tema 1 pobos bárbaros e reinos xermánicos · 8 tema1 xeografía e historia 2.º eso. baía...
TRANSCRIPT
7
1. Os pobos bárbaros2. Os reinos xermánicos
3. O reino suevo4. O reino visigodo de Toledo
5. O imperio de Xustiniano* Autoavaliación
Tema
1
Eixe temporal71
1En
trada
dos m
usul
mán
s na p
enín
sula
ibér
ica. F
in do
rein
o visi
godo
375
Inici
o da i
nvas
ión d
os hu
nos
406
Suev
os, v
ánda
los e
alan
os at
rave
san
a fro
nteir
a do R
in
395
Teod
osio
divid
e o im
perio
411
Rein
o sue
vo en
Gall
aecia
434
Atila,
rei d
os hu
nos
455
Saqu
eo de
Rom
a pol
os bá
rbar
os
476
Fin do
impe
rio ro
man
o de o
ccid
ente
493
Rein
o os
trogo
do na
pení
nsul
a itá
lica
527
Impe
rio de
Xusti
nian
o I
565
Fin do
impe
rio de
Xusti
nian
o I
507
Entra
da m
asiva
de v
isigo
dos
na p
enín
sula
ibér
ica
585
Os vi
sigod
os co
nqui
stan o
rein
o sue
vo
I m p E R I O R O m a n O d E O c c I d E n T E
I m p E R I OImperio de
XuSTInIanO IR O m a n O d E O R I E n T E
R E I n O S X E R m á n I c O S
Fibe
la v
isig
oda
de c
into
.
Pobos bárbaros e reinos xermánicos
8
1Tema
Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións
1 Os pobos bárbaros
u Os romanos chamaron bárbaros aos pobos que habitaban fóra das fronteiras do seu impe-rio; non falaban a súa lingua e tiñan modos de vida moi diferentes.
u Eran pobos organizados en tribos dirixidos por xefes militares e levaban unha vida semi-nómade.
u Entre finais do século IV e finais do V tiveron lugar grandes movementos destes pobos como consecuencia da presión duns sobre outros. O proceso comezou cando os hunos (un pobo de Asia central) tiveron que desprazarse cara a Europa empurrados por outros pobos de Asia oriental.
u Iniciouse así o desprazamento de numerosos pobos que invadiron os territorios dos veci-ños e que acabaron por penetrar no imperio romano traspasando os seus límites.
u No ano 476 os bárbaros entraron en Roma e destronaron ao derradeiro emperador. Come-zou entón unha nova época coñecida como Idade Media que durarán ata 1492 co descu-brimento de América.
As invasións dos bárbaros nos séculos IV e V
TRACIATRACIAHISPANIA
Toledo
Tolosa
GALIAS
FRANCOS
CamposCatalaúnicos
RomaITALIA
Rávena
Verona
ALAMÁNS
SAXÓNS SUEVOSBURGUNDIOS
GODOS
VÁNDALOSASDINGOS
VÁNDALOSSILINGOS
XUTOS
ANGLOS
GODOS
SUEVOS
OSTROGODOS
VISIGODOS
Constantinopla
IMPERIOSASÁNIDAAdrianópole
Cartago
Fresole
Pobos federados(hacia 450):
TRACIA
Atenas
SCOTOSPICTOS
BRITANOS
POBOS BÁLT
ICOS
ESLAVOS
ALAN
OS
HUNOS
HUNOS
HÉRULOS
O imperio romanoacomezos do século IV
Rutas das invasións:HunosAlanosVándalosSuevosGodosVisigodosOstrogodosAlamánsBurgundiosXutosAnglosSaxóns
Vándalos
Suevos
Francos
Vitorias romanas
Derrotas romanas
Pobos xermánicosOutros pobos
Campamentode Atila
Burgundios
Ostrogodos
Visigodos
Mar Negro
M a r
Me
di t e r r á n e o
O c é a n oA t l á n t i c o
411
419
417
429
409 412
418
455
406
439
433
451
406
452
403
410
434
475
411
382
378395397
376
9
Actividades
Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións
1 Completa as seguintes frases:
• Os romanos chamaron ....................................... aos pobos que habitaban fóra das ......................
.................... do seu imperio; non falaban a súa .................................. e tiñan modos de vida moi
....................................
• Eran pobos organizados en ....................................... dirixidos por xefes .......................................
de levaban unha vida .......................................
2 Quen foron os que provocaron o inicio das grandes invasións dos séculos IV e V en Euro-pa e parte de Asia?
o Os visigodos
o Os hunos
o Os saxóns
o Os vándalos
3 Fíxate no mapa da páxina anterior e relaciona os pobos bárbaros que se estableceron en zonas que hoxe lembran os seus nomes:
1 Francos Península de Xutlandia, actual Dinamarca
2 Britanos Actual Alemaña
3 Alamáns Actual Francia
4 Xutos Actual Inglaterra
4 Entre que datas se desenvolveu a etapa da Historia coñecida como Idade Media?
o 1345-1290
o 476-1492
o 1467-1456
o 1239-1456
10
1Tema
Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións
2 Os reinos xermánicos
u Os romanos chamaron xermánicos aos pobos bárbaros que habitaban as terras ao norte de fronteira do seu imperio, é dicir, unha ampla zona da Europa central.
u Desde o século II os xermanos foron penetrando no imperio romano de forma pacífica e mesmo formaron parte do seu exército.
u Pero a finais do século IV, por presión dos hunos, entraron masiva e violentamente no imperio romano e chegaron a Roma, onde destronaron o emperador.
u A partir do século V desapareceu a unidade política que conseguira establecer o imperio romano e comezaron a organizarse numerosos reinos en Europa central e occidental.
u Do que fora o grande imperio romano unicamente se mantivo a parte de oriente con capital en Constantinopla que perdurará ata 1453.
Braga
BRITANOSANGLOS
CÁNTABROSVASCÓNS
Toledo
REINO DOSSUEVOS
Tolosa
París
Tournal
REINODOS
BURGUNDIOS
Dijon
Rávena
Roma
ESLAVOS
REINODOS
OSTROGODOSREINODOS
XÉPIDOS
Constantinopla
IMPERIO
PERSA
SASÁNIDA
ÁRABESAlexandría
Cartago
REINO
DOS
VÁNDALOS
BEREBERES
TURINXIOS
SAXÓNS SAXÓNS
FRISIOS
Mar Negro
R E I N O D O S V
I SI G
OD
OS
R E I NO DOS FRANCOS
I M
P E R I O R O M A N O D E O R I E N T E M a r
Me d i t e r r á n e o
O c é a n oA t l á n t i c o
Europa a finais do século V
11
Actividades
Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións
5 Coa chegada dos bárbaros a Roma, desapareceu por completo o imperio romano?
o Si, porque foi invadido polos bárbaros
o Non, porque se mantivo o imperio romano en oriente
o Si, porque os xermanos controlaron o imperio
o Non, porque os romanos conseguiron recuperar o dominio sobre os xermanos
6 Fíxate no mapa e relaciona as zonas de asentamento de pobos xermánicos:
1 Suevos Borgoña, actual zona de Francia
2 Vándalos Illas Baleares
3 Ostrogodos Actual Galicia
4 Burgundios Península itálica
7 Como foi a entrada dos xermanos no imperio romano de occidente?
o Violenta desde o primeiro momento
o Primeiro pacífica e en pequenos grupos e máis tarde de forma masiva e violenta
o Sempre pacífica e con tratados de amizade
o Moi violenta a partir do século VI
8 Completa as seguintes frases:
• Do que fora o grande imperio ....................................... unicamente se mantivo a parte de orien-
te con capital en ....................................... que perdurará ata .......................................
• Os romanos chamaron ....................................... aos pobos ....................................... que habita-
ban as terras ao norte de fronteira do seu ......................................., é dicir, unha ampla zona da
Europa .......................................
12
1Tema
Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións
3 O reino suevo
u Os suevos foron un dos pobos xermánicos que, procedentes do centro de Europa, pene-traron na península ibérica no ano 409 e asentáronse na zona noroeste.
u Formaron un dos primeiros reinos europeos da Idade Media e estableceron a súa capital na cidade de Bracara Augusta, actual Braga (Portugal).
u Os exércitos suevos conseguiron ampliar o territorio do reino pero acabaron por ser derro-tados polos visigodos.
u O rei visigodo Leovixildo, no ano 585, derrotou os suevos e este reino quedou incorporado ao dos visigodos.
u Durante a época sueva tivo lugar a cristianización do noroeste da península ibérica, desta-cando a actividade realizada polo monxe Martiño de Dumio.
457 469
419
456
472
409
414
460
411441
425411
428
411
429
439Reino Suevo
SuevosVándalos AsdingosVándalos SilingosAlanosVisigodosHérulosBritanos
BarcinoTarraco
Cartago Nova
Caesaraugusta
Pompaelo
TOLOSA
BRACARA
CAMPI GALLAECIAE
Emerita
LucusAsturica
TOLETUM
HispalisCorduba
As primeiras invasións bárbaras na peninsula ibérica
13
Actividades
Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións
9 Que pobo xermánico se estableceu no noroeste da península ibérica a comezos do sécu-lo V?
o Os alanos
o Os visigodos
o Os suevos
o Os hérulos
10 Onde estableceron os suevos a capital do seu reino?
o En Bracara
o En Toletum
o En Lucus
o En Emerita
11 Indica se estas afirmacións son verdadeiras –V– ou falsas –F–. Escribe correctamente as falsas.
• No ano 585 Leovixildo conquistou o reino visigodo ——
• No ano 433 penetraron os suevos na península ibérica ——
• No ano 585 o rei visigodo Leovixildo conquistou o reino dos suevos ——
• O rei suevo Hermerico conquistou o reino visigodo no ano 585 ——
12 Que personaxe destacou na cristianización do reino dos suevos?
o San Paio
o Martiño Noriega
o Santiago apóstolo
o Martiño de Dumio
14
1Tema
Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións
4 O reino visigodo de Toledo
u Os visigodos foron un dos pobos xermánicos cos que o imperio romano estableceu pactos, permitíndolles que se establecesen dentro do imperio.
u A comezos do século IV formaron un reino na zona sur da actual Francia con capital en Tolosa.
u Pero tras ser derrotados polos francos (507), penetraron en Hispania e formaron un novo reino con capital en Toletum que perdurará ata o ano 711.
u O reino estaba dirixido por un rei elixido por unha asemblea de guerreiros e nobres. O seu exército ampliou o territorio e dominaron case toda a península ibérica.
u Culturalmente seguiron usando o latín e nesta lingua se redactaron as obras máis destaca-das, como a de Isidoro de Sevilla, que recompilou o saber do seu tempo nas Etimoloxías.
585
584
574
582
584
629
Campañas deSuintila
Campañas deLeovixildo
BRACARA
REINO DOS VISIGODOS
MAURITANIA
REINO DOSFRANCOS
VASCÓNSCÁNTABROS
REIN
O DO
S SU
EVOS
Emerita
Lucus
TOLETUM
Corduba
IMPERIO BIZANTINO
Dominio visigodo da península ibérica
15
Actividades
Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións
13 Por que os visigodos se viron na necesidade de penetrar na península ibérica?
o Porque foron obrigados polo emperador romano
o Porque querían dominar máis territorio
o Porque foron derrotados polos francos
o Porque necesitaban conquistar os suevos
14 Observa o mapa e responde:
a. Que reis visigodos destacaron polas súas conquistas?
• .......................................................................
• .......................................................................
b. Entre que anos tiveron lugar esas conquistas?
• Entre .............. e ..............
c. Contra que foron dirixidas esas conquistas?
• Contra ..................................... , ..................................... , ..................................... e ..................................
15 Os visigodos destacaron pola habilidade na confección de pezas de adorno e votivas realizadas en metais e es-maltes. Observa estas imaxes e trata de describilas.
Fibula visigoda, unha peza que serve para suxeitar a roupa a modo dun moderno imperdible, ademais de ser tamén unha xoia valiosa.
Coroa votiva do rei Recesvinto (Tesouro de Guarrazar, Toledo), peza característica da ourivería visigoda. Es-taba destinada a estar colgada sobre os altares.
16
1Tema
Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións
5 O imperio de Xustiniano I
u Mentres que en Europa occidental o imperio romano desapareceu coa formación dos reinos xermánicos, en oriente sobreviviu e tivo unha etapa de grande esplendor militar e cultural no século VI baixo o reinado do emperador Xustiniano I.
u Este imperio tiña a súa capital na cidade de Constantinopla (antiga Bizancio, engrandecida polo emperador Constantino, hoxe Istambul). Os historiadores denominan a este imperio como imperio bizantino, un imperio que se mantivo ata 1453.
u Xustiniano I exerceu o poder de forma absoluta considerándose o representante de Deus na terra. Era o xefe supremo do exército, da administración e da Igrexa.
u Os exércitos bizantinos conquistaron territorios nas beiras do Mediterráneo, co o obxecti-vo de reconstruír o unidade romana, loitando contra reinos xermánicos.
u A igrexa de Santa Sofía de Constantinopla é a obra máis destacada da arquitectura bizan-tina do século VI.
SCOTOS
BRITANOS
ANGLOS
SAXÓNS
Toledo
Córdoba
Narbona
Cambrai
Reims
RomaNápoles
Rávena
Cartago
Trípoli
Aquileia
Tesalónica
Querson
Constantinopla(Bizancio)
Nicea
Éfeso
Trebisonda
TarsusAntioquía
BeirutDamasco
CaesareaXerusalén
PetraAlexandría
CÁNTABROSVASCÓNS
V I S I G O D O S
Baleares
V Á N D A L O S
Córsega
Sardeña
Sicilia
FRANCOS
SAXÓNS
FRISIOS
LONGOBARDOS
TURINXIOS
BURGUNDIOS
OSTROGODOS
Creta
XÉPIDOS
ESLAVOS
ÁVAROSBÚLGAROS
TRACIA
Chipre
ARMENIA
ÁRABES
PERSASSASÁNIDAS
CtesifonteSIRIA
EXIPTO
PENTÁPOLIS
Atenas
Zonas da conquista de Xustiniano
Expansión bizantina
Expansión franca
Mar Negro
Mar Bál
tico
Mar C
aspio
M a r
M e d i t e r r á n e o
O c é a n oA t l á n t i c o
Mar doNorte
SUEVOS
O imperio de Xustiniano I
17
Actividades
Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións
16 Con que nomes é coñecida a capital do imperio romano de oriente?
o Bizancio o Éfeso o Roma
o Nicea o Tesalónica o Constantinopla
o Istambul o Tarsus o Cartago
17 En que século reinou o emperador Xustiniano I?
o X
o VIII
o VI
o XII
18 Observando o mapa, relaciona as zonas conquistadas e os reinos xermánicos atacados polos exércitos de Xustiniano I.
1 Norte de África Visigodos
2 Sur da península ibérica Vándalos
3 Península itálica Ostrogodos
19 Localiza imaxes da igrexa de Santa Sofía para compoñer un pequeno álbum fotográfico e fai unha breve descrición deste singular edificio.
18
Responde a estas cuestións. Para comprobar a túa aprendizaxe, consulta a información do tema e anota o número de: Acertos Erros
1Tema
AutoavaliaciónPobos bárbaros e reinos xermánicos
Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións
1. Completa as seguintes frases:
• Os romanos chamaron ....................................... aos pobos que habitaban fóra das ....................................... do seu imperio; non falaban a súa ....................................... e tiñan modos de vida moi .......................................
• Eran pobos organizados en ....................................... dirixidos por xefes ....................................... e levaban unha vida .......................................
2. Que pobo xermánico se estableceu no noroeste da península ibérica a co-mezos do século V?
o Os alanos
o Os visigodos
o Os suevos
o Os hérulos
3. Que personaxe destacou na cristianización do reino dos suevos?
o San Paio
o Martiño Noriega
o Santiago apóstolo
o Martiño de Dumio
4. Con que nomes é coñecida a capital do imperio romano de oriente?
o Bizancio o Éfeso o Roma
o Nicea o Tesalónica o Constantinopla
o Istambul o Tarsus o Cartago
5. Quen foi Xustiniano I?
o O militar máis destacado do reino visigodo
o O rei nos ostrogodos
o O emperador do imperio romano de oriente
o O monarca que reinou en Bizancio no século XII
19
Responde a estas cuestións. Para comprobar a túa aprendizaxe, consulta a información do tema e anota o número de: Acertos Erros
1Tema
AutoavaliaciónPobos bárbaros e reinos xermánicos
Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións
1. Completa as seguintes frases:
• Do que fora o grande imperio ....................................... unicamente se mantivo a parte de oriente con capital en ....................................... que perdurará ata .......................................
• Os romanos chamaron ....................................... aos pobos ....................................... que habita-ban as terras ao norte de fronteira do seu ......................................., é dicir, unha ampla zona da Europa .......................................
2. Quen foron os que provocaron o inicio das grandes invasións dos séculos IV e V en Europa e parte e Asia?
o Os visigodos
o Os hunos
o Os saxóns
o Os vándalos
3. Coa chegada dos bárbaros a Roma, desapareceu por completo o imperio ro-mano?
o Si, porque foi invadidos polos bárbaros
o Non, porque se mantivo o imperio romano en oriente
o Si, porque os xermanos controlaron o imperio
o Non, porque os romanos conseguiron recuperar o dominio sobre os xermanos
4. Onde estableceron os suevos a capital do seu reino?
o En Bracara
o En Toletum
o En Lucus
o En Emerita
5. En que século reinou o emperador Xustiniano I?
o X
o VIII
o VI
o XII