pdf scan to usb stick2... · 2020. 9. 11. · titulaciÓn, diploma ou certificado accede a •...

32

Upload: others

Post on 23-Sep-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para
Page 2: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para
Page 3: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para
Page 4: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para
Page 5: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para
Page 6: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para
Page 7: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para
Page 8: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para
Page 9: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para
Page 10: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para
Page 11: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para
Page 12: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

ANEXO I

CONDICIÓNS XERAIS DE ACCESO

1. Acceso ao nivel básico

a) Poderá acceder ao 1º curso do nivel básico de cada un dos idiomas

quen cumpra os requisitos sobre acceso a estas ensinanzas establecidos na presente circular.

b) Poderá acceder ao 2º curso do nivel básico de cada un dos

idiomas:

• O alumnado que supere no idioma correspondente o 1º curso do nivel básico das ensinanzas reguladas polo Decreto 191/2007, do 20 de setembro.

• O alumnado que superara no idioma correspondente o 1º curso do nivel básico das ensinanzas reguladas polo Real Decreto 944/2003, de 18 de xullo, polo que se establece a estrutura das ensinanzas de idiomas de réxime especial.

• O alumnado que superara no idioma correspondente o primeiro curso do ciclo elemental dos ensinos regulados polo Real Decreto 967/1988, de 2 de setembro, sobre ordenación dos ensinos correspondentes ao primeiro nivel das ensinanzas especializadas de idiomas.

• Quen obtivera o acceso ao 2º curso do nivel básico como resultado da proba de clasificación do idioma correspondente realizada nas escolas oficiais de Galicia nos anos 2014 e 2015.

• Quen posúa unha das titulacións ou certificados acreditativos de ter coñecementos do idioma correspondente que se recollen no anexo II desta circular para o acceso ao 2º curso do nivel básico.

c) Poderá acceder ao 3º curso do nivel básico dos idio mas chinés e

xaponés:

• O alumnado que supere no idioma correspondente o 2º curso do nivel básico das ensinanzas reguladas polo Decreto 191/2007, do 20 de setembro.

• Quen obtivera o acceso ao 3º curso do nivel básico como resultado da proba de clasificación do idioma correspondente realizada nas escolas oficiais de Galicia nos anos 2014 e 2015.

Page 13: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

• Quen posúa unha das titulacións ou certificados acreditativos de ter coñecementos do idioma correspondente que se recollen no anexo II desta circular para o acceso ao 3º curso do nivel básico.

2. Acceso ao nivel intermedio

a) Poderá acceder ao 1º curso do nivel intermedio de c ada un dos

idiomas:

• O alumnado que obtivera no idioma correspondente o certificado de nivel básico das ensinanzas reguladas polo Decreto 191/2007, do 20 de setembro.

• O alumnado que superara no idioma correspondente o 2º curso do nivel básico das ensinanzas reguladas polo Real Decreto 944/2003, de 18 de xullo.

• O alumnado que superara no idioma correspondente o segundo curso do ciclo elemental das ensinanzas reguladas polo Real Decreto 967/1988, de 2 de setembro.

• Quen estea en posesión do título de Bacharel, que permitirá o acceso ao 1º curso do nivel intermedio exclusivamente no idioma cursado como primeira lingua no bacharelato.

• Quen obtivera o acceso ao 1º curso do nivel intermedio como resultado da proba de clasificación do idioma correspondente realizada nas escolas oficiais de Galicia nos anos 2014 e 2015.

• Quen posúa unha das titulacións ou certificados acreditativos de ter coñecementos do idioma correspondente que se recollen no anexo II desta circular para o acceso ao 1º curso do nivel intermedio.

b) Poderá acceder ao 2º curso do nivel intermedio de c ada un dos

idiomas:

• O alumnado que supere no idioma correspondente o 1º curso do nivel intermedio das ensinanzas reguladas polo Decreto 191/2007, do 20 de setembro.

• Quen obtivera o acceso ao 2º curso do nivel intermedio como resultado da proba de clasificación do idioma correspondente realizada nas escolas oficiais de Galicia nos anos 2013 e 2014.

• Quen posúa unha das titulacións ou certificados acreditativos de ter coñecementos do idioma correspondente que se recollen no anexo II desta circular para o acceso ao 2º curso do nivel intermedio.

Page 14: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

c) Poderá acceder ao 3º curso do nivel intermedio dos idiomas árabe,

chinés e xaponés:

• O alumnado que supere no idioma correspondente o 2º curso do nivel intermedio das ensinanzas reguladas polo Decreto 191/2007, do 20 de setembro.

• Quen obtivera como resultado o acceso ao 3º curso do nivel intermedio na proba de clasificación do idioma correspondente realizada nas escolas oficiais de Galicia nos anos 2014 e 2015.

• Quen posúa unha das titulacións ou certificados acreditativos de ter coñecementos do idioma correspondente que se recollen no anexo II desta circular para o acceso ao 3º curso do nivel intermedio.

3. Acceso ao nivel avanzado

a) Poderá acceder ao 1º curso do nivel avanzado de cad a un dos

idiomas:

• O alumnado que obtivera no idioma correspondente o certificado de nivel intermedio das ensinanzas reguladas polo Decreto 191/2007, do 20 de setembro.

• O alumnado que obtivera no idioma correspondente o certificado elemental das ensinanzas reguladas polo Real Decreto 967/1988, de 2 de setembro. Nos idiomas que non ofertan o nivel avanzado, este alumnado poderá acceder ao curso máis alto do nivel intermedio.

• Quen obtivera o acceso ao 1º curso do nivel avanzado como resultado da proba de clasificación do idioma correspondente realizada nas escolas oficiais de Galicia nos anos 2014 e 2015.

• Quen posúa unha das titulacións ou certificados acreditativos de ter coñecementos do idioma correspondente que se recollen no anexo II desta circular para o acceso ao 1º curso do nivel avanzado.

b) Poderá acceder ao 2º curso do nivel avanzado de cad a un dos

idiomas:

• O alumnado que supere no idioma correspondente o 1º curso do nivel avanzado das ensinanzas reguladas polo Decreto 191/2007, do 20 de setembro.

• O alumnado que superara no idioma correspondente o primeiro curso do ciclo superior das ensinanzas reguladas polo Real Decreto 967/1988, de 2 de setembro. Nos idiomas que non ofertan o nivel

Page 15: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

avanzado, este alumnado poderá acceder ao curso máis alto do nivel intermedio.

• Quen obtivera o acceso ao 2º curso do nivel avanzado como resultado da proba de clasificación do idioma correspondente realizada nas escolas oficiais de Galicia nos anos 2014 e 2015.

• Quen posúa unha das titulacións ou certificados acreditativos de ter coñecementos do idioma correspondente que se recollen no anexo II desta circular para o acceso ao 2º curso do nivel avanzado.

4. Acceso aos cursos especializados para o perfecci onamento de idiomas de nivel C1

a) Poderá acceder aos cursos especializados para o

perfeccionamento de idiomas de nivel C1 de cada un dos idiomas quen posúa o certificado do nivel inferior das ensinanzas de idiomas de réxime especial do idioma correspondente, ou, no caso do idioma inglés, do certificado acreditativo da validación do Certificate of Proficiency emitido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Page 16: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

ANEXO II

ACCESOS DIRECTOS POR TITULACIÓN ALEMÁN

TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A

• Fit in Deutsch 1. Goethe Institut • Start Deutsch 1 (SD 1). Goethe Institut • Sprachkenntnisnachweis (SKN) • Kompetenz in Deutsch 1 (KID 1) • Telc Deutsch A1 • UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Alemán nivel A1 (elemental) • Certificados de alemán de nivel A1 dos Centros de Linguas das universidades galegas • Certificado de competencia CUALE A1 de alemán

BÁSICO 2

• Fit in Deutsch 2. Goethe Institut • Start Deutsch 2 (SD 2). Goethe Institut • Kompetenz in Deutsch 2 (KID 2) • Título de Bacharelato (alemán 1ª lingua estranxeira) • UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Alemán nivel A2 (básico) • Certificados de alemán de nivel A2 dos Centros de Linguas das universidades galegas • Telc Deutsch A2

• Telc Deutsch A2 + Beruf

INTERMEDIO 1

• Licenciatura en tradución e interpretación (alemán lingua C)

INTERMEDIO 2

• Zertifikat Deutsch (ZD). Goethe Institut/Österreichisches Sprachdiplom • Zertifikat Deutsch als Fremdsprache (ZDaF). Goethe Institut • Zertifikat Deutsch für den Beruf (ZDfB). Goethe Institut • Zertifikat Mittelstufenprüfung (ZMP). Goethe Institut • Telc Deutsch B1 • Telc Deutsch B1 + Beruf • Mittelstufe Deutsch. Österreichisches Sprachdiplom • Wirtschaftssprache Deutsch. Österreichisches Sprachdiplom • Grao en Mestre de Educación Infantil ou Educación Primaria con mención en lingua estranxeira:

alemán

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Alemán nivel B1 (intermedio) • Certificados de alemán de nivel B1 dos Centros de Linguas das universidades galegas

AVANZADO 1

• Großes Deutsches Sprachdiplom (GDS). Goethe Institut • Kleines Deutsches Sprachdiplom (KDS). Goethe Institut • Prüfung Wirtschaftsdeutsch (PWD). Goethe Institut • Test Deutsch als Fremdsprache (TestDaF). Goethe Institut • Zentrale Oberstufenprüfung (ZOP). Goethe Institut • Goethe-Zertifikat B2 • Goethe-Zertifikat C1 • Telc Deutsch B2 • Telc Deutsch B2 + Beruf • Licenciatura en filoloxía alemá • Licenciatura en tradución e interpretación (alemán lingua B) • UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Alemán nivel B2 (avanzado) • Certificados de alemán de nivel B2, C1 ou C2 dos Centros de Linguas das universidades galegas

AVANZADO 2

Page 17: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

ÁRABE

TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Árabe nivel A1 (elemental) ou nivel A2- (pre-básico)

BÁSICO 2

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Árabe nivel A2 (básico)

INTERMEDIO 1

• Licenciatura en filoloxía árabe AVANZADO 2

CHINÉS

TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A

• Diploma de chinés HSK (nivel 1)

• Certificados de chinés de nivel A1 dos Centros de Linguas das universidades galegas

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Chinés nivel A1 (elemental)

BÁSICO 2

• Diploma de chinés HSK (nivel 2 ou básico C)

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Chinés nivel A2– (pre-básico)

BÁSICO 3

• Diploma de chinés HSK (nivel básico A)

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Chinés nivel A2 (básico)

• Certificados de chinés de nivel A2 dos Centros de Linguas das universidades galegas

• Diploma de chinés HSK (nivel 3 ou elemental A)

INTERMEDIO 1

• Diploma de chinés HSK (nivel 4 ou intermedio A) INTERMEDIO 2

• Diploma de chinés HSK (nivel 5 ou avanzado C) INTERMEDIO 3

• Diploma de chinés HSK (nivel 6 ou avanzado A) AVANZADO 1

Page 18: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

ESPAÑOL PARA ESTRANXEIROS

TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A

• Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1

• Certificados de español para estranxeiros de nivel A1 dos Centros de Linguas das universidades galegas

BÁSICO 2

• Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A2

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Español nivel A2 (básico)

• Certificados de español para estranxeiros de nivel A2 dos Centros de Linguas das universidades galegas

INTERMEDIO 1

INTERMEDIO INTEGRADO

• Diploma de español como lingua estranxeira (DELE). Nivel inicial

• Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) B1

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Español nivel B1 (intermedio)

• Certificados de español para estranxeiros de nivel B1 dos Centros de Linguas das universidades galegas

AVANZADO 1

AVANZADO INTEGRADO

• Diploma de español como lingua estranxeira (DELE). Nivel intermedio

• Diploma de español como lingua estranxeira (DELE). Nivel superior

• Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) B2

• Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) C1

• Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) C2

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Español nivel B2 (avanzado)

• Certificados de español para estranxeiros de nivel B2, C1 ou C2 dos Centros de Linguas das universidades galegas

AVANZADO 2

AVANZADO INTEGRADO

Page 19: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

FRANCÉS TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A

• DELF A1. Centre International d’Études Pédagogiques

• Graduado en ESO (francés 1ª lingua estranxeira)

• Certificados de francés de nivel A1 dos Centros de Linguas das universidades galegas

• Certificado de competencia CUALE A1 de francés

BÁSICO 2

• DELF A2. Centre International d’Études Pédagogiques

• Título de Bacharelato (francés 1ª lingua estranxeira)

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Francés nivel A2 (básico)

• Certificados de francés de nivel A2 dos Centros de Linguas das universidades galegas

INTERMEDIO 1

• Licenciatura en tradución e interpretación (francés lingua C)

• Diplomatura en maxisterio (especialidade francés) INTERMEDIO 2

• DELF B1. Centre International d’Études Pédagogiques

• Grao en Mestre de Educación Infantil ou Educación Primaria con mención en lingua estranxeira: francés

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Francés nivel B1 (intermedio)

• Certificados de francés de nivel B1 dos Centros de Linguas das universidades galegas

AVANZADO 1

• DELF B2. Centre International d’Études Pédagogiques

• DALF C1. Centre International d’Études Pédagogiques

• DALF C2. Centre International d’Études Pédagogiques

• Licenciatura en filoloxía francesa

• Licenciatura filoloxía románica (sección francés)

• Licenciatura en tradución e interpretación (francés lingua B)

• DLF. Diplôme de langue française. Alliance française

• DS. Diplôme supérieure d’études françaises modernes. Alliance française

• DHEF. Diplôme de hautes études françaises. Alliance française

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Francés nivel B2 (avanzado)

• Certificados de francés de nivel B2, C1 ou C2 dos Centros de Linguas das universidades galegas

AVANZADO 2

Page 20: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

GALEGO

TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A

• Curso de iniciación de lingua galega

• CELGA 1 BÁSICO INTEGRADO

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Galego nivel A2 (básico)

• Graduado en ESO con materias de lingua galega

• CELGA 2

INTERMEDIO INTEGRADO

• Diplomatura en maxisterio con materias de lingua galega

• Licenciatura en calquera filoloxía con materias de lingua galega

• Licenciatura en xornalismo con materias de lingua galega

• Licenciatura en filoloxía portuguesa

• CELGA 3

• Título de Bacharelato con materias de lingua galega

• Curso de especialización de lingua galega

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Galego nivel B1 (intermedio)

• Licenciatura en filoloxía galega ou galego-portuguesa

• Licenciatura en tradución e interpretación (galego lingua A)

• Curso de perfeccionamento de lingua galega

• CELGA 4

AVANZADO INTEGRADO

Page 21: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

INGLÉS

TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A

• KET (Key English Test). Universidade de Cambridge

• Certificado (A1 do MCER) do programa CUALE

• IELTS (3.0). Universidade de Cambridge

• Graduado en ESO (inglés 1ª lingua estranxeira)

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Inglés nivel A1 (elemental)

• Certificados de inglés de nivel A1 dos Centros de Linguas das universidades galegas

• Certificado de competencia CUALE A1 de inglés

BÁSICO 2

• IELTS (4.0). Universidade de Cambridge

• ECCE (Examination for the Certificate of Competency in English). Universidade de Michigan

• Título de Bacharelato (inglés 1ª lingua estranxeira)

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Inglés nivel A2 (básico)

• Certificados de inglés de nivel A2 dos Centros de Linguas das universidades galegas

INTERMEDIO 1

• PET (Preliminary English Test). Universidade de Cambridge

• Licenciatura en tradución e interpretación (inglés lingua C)

• Diplomatura en maxisterio (especialidade filoloxía inglesa)

• TOEFL (Test of English as a Foreign Language) con data dos últimos 5 anos

• IELTS (5.0). Universidade de Cambridge

INTERMEDIO 2

• FCE (First Certificate in English). Universidade de Cambridge

• ECPE (Examination for the Certificate of Proficiency In English). Universidade de Michigan

• IELTS (6.0). Universidade de Cambridge

• Grao en Mestre de Educación Infantil ou Educación Primaria con mención en lingua estranxeira: inglés

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Inglés nivel B1 (intermedio)

• Certificados de inglés de nivel B1 dos Centros de Linguas das universidades galegas

AVANZADO 1

• Licenciatura en filoloxía inglesa

• Licenciatura en tradución e interpretación (inglés lingua B)

• CAE (Certificate in Advanced English). Universidade de Cambridge

• CPE (Certificate of Proficiency in English). Universidade de Cambridge

• IELTS (7.0-9.0). Universidade de Cambridge

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Inglés nivel B2 (avanzado)

• Certificados de inglés de nivel B2, C1 ou C2 dos Centros de Linguas das universidades galegas

AVANZADO 2

Page 22: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

ITALIANO

TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A

• Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana, Livello 1 (CELI 1). Universidade de Perugia • UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Italiano nivel A1 (elemental) • Certificados de italiano de nivel A1 dos Centros de Linguas das universidades galegas

BÁSICO 2

• Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana, Livello 2 (CELI 2). Universidade de Perugia • CILS A2 (Università per Stranieri di Siena) • PLIDA A2 (Società Dante Alighieri di Roma) • DELI A2 (Diploma Elementare di Lingua Italiana “Firenze” - Accademia Italiana di Lingua) • base.IT (livello A2 - Università degli Studi di Roma Tre) • UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Italiano nivel A2 (básico) • Certificados de italiano de nivel A2 dos Centros de Linguas das universidades galegas

INTERMEDIO 1

• 2º curso Instituto Italiano de Cultura • Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana, Livello 3 (CELI 3). Universidade de Perugia

INTERMEDIO 2

• 3º curso Instituto Italiano de Cultura • Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana, Livello 4 (CELI 4). Universidade de Perugia • CILS Uno B1 (Università per Stranieri di Siena) • PLIDA B1 (Società Dante Alighieri di Roma) • DILI B1 (Diploma Intermedio I di Lingua Italiana “Firenze” - Accademia Italiana di Lingua) • ele.IT (livello B1 - Università degli Studi di Roma Tre) • Grao en Mestre de Educación Infantil ou Educación Primaria con mención en lingua

estranxeira: italiano • UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Italiano nivel B1 (intermedio) • Certificados de italiano de nivel B1 dos Centros de Linguas das universidades galegas

AVANZADO 1

• CILS Due B2 (Università per Stranieri di Siena) • PLIDA B2 (Società Dante Alighieri di Roma) • DILI B2 (Diploma Intermedio II di Lingua Italiana “Firenze” - Accademia Italiana di Lingua) • int.IT (livello B2 - Università degli Studi di Roma Tre) • CILS Tre C1 (Università per Stranieri di Siena) • PLIDA C1 (Società Dante Alighieri di Roma) • DALI C1 (Diploma Avanzato I di Lingua Italiana “Firenze” - Accademia Italiana di Lingua) • CILS Quattro C2 (Università per Stranieri di Siena) • PLIDA C2 (Società Dante Alighieri di Roma) • DALI C2 (Diploma Avanzato II di Lingua Italiana “Firenze” - Accademia Italiana di Lingua) • IT (livello C2 - Università degli Studi di Roma Tre) • Licenciatura en filoloxía italiana • UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Italiano nivel B2 (avanzado) • Certificados de italiano de nivel B2, C1 ou C2 dos Centros de Linguas das universidades

galegas

AVANZADO 2

Page 23: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

PORTUGUÉS

TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A

• Certificados de portugués de nivel A1 dos Centros de Linguas das universidades galegas

BÁSICO 2

• Certificado inicial de português língua estrangeira (CIPLE)

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Portugués nivel A2 (básico)

• Certificados de portugués de nivel A2 dos Centros de Linguas das universidades galegas

INTERMEDIO 1

INTERMEDIO INTEGRADO

• Licenciatura en tradución e interpretación (portugués lingua C) INTERMEDIO 2

INTERMEDIO INTEGRADO

• Diploma Elementar de Português Língua Estrangeira (DEPLE)

• Diploma Intermédio de Português Língua Estrangeira (DIPLE)

• Licenciatura en filoloxía galega ou galego-portuguesa

• Licenciatura en tradución e interpretación (portugués lingua B)

• Grao en Mestre de Educación Infantil ou Educación Primaria con mención en lingua estranxeira: portugués

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Portugués nivel B1 (intermedio)

• Certificados de portugués de nivel B1 dos Centros de Linguas das universidades galegas

AVANZADO 1

AVANZADO INTEGRADO

• Diploma Avançado de Português Língua Estrangeira (DAPLE)

• Diploma Universitário de Português Língua Estrangeira (DUPLE)

• Licenciatura en filoloxía portuguesa

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Portugués nivel B2 (avanzado)

• Certificados de portugués de nivel B2, C1 ou C2 dos Centros de Linguas das universidades galegas

AVANZADO 2

AVANZADO INTEGRADO

Page 24: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

RUSO

TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Ruso nivel A1 (elemental) ou A2– (pre-básico)

• Certificados de ruso de nivel A1 dos Centros de Linguas das universidades galegas

BÁSICO 2

• BLT / ТБУ (Basic Level Test. Universidade Estatal de Moscova) • UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Ruso nivel A2 (básico) • Certificados de ruso de nivel A2 dos Centros de Linguas das universidades

galegas

INTERMEDIO 1

• TORFL-1 / TRKI-1 (Test of Russian as a Foreign Language - Intermediate. Universidade Estatal de Moscova) INTERMEDIO 2

• TORFL-2 / TRKI-2 (Test of Russian as a Foreign Language - Advanced. Universidade Estatal de Moscova)

AVANZADO 1

• TORFL-3 / TRKI-3 (Test of Russian as a Foreign Language - Advanced. Universidade Estatal de Moscova)

• TORFL-4 / TRKI-4 (Test of Russian as a Foreign Language - Advanced. Universidade Estatal de Moscova)

• Licenciatura en filoloxía eslava

AVANZADO 2

XAPONÉS

TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Xaponés nivel A1 (elemental)

• Certificados de xaponés de nivel A1 dos Centros de Linguas das universidades galegas

BÁSICO 2

• 日本語能力試験 - Noken / Japanese-Language Proficiency Test N4 (JLPT N4 - Japan Foundation)

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Xaponés nivel A2– (pre-básico)

BÁSICO 3

• 日本語能力試験 - Noken / Japanese-Language Proficiency Test 3 (JLPT 3 - Japan Foundation)

• Certificados de xaponés de nivel A2 dos Centros de Linguas das universidades galegas

INTERMEDIO 1

• 日本語能力試験 - Noken / Japanese-Language Proficiency Test 2 / N2 (JLPT 2 / N2- Japan Foundation)

AVANZADO 1

• 日本語能力試験 - Noken / Japanese-Language Proficiency Test 1 / N1 (JLPT 1 / N1 - Japan Foundation)

AVANZADO 2

Page 25: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

ANEXO III

Procedemento de preinscrición en liña

1. Acceso ao sistema

2. Entrada á aplicación

3. Procedemento de matriculación

4. Confirmación de matrícula

1. Acceso ao sistema

O acceso á preinscrición en liña realizarase desde a dirección:

https://www.eoidigital.com/preinsxunta

2. Entrada á aplicación

I. Datos de identificación

A persoa que desexe solicitar unha praza nas escolas oficiais de idiomas deberá darse de alta no sistema. Para iso deberá indicar a súa data de nacemento e o seu número de DNI ou NIE.

O formato destes campos indicarase na pantalla:

• Data de nacemento: dd-mm-aaaa

• DNI: 8 díxitos seguidos dunha letra

• NIE: comezará por X, Y ou Z, seguido de 7 díxitos e finalizado pola letra correspondente.

II. Datos persoais

Unha vez que se acceda coa data de nacemento e o número identificativo, terase acceso a unha pantalla para introducir os datos persoais.

Haberá unha serie de campos de requirido cumprimento para seguir co proceso de solicitude. Os datos que se solicitan son de nacemento e de residencia.

Igualmente terase que introducir un contrasinal que permitirá con posterioridade acceder ao proceso de preinscrición en liña.

Page 26: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

Para os casos de perda de contrasinal pedirase tamén unha pregunta/resposta secreta que permita recuperar o contrasinal.

Os datos introducidos poderán ser modificados con posterioridade, sempre e cando o usuario posúa os datos de acceso.

3. Solicitude de praza

Unha vez cubertos todos os campos de datos persoais, e a continuación das pantallas de confirmación, accédese á solicitude de prazas.

A pantalla conta, en primeiro lugar, con dous cadros despregables de datos nos que hai que indicar o idioma que se solicita e o curso .

A oferta é conxunta entre todas as escolas oficiais de idiomas de Galicia, polo que no despregable aparecerá a oferta de todas as EOI.

A orde para solicitar unha praza é a seguinte:

I. Elección do idioma.

II. Elección do curso dos ofertados para o idioma seleccionado anteriormente.

III. Elección do centro no que se desexe a praza.

IV. Elección do grupo segundo os ofertados.

Os puntos III e IV poden ser repetidos varias veces nunha mesma solicitude.

A solicitude é única por idioma, é dicir, un mesmo solicitante non poderá realizar máis dunha preinscrición para un mesmo idioma.

Dentro da preinscrición poderanse realizar varias opcións para unha mesma solicitude.

A solicitude realizada poderá ser consultada, modificada e incluso eliminada en calquera momento e sempre que o proceso non estea cerrado segundo os prazos establecidos.

O sistema poderá emitir resgardos como garantía da solicitude da praza.

4. Modificación de solicitudes realizadas

Se o prazo de preinscrición non está pechado, a través da mesma páxina é posible acceder á información introducida e poderanse modificar tanto os datos persoais como as preinscricións.

Page 27: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

Poderanse engadir novas preinscricións, modificar opcións dentro dunha preinscrición e mesmo eliminar preinscricións existentes.

O acceso por segunda e posteriores veces realizarase coa data de nacemento, o DNI/NIE e o contrasinal indicado no momento da alta.

5. Consulta de solicitudes

Durante todo o proceso poderase acceder á consulta das solicitudes realizadas.

Unha vez realizada a adxudicación de vacantes, na consulta de preinscricións poderase ver se se obtivo praza ou non.

6. Adxudicación de prazas

A adxudicación de prazas realizarase da seguinte maneira:

I. Ordenaranse alfabeticamente todas as persoas que solicitaran un mesmo idioma.

II. Tomarase como primeiro/a alumno/a o/a que corresponda segundo as letras do seu primeiro apelido consonte as instrucións establecidas nesta circular. No caso de que haxa máis persoas co mesmo primeiro apelido, empregaranse as letras establecidas do segundo apelido como criterio de desempate.

III. Comprobaranse as peticións efectuadas polo/a solicitante e se hai dispoñibilidade no primeiro grupo solicitado asignaráselle praza inmediatamente, descartando o resto de peticións feitas para ese mesmo idioma por esta persoa.

IV. Se non hai prazas dispoñibles na primeira opción, tense en conta a súa segunda opción e así sucesivamente. En caso de que en ningunha das opcións solicitadas existan prazas vacantes, descartarase a esta persoa e continuarase coa seguinte persoa da lista.

V. Unha vez comprobadas as peticións de todos os solicitantes, xerarase unha lista de reservas, que terá en conta unicamente a primeira opción solicitada e comezará pola primeira persoa solicitante que non obtivese praza.

7. Confirmación de matrícula

A confirmación de matrícula realizarase desde a mesma aplicación que se utiliza na matriculación oficial, segundo se dispón no anexo IV.

Page 28: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

ANEXO IV

Procedemento de matriculación en liña 1. Acceso ao sistema

2. Identificación do alumno

3. Proceso de matriculación

4. Presentación de documentos

5. Descarga á aplicación do Centro

1. Acceso ao sistema

O acceso á matriculación en liña realizarase desde a plataforma Centrosnet no enderezo que cada centro ten asignado. Habilitarase tamén unha entrada xenérica para que se poida acceder a calquera centro desde un mesmo enlace:

https://www.informaticacentros.com/xunta

2. Identificación do alumnado

I. Alumnado oficial do curso 2014-2015

O alumnado oficial do curso 2014-15 xa ten acceso a Centrosnet, polo que accederá á aplicación de matrícula utilizando o usuario e contrasinal que posúe (en caso de dúbida, consulte coa escola).

II. Novo alumnado

O alumnado que provén da preinscrición, dado que aínda non ten un número de expediente asignado, deberá substituír o número de expediente pola súa data de nacemento. Mantense o DNI como contrasinal para este alumnado.

Nas páxinas da preinscrición haberá un enlace directo á zona de matriculación.

Page 29: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

3. Proceso de matriculación

I. Reserva da praza de matrícula

Ao entrar na aplicación, o alumnado accederá a unha pantalla con información acerca do curso no que lle corresponde matricularse, e poderá elixir un grupo dos que se lle oferten. Esta oferta de grupos poderá verse na pantalla á que accede o/a solicitante.

Unha vez confirmada polo/a alumno/a, a selección do grupo no que se matricula non poderá ser modificada nin anulada.

No caso do alumnado que proveña da preinscrición, o grupo xa estará fixado (de acordo co resultado da adxudicación de vacantes) e o/a solicitante só poderá confirmar ou rexeitar a súa matrícula no grupo correspondente.

Ao confirmar a matrícula, o sistema xerará un resgardo onde se indicará o idioma, curso e grupo seleccionado, así como o día e hora en que se grava a súa solicitude.

O/A alumno/a recibirá información dos prezos públicos correspondentes para que poida efectuar o correspondente pago na entidade bancaria ou polos procedementos establecidos nesta circular.

Ata ese momento a praza estará en reserva, e pendente de formalización na secretaría da escola oficial de idiomas ou sección, se é o caso, onde o/a alumno/a vai realizar os estudos.

II. Confirmación e formalización da matrícula

Unha vez efectuado o pago dos prezos públicos, o/a solicitante deberá presentar na secretaría da escola ou sección, se é o caso, o resgardo da reserva de matrícula e o resgardo de que efectuou o pago dos prezos públicos correspondentes na entidade bancaria (ou do pago telemático, se é o caso), ademais do resto da documentación requirida nesta circular.

Despois de que o/a alumno/a presente a documentación na secretaría do centro, a EOI accederá á plataforma Centrosnet cos datos de identificación da EOI para confirmar a reserva e formalizar así a matrícula do/a alumno/a.

O pago da matrícula deberá efectuarse nos prazos establecidos, e calquera pago efectuado fóra de prazo levará á anulación da praza reservada, sen que o/a alumno/a teña dereito á devolución dos importes aboados.

O/a alumno/a deberá a presentar o resgardo do pago na secretaría do centro dentro do prazo de matrícula indicado. De ter pagado os prezos

Page 30: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

públicos pero non entregado o resgardo na secretaría da escola, a reserva de praza tamén quedara anulada.

Finalizado cada prazo de matrícula, as prazas non confirmadas pola secretaría do centro quedarán anuladas e polo tanto liberadas para o seguinte prazo de matriculación ou listaxe de espera, e o/a solicitante perderá calquera dereito sobre a reserva da súa praza.

4. Presentación de documentos

Se o/a solicitante se atopa nalgunha situación que requira a presentación de documentación adicional, deberá facelo de maneira presencial na secretaría do centro dentro dos prazos de matrícula establecidos nesta circular.

O alumnado con dereito a redución de prezos públicos poderá efectuar a súa reserva de matrícula en liña, pero para proceder á formalización da matrícula deberá achegar a documentación xustificativa na secretaría da escola ou sección, se é o caso, onde vai cursar os estudos.

5. Descarga á aplicación da escola (CODEX)

Unha vez rematado o proceso de matrícula en Centrosnet, as escolas oficiais de idiomas descargarán os datos á aplicación informática da escola (CODEX) e quedarán así integrados co resto de expedientes.

Page 31: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para

ANEXO V CERTIFICADO DA PRIMEIRA LINGUA ESTRANXEIRA CURSADA

NA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

Don(a)..................................................................................................................,

secretario/a do centro ..........................................................................................,

con código de centro nº ……………................, na localidade ...……...................

(provincia ………..................……),

CERTIFICO: Que don(a)…............................................................…….....................................,

con DNI …...........………...........…, cursou en 2014-2015 neste centro o ……….

curso das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, e que o idioma

cursado como primeira lingua estranxeira é ................................

Asino este certificado por pedimento do/a interesado/a e para os efectos de

matrícula polo réxime oficial presencial na escola oficial de idiomas.

.................................................., .......... de ................................... de 2015

V. e pr. do/a director(a) O/A secretario/a (Selo do centro)

Page 32: PDF scan to USB stick2... · 2020. 9. 11. · TITULACIÓN, DIPLOMA OU CERTIFICADO ACCEDE A • Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1 • Certificados de español para

ANEXO VI SOLICITUDE DE ADAPTACIÓN DE PROBAS O/a alumno/a ...........................................................................................................................,

con DNI/NIE ................................................ , domicilio en ......................................................

código postal .................. na rúa .............................................................................................,

nº .......... andar/porta ............., con teléfono ....................... e enderezo de correo electrónico

............................................................................................., matriculado/a no ano académico

2015-2016 como alumno/a oficial presencial no curso seguinte:

Curso Nivel Idioma

� 1º � Básico � Alemán � Francés � Portugués

� 2º � Intermedio � Árabe � Galego � Ruso

� Avanzado � Chinés � Inglés � Xaponés � 3º (só árabe, chinés e xaponés)

� C1

� Español para

estranxeiros � Italiano

CERTIFICO: Que presento a seguinte dificultade sensorial ou motora que me impide desenvolver con normalidade as probas conducentes á avaliación e cualificación: ...................................................................................................................................................

...................................................................................................................................................

En cumprimento do establecido no artigo 4, punto 5 do Real Decreto 1629/2006, de 29 de decembro1, onde se recolle que o deseño, a administración e a avaliación das probas para a obtención dos certificados por parte do alumnado con discapacidade basearanse nos principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e compensación de desvantaxes, e que os procedementos de avaliación conterán as medidas que resulten necesarias para a súa adaptación ás necesidades especiais deste alumnado SOLICITO: Que se fagan as adaptacións pertinentes para garantir unha proba de acordo cos principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e compensación de desvantaxes.

1 Real Decreto 1629/2006, de 29 de decembro, polo que se fixan os aspectos básicos do currículo das ensinanzas de idiomas de réxime especial reguladas pola Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (BOE do 4 de xaneiro de 2007).