo importante que abranguía diferentes obxectivos, o

traspaso a Meiga de todos os fondos, a nova organización e distribución da

biblioteca, lograr que fora un lugar atractivo e visitado, convertela nun centro de

recursos para o ensino-aprendizaxe, potenciar as competencias de lectoescritura,

ampliar as actividades de dinamización, formar na educación documental e na

formación de usuarios, introducir as T.I.C. na biblioteca, etc. Pensamos que todos

estes obxectivos, non sen esforzo, foron logrados, uns en maior medida que outros.

A abrumadora cantidade de traballo por desenvolver en ámbitos diferentes,

a necesidade de organización e distribución dese traballo ao ser un equipo que

traballa en conxunto, as gañas de facer cousas, fixo que, se ben durante o curso

todo foi bastante ben feito, quizais estivemos máis volcados na implementación das

actividades – de formación, de dinamización, de xestión ou catalogación- que na

avaliación das mesmas no momento da súa realización. É certo, non obstante, que

posto que o traballo esixiu constantes reunións e postas en común tanto do equipo

da biblioteca como do Grupo de Traballo, durante todo o curso produciuse un

diálogo constante en torno ao estado e movemento da biblioteca. Podemos afirmar

que este espazo experimentou unha grande transformación, non só física;

converteuse nun punto referencial da vida cultural e académica do centro, o

alumnado acode a ela e participa nas actividades cunha actitude para nós, case

que, descoñecidas ata agora; a súa relación coa biblioteca é intensa, en cantidade e

calidade. Nós, o grupo de biblioteca, a pesar do grande esforzo feito en tempo e

traballo, sentímonos satisfeitos e recompensados pola positiva e, ás veces,

entusiasta resposta dunha parte significativa da comunidade escolar,

fundamentalmente, do noso alumnado.

Finalmente faremos referencia aos seguintes datos: enquisas realizadas a

docentes e alumnos (empregando unha variación do modelo ofrecido pola Asesoría

Page 16: Memoria PLambe 2009/10

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2009/2010

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 16

de Bibliotecas Escolares) e datos absolutos e estadísticos dos movementos de

fondos (adquisición e préstamos) e das aportacións ás entradas dos blogs:

- Enquisas ao profesorado: cómpre salientar a diferenza de uso da biblioteca

entre o profesorado de ESO e Bacharelato, que a utilizan con relativa frecuencia, e

o profesorado de Ciclos Formativos, que apenas fan uso dela. Os usos preferentes

entre os docentes son o préstamo, sobre todo de libros de carácter informativo, e a

participación nas actividades de fomento de lectura. Maioritariamente, o

profesorado considera a biblioteca como un recurso pedagóxico que facilita a

aprendizaxe, a adquisición do hábito lector, o uso da información e das novas

tecnoloxías da comunicación e da información, e que actúa como factor de

compensación social. Consideran os docentes que comezamos a ter unha boa

actualización e adecuación do fondo nas distintas áreas curriculares, aínda que

pode ser mellorable.

- Enquisas ao alumnado: no que se refire á utilización da biblioteca polo

alumnado estes acoden maioritariamente pola súa conta de unha a dúas veces por

semana. Mais do 60% utilizan a biblioteca para facer traballos de clase e os

materiais máis utilizados son: libros de ficción, DVDs de cine, cómics e dicionarios e

enciclopedias. Practicamente o 100% son coñecedores da posibilidade de

conectarse a internet e utilizan este recurso con moita frecuencia,

fundamentalmente nos recreos. Teñen aínda dificultades para saber como están

ordenados os documentos e como consultar o catálogo da nosa biblioteca, así como

os de outras bibliotecas en internet. No que se refire ás actividades organizadas

pola biblioteca, que non van dirixidas exclusivamente a eles como grupo (clubs de

lectura, concursos…) case o cen por cen as coñecen, pero a maioría recoñece que

non participan. Nas actividades de formación de usuarios organizada para os

diferentes grupos de alumnado hai que salientar que practicamente a totalidade

participou con aproveitamento nelas. O alumnado utiliza con moita frecuencia o

servizo de préstamo (fundamentalmente libros de libre elección, de lectura

obrigatoria das distintas materias e películas de cine), sendo as áreas máis

demandadas literatura nas distintas linguas. No apartado de suxestións, demandan

máis ordenadores conectados a internet e o seu uso máis frecuente co profesorado

das distintas materias.

- A análise dos préstamos é un dos indicadores máis claros para avaliar a

incidencia do Plan de Mellora na vida da biblioteca. Podemos falar dun incremento

Page 17: Memoria PLambe 2009/10

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2009/2010

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 17

de máis do 75% de incremento dos préstamos en comparación cos datos relativos a

estas mesmas datas do ano pasado. Isto débese, por unha banda, a un maior

número de usuarios, pero tamén á existencia dunha mellor oferta no que a fondos

documentais se refire (temos rexistradas en MEIGA, dende 1 de outubro de 2009

ata a data de hoxe, 1434 novas altas de material textual e 97 de DVDS,

fundamentalmente cine). Aínda que o gran protagonista seguen a ser as obras de

literatura, queremos destacar o grande incremento dos préstamos de DVDs de cine

e, en menor medida, a banda deseñada. Deixamos aquí unha táboa relativa á

distribución dos préstamos por disciplinas:

DISTRIBUCIÓN DOS PRÉSTAMOS POR DISCIPLINAS

Disciplina %

Civilización, progreso e cultura en xeral. 0,12%

Publicacións infantís en xeral. Libros infantís e xuvenís. Banda deseñada.

9,28%

Ciencias Sociais en xeral. 0,58%

Filosofía.

0,46%

Ciencias Puras. Ciencias Exactas e Naturais. 0,12%

Alimentos. 0,70%

Debuxo en xeral.

0,23%

Cine. 36,89%

Literatura nas distintas linguas. 49,77%

Biografías. 0,70%

Outros.

1,03%

Socioloxía. 0,12%

TOTAIS 100%

Page 18: Memoria PLambe 2009/10

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2009/2010

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 18

- Respecto do número total de fondos dos que dispoñemos e a súa

distribución, aportamos os seguintes datos relativos aos rexistros en MEIGA

(quedan aínda pendente de catalogar nesta aplicación en torno a 1.000 fondos

documentais que na actualidade están unicamente catalogados en ABIES):

Nº de rexistros bibliográficos 4.873

Nº volumes 5.117

Libros 4.448

Música impresa 4

Música manuscrita 3

Mapas impresos 3

Mapas manuscritos 2

Audiovisuais 395

Gravación de son non musical 8

Material mixto 2

Manuscritos 1

Artigos 2

Prensa, revistas 5

Ligazóns Web 198 Nº de títulos 6.526 Nº de autores 3.057 Nº de CDU 5.346 Nº de series 2.501 Nº de materias 3.506 Nº de editoriais 419 Nº de lectores 518 Data última actualización 08/06/2010

- No que respecta aos blogs que actualmente mantén a biblioteca, cómpre

sinalar que dende principio deste curso o número de entradas neles foi superior a

700. Sen dúbida algunha foi o blog da biblioteca

(sarmientobiblioteca.blogspot.com) o que, con diferenza, maior número de

entradas, a cargo dos profesores membros do equipo de biblioteca, rexistrou, se

ben é certo que este ano incrementouse de maneira considerable a participación do

alumnado, fundamentalmente do primeiro ciclo de ESO e bacharelatos.

Page 19: Memoria PLambe 2009/10

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2009/2010

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 19

9 Horario asignado á coordinadora e ao equipo (en vermello) e a gardas

doutro profesorado (en negro).

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

Hortensia

Hortensia Fernanda

Mª José Zas Hortensia

Hortensia

Carlos B. Fernanda

1ºR

Hortensia Paco Hortensia Hortensia Hortensia

3ª Begoña I.

Hortensia

Begoña I.

Teresa

Mª José Zas

Begoña I.

Lois

Angel

Begoña I.

Mª José Zas

Angel

María M.

Carlos B.

Begoña C.

Silvia

Begoña I.

Hortensia

Loli Carril Hortensia Paco

Paco

Carlos B.

María M.

2ºR

Lois Catoira Paco Lois Lois Lois

Angel

Silvia

Loli Carril

Angel

Teresa

Carlos B. Carlos B.

Begoña I. Begoña C.

Page 20: Memoria PLambe 2009/10

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2009/2010

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 20

Tendo en conta que nas gardas debemos atender sobre todo aos préstamos e

devolucións, estas horas resultáronnos insuficientes. Este curso, como o anterior,

superamos esta dificultade cunha boa dose de voluntarismo, dedicando algúns

membros do equipo moitísimas horas fóra do horario escolar a traballar na

biblioteca e para a biblioteca. Estas situacións sabemos que non poden perpetuarse

no tempo, posto que acabará incidindo negativamente no interese, motivación e

rendemento dos membros do equipo. Cremos que, cando menos, o profesorado do

equipo de biblioteca debería dispor de máis horas de adicación á biblioteca no seu

horario. Pensamos que, sempre que a organización do horario de centro o permita,

debe darse prioridade a este profesorado para que o total das súas horas

complementarias sexan destinadas integramente ao traballo de biblioteca; non

debe considerarse este como un traballo residual, senón como unha parte máis da

boa organización e bo funcionamento do centro. Neste punto débese suliñar o alto

grado de implicación co proxecto dalgúns profesores.

10 Conclusións.

A valoración xeral do traballo desenvolvido neste curso no Plan de Mellora de

Bibliotecas é moi positiva. Acadáronse a maioría dos obxectivos propostos e os

non acadados seguen abertos para enfrontármonos a eles no próximo curso.

En canto á implicación do resto do persoal do centro nas actividades da

biblioteca, observamos un achegamento tímido de parte do profesorado (non moi

numeroso). Somos conscientes de que este é un dos principais cabalos de batalla e

que sempre será unha tarefa inacabada, pero non desistimos porque estamos

convencidos que é fundamental para levar adiante calquera proxecto de

desenvolvemento dos contidos curriculares e das habilidades e estratexias de

aprendizaxe. A base de insistencia ou simplemente ir facendo cousas e amosalas,

servirá para lograr, en maior ou menor medida, este difícil obxectivo.

A biblioteca do centro xa é un lugar de referencia para unha parte

significativa da comunidade educativa, está viva, está chea de proxectos e de

actuacións. É un espazo cada día máis demandado e querido polos alumnos (fomos

moi conscientes disto durante o tempo que estivo pechada por obras), os alumnos

coñécennos e nós coñecémolos a eles, reclaman a nosa axuda, os nosos consellos,

a nosa atención, colaboran nas actividades organizadas e préstanse de moi bo grao

a axudarnos en moitas tarefas, ás veces tan pouco atractivas como mover

Page 21: Memoria PLambe 2009/10

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2009/2010

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 21

mobiliario, libros,… Traballando para eles, traballamos para nós, e recibimos a

diario a súa gratitude coa súa presenza nese espazo.

A Coordinadora da Biblioteca Vº e Pce. O Director

Begoña Iglesias Cao Juan Fandiño da Torre

Page 22: Memoria PLambe 2009/10

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2009/2010

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 22

ANEXO Á

MEMORIA

DE ACTIVIDADES

2009-2010

� Reportaxe fotográfica

� Documentos adxuntos

� CD con ficheiros adxuntos

ÍNDICE

Page 23: Memoria PLambe 2009/10

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2009/2010

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 23

1. Reportaxe fotográfica

2. Documentos adxuntos:

� Adxunto 1: Tríptico formación de usuarios

� Adxunto 2: Carteis expositivos de materiais sobre a Violencia de Xénero

� Adxunto 3: Cuestionario sobre a exposición de Darwin

� Adxunto 4: Cuestionario sobre os Premios Nobel da Paz

� Adxunto 5: A riqueza do entroido galego.

� Adxunto 6: Exemplar nº4 de Outravacanomillo

� Adxunto 7: Dia da Muller Traballadora, materiais sobre o concurso Quen

é esa muller?

� Adxunto 8: Presentación power point sobre Miguel Delibes e a súa obra

� Adxunto 9: Tríptico guía de lecturas abril 2010

� Adxunto 10: Bases do concurso de ilustración e fotografía para poemas

de U. Novoneira e M. Hernández

� Adxunto 11: Tríptico conferencia sobre la Pervivencia del modernismo en

las voces de los géneros populares

� Adxunto 12: Proxecto interdisciplinar

� Adxunto 13: Club de lectura

� Adxunto 14: Enquisa so alumnado sobre o funcionamento da biblioteca

� Adxunto 15: Enquisa so profesorado sobre o funcionamento da biblioteca

3. CD con ficheiros adxuntos:

� Adxunto 1: (7.1) Xestión técnica e organización

• Carteis andeis

• Libro de incidencias

• Enquisa alumnado

• Enquisa profesorado

• Ficha de suxestións dos departamentos

Page 24: Memoria PLambe 2009/10

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2009/2010

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 24

� Adxunto 2: (7.2) Dinamización

• Hypatia (fotos exposición Hypatia-Ágora, datos sobre Hypatia,

Amenábar e Ágora)

• Samaín (fotos)

• Día contra a Violencia de Xénero ( fotos exposición, nota

informativa e guía aos titores e carteis expositivos de materiais

sobre a Violencia de Xénero)

• Materiais sobre Darwin (presentación power point, cuestionario

sobre a exposición e fotos)

• Premios Nobel da Paz (presentación power point e cuestionario)

• Entroido

• Dia da Muller Traballadora ( concurso Quen é esa muller? e fotos

entrega premios)

• Día do Libro ( fotos exposición Delibes, fotos lectura Cinco horas

con Mario, presentaciones power point Caricatuas de cine,

Delibes y el cine, Delibes y su obra, exposición Para que les?

• Tríptico guía de lecturas abril 2010

• Día das matemáticas (fotos exposición)

• Día das Letras Galegas ( fotos )

• Xornal exemplar nº4 de Outravacanomillo

• Concurso U. Novoneyra e M. Hernández ( fotos M.Hernández e

Novoneyra, bases concurso Novoneyra-M.Hernández e

presentación power point M.Hernández)

• Proxecto interdisciplinar

• Club de lectura

� Adxunto 3: (7.3) Formación de usuarios e educación documental

Page 25: Memoria PLambe 2009/10

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2009/2010

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 25

• Tríptico

• Presentación Jclick