summer holidays
DESCRIPTION
Guía de lecturas en inglés/español para nenos. Temática: o verán e as vacacións.TRANSCRIPT
Guía de lecturas en
inglés/español para nenos.
Temática: O verán e as
vacacións
Reading list in English and
Spanish language for
children. Topic: Summer
Holidays
De 0 a 5 anos
On the Seashore / Anna Milbourne & Erica-Jane Waterse – [Londres] :
Usborne, 2011
ISBN 0 -7460- 6239- 7 – Signatura I MIL ont (az.)
Libro recomendado para nenos de ata 7 anos. Trátase dunha historia a través
da cal os máis pequenos aprenderán vocabulario relacionado coa praia e os
misterios que agochan as profundidades mariñas.
My Sandcastle / Anna Panisello & Estrella Ramón. Ilustracións de África
Fanlo – [Barcelona] : Combel, 2011
ISBN 978-84-9825-610-9 – Signatura I PAN mis (az.)
Este libro é ideal para nenos de entre 3 e 6 anos. Combel presenta un libro
magnificamente ilustrado en cor para que os máis pequenos se familiaricen co
inglés e aprendan novas palabras e expresións relacionadas co verán e coa
praia.
Mister Seahorse/ Eric Carle – [Londres] : Penguin Books, 2008
ISBN 978-0-14056-989-6 – Signatura I CAR mis 1 (az.)
Este libro recoméndase a nenos de entre 3 e 5 anos. Conta a historia dun
cabalo de mar que emprende unha viaxe polos océanos mentres que transporta
as súas ovas, das que nun futuro nacerán outros cabaliños de mar. Con este
libro, os nenos aprenderán non só vocabulario relacionado co mar e cos
animais acuáticos, senón que tamén coñecerán o valor da amizade e da
familia.
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
Sea Animals / Mike Lowery – Bilingual Readers, 2009
ISBN 978-84-937273-3-8 – Signatura I LOW jun (az.)
Este libro, bilingüe en inglés e español, é ideal para nenos de 3 a 5 anos. Os
máis pequenos aprenderán sinxelas expresións relacionadas co mar e cos
animais, e ademais disfrutarán de fantásticas imaxes que lles axudarán a
interiorizar os seus coñecementos.
Tento and the Sea / Ricardo Alcántara – [Zaragoza] : Edelvives, 2005
ISBN 84-263-5658-3 – Signatura I ALC ten (az.)
Este libro inclúe un amplo vocabulario relacionado coa praia e as divertidas
actividades que nela se poden realizar. Os nenos aprenderán novas
palabras á vez que gozan dunha divertida historia.
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
De 6 a 8 anos
Valentina en Nueva York / Anatxu Zabalbeascoa, Ilustracións de Patricia
Geis – [Barcelona] : Tusquets, 2007
ISBN 978-84-8310-385-2 – Signatura 91 ZAB val (r.)
Trátase dun libro-guía que introduce ao neno no apaixonante mundo das
viaxes, neste caso, das visitas aos países de fala inglesa. Desta vez
Valentina viaxa a Nova York. O libro inclúe tamén un mapa-guía
despregable, unha postal e un souvenir.
Isto é Nova York (galego) / Miroslav Sasek. Tradución de Isabel Soto –
Santiago de Compostela: El Patito Editorial, 2011
ISBN 978-84-938832-5-6 – Signatura 91 SAS ist (r.)
Sasek debuxa a fabulosa e vital cidade de Nova York neste volume da
colección Esto es… Publicado por primeira vez en 1960, recibiu o
galardón de Mellor Libro Ilustrado do Ano para nenos, outorgado polo
New York Times. Con este libro, os nenos coñecerán a cultura, así como
os lugares máis emblemáticos da grande cidade.
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
De 9 a 11 anos
Londres para niños / Jindra Capek .— tradución de Mª Teresa Ruiz
Camacho y Katja Wirth – [Barcelona]: Nórdica Libros, 2011
ISBN 978-84-92683-51-2 – Signatura 91 CAP lon (v.)
Este libro pertence a unha colección coa que os nenos recorrerán os
principais lugares do mundo. Nesta ocasión, Jindra Capek transporta aos
máis pequenos á cidade de Londres. O libro inclúe imaxes despregables
e tamén unha sección con actividades para facer cos nenos. Unha
maneira entretida de introducilos na cultura inglesa.
What a viaje! / Paloma Bordons [Bodilla del Monte (Madrid)] : SM, 2006
ISBN 84-675-0905-8 – Signatura I (BOO) BOR wha (v.)
Este libro combina o inglés co español, ofertando deste xeito unha nova e
divertida forma de aprender inglés. Conta a historia de Xesús Núñez, un
rapaz que vai facer un curso a Inglaterra e mentres tanto convive cunha
familia inglesa. Con este libro, os nenos pasaráno ben, coñecerán un
pouco máis a vida das familias inglesas e, por suposto, aprenderán novo
vocabulario e expresións de grande utilidade.
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
Disfruta dos PASATEMPOS e CÓMICS en lingua
inglesa máis divertidos do verán (incluídos na revista I love English, dispoñible na sala infantil da nosa biblioteca)
* E non esquezas que na semana do 4 ó 10 de Agosto terá lugar a celebración do festival Viñetas desde o Atlántico, adicado ó mundo da viñeta.
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
I lo
ve E
ng
lish—
Nº
26
4 (
July
-Au
gust
20
14
), p
.20
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
I lo
ve E
ng
lish—
Nº
24
6 (
Oct
ob
er 2
01
2),
p. 2
8
I lo
ve E
ng
lish—
Nº
24
7 (
No
vem
ber
20
12
), p
. 28
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
I lo
ve E
ng
lish—
Nº
26
4 (
July
-Au
gust
20
14
), p
. 38
I l
ove
En
glis
h—
Nº
24
9 (
Jan
uar
y 2
01
3),
p. 2
8
I
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
Máis sobre o verán e as vacacións na revista Okapi es más (en Español), tamén dispoñible na sala infantil da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés.
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
20
63
: Las va
cacio
nes d
el futu
ro / Lu
c Ihad
dad
ène
; ilustracio
nes d
e Mich
el See
man
n.—
en O
kap
i es má
s. –Nº 1
26
(Julio
-Ago
sto 2
01
3), p
. 10
-11
.
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
¿El tiem
po
está lo
co? / K
enzo
Trebo
uillard
/AFP
/GETTY IM
AG
ES en O
kapi es
más.—
N 1
15
(Jun
io 2
01
2), p
. 20
-26
.
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
Recursos Web: vocabulario e
actividades sobre o verán e as vacacións
A PRAIA
Vocabulario
Actividades
O TEMPO NO VERÁN Actividade (Sopa de Letras)
*Actividades propostas por ESOL Courses en www. esolcourses.com
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
Guía realizada pola alumna en prácticas Rebeca Vidal e traducida ao galego polo alumno en prácticas Borxa Logares.