tema 4

73
Cabo FISTERRA 4 A ESPAÑA DO SÉCULO XIX: A CONSTRUCIÓN DUN RÉXIME LIBERAL

Upload: daniel-verea-vazquez

Post on 27-Jun-2015

304 views

Category:

Documents


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

A ESPAÑA DO SÉCULO XIX: A CONSTRUCIÓN DUN RÉXIME LIBERAL

Page 2: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

A España do século XIX: a construción dun réxime liberal

04

1. Guerra e revolución liberal(1808-1814)

2. Entre o absolutismo e o liberalismo (1814-1833)

3. Independencia das colonias americanas (1808-1826)

4. A revolución liberal (1833-1843)

5. A etapa isabelina: o liberalismo moderado (1843-1868)

6. O Sexenio democrático (1868-1874)

7. A Restauración monárquica (1874-1898)

Page 3: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Introdución

• Durante o século XIX, España viviu un proceso de construción dun réxime político liberal. Ao morrer Fernando VII culminou a instauración en España do liberalismo.

• Os monarcas viron limitados os seus poderes pola Constitución e o Parlamento.

• Así e todo, o réxime liberal español caracterizouse pola constante intervención do exército na vida política, por unha participación moi restrinxida e pola limitación de liberdades.

• Os intentos de democratización durante o Bienio Progresista (1854-1856) e, sobre todo, o Sexenio Democrático (1868-1874) fracasaron.

04

Page 4: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

1. Guerra e revolución liberal (1808-1814)

1.1. A crise da monarquía borbónica

1.2. A Guerra da Independencia (1808-1814)• A Guerra da Independencia (mapa)

1.3. As Cortes de Cádiz

Page 5: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Invasió napoleònica

Carlos IV

Cronoloxía e etapas

17591759 17881788 18081808 18141814 18331833

Carlos III Fernando VII

Xosé Bonaparte

Guerra de Independencia

Cádiz (1812) primeira Constitución

Despotismo Ilustrado

Absolutismo

1820-23Trienio liberal

Page 6: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

1.1. A crise da monarquía borbónica

• A reacción da monarquía de Carlos IV fronte á Revolución francesa foi declararlle a guerra a Francia (1793-1795), temerosa da expansión das ideas liberais.

• A guerra foi un fracaso e a partir de 1799, Manuel Godoy, o ministro máis influente, aliouse con Napoleón para enfrontarse a Gran Bretaña.

• Godoy autorizou o exército francés a atravesar España para atacar Portugal (Tratado de Fontainebleu, 1807).

• O descontento de parte da poboación coas decisións de Godoy provocou o estalido do Motín de Aranjuez (1808).

04

Page 7: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 8: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

1.2. A Guerra da Independencia (1808-1814)

• Xosé Bonaparte foi nomeado novo rei de España (por Napoleón) e os acontecementos sucedidos provocaron a rebelión popular. O 2 de maio de 1808, Madrid levantouse contra as tropas francesas.

• Creáronse Xuntas para dirixir a resistencia, coordinadas por unha Xunta Suprema Central, mentres grupos de patriotas se organizaron en guerrillas.

• No ano 1812, a campaña de Rusia obrigou a Napoleón a desprazar parte do seu exército a aquel país.

• A axuda ofrecida polas tropas británicas foi decisiva e, a finais de 1813, os franceses abandonaran o territorio español.

• En 1813 asinouse o Tratado de Valençay, polo que Fernando VII recuperaba a Coroa e Napoleón retiraba as súas tropas.

04

Page 9: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 10: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

A Guerra da Independencia04

Page 11: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Fase inicial

Page 12: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

1ª fase da guerra

Page 13: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

2ª Fase

Page 14: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Retirada francesa

Page 15: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

A Guerra da Independencia en Galicia (1808)04

Page 16: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

1.3. As Cortes de Cádiz

• As abdicacións de Baiona deixaron un baleiro de poder, xa que o rei Xosé I non gozou nunca da aceptación dos españois.

• Por iso, en 1810, a Xunta Central convocou unha reunión de Cortes en Cádiz, único territorio non ocupado polos franceses.

• As Cortes decidiron que todos os asistentes, independentemente da súa orixe, se reunían nunha única Asemblea e o seu voto tiña o mesmo peso.

• A cámara redactou unha Constitución, aprobada en 1812, que reflectiu os principios básicos do liberalismo político.

• Pero a situación bélica impediu aplicar todo o lexislado en Cádiz.

04

Page 17: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 18: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 19: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 20: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 21: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

2. Entre o absolutismo e o liberalismo (1814-33)

2.1. A restauración do absolutismo (1814-1820)

2.2. O Trienio Liberal (1820-1823)

2.3. A década ominosa (1823-1833)

04

Page 22: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

2.1. A restauración do absolutismo (1814-20)

• Fernando VII regresou a España en 1814. O rei, convencido da debilidade dos liberais, impulsou un golpe golpe de Estadode Estado mediante o cal clausurou as Cortes e anulou a Constitución.

• Nos meses seguintes produciuse a restauración de todas as antigas institucións e restableceuse o réxime señorial. Era a volta ao Antigo RéximeAntigo Réxime.

• Co apoio dos sectores máis liberais do exército, os opositores do absolutismo organizaron múltiples pronunciamentospronunciamentos, a maioría reprimidos.

04

Page 23: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 24: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

2.2. O Trienio Liberal

• En 1820, un pronunciamento que tivo como protagonista ao coronel coronel RiegoRiego logrou triunfar, inaugurando o Trienio Liberal (1820-1823).

• As novas Cortes restauraron gran parte das reformas de Cádiz. reformas de Cádiz. Creouse a Milicia Nacional, un corpo de voluntarios armados que defendían a orde liberal.

• Este proceso reformista non lle agradaba a Fernando VII, que lles pediu axuda ás potencias europeas axuda ás potencias europeas para restaurar o absolutismo.

• A Santa AlianzaSanta Alianza encargoulle a Francia a intervención militar en España e, en 1823, os Cen Mil Fillos de San LuísCen Mil Fillos de San Luís derrotaron os liberais e repuxeron a Fernando VII como monarca.

04

Page 25: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 26: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 27: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

2.3. A década ominosa

• A volta ao absolutismo implicou a destrución da obra lexislativa do Trienio. Pero os gobernos de Fernando VII non lles souberon dar solución aos problemas do país.

• Existía unha difícil situación económicadifícil situación económica.

• Era imprescindible unha reforma fiscalreforma fiscal que obrigase os privilexiados a contribuír cos seus impostos.

• Produciuse un conflito dinásticoconflito dinástico. Fernando VII tivera só fillas e a Lei Sálica impedíalles ás mulleres reinar en España.

• Déuselle o trono a Isabel, grazas á Pragmática SanciónPragmática Sanción, ditada polo rei. Pero moitos absolutistas non aceptaron o cambio.

04

Page 28: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 29: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 30: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 31: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

3. Independencia das colonias americanas (1808-1826)

4.1. As causas da independencia

4.2. A fin do Imperio americano

4.3. Os problemas das novas repúblicas

• Independencia da América Hispana (mapa)

04

Page 32: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

4.1. As causas da independencia

• A comezos do século XIX, o malestar nas colonias desde había décadas estoupou en forma de guerras de independencia. Varios factores contribuíron a iso:

• A difusión das ideas ilustradas e dos principios de liberdade e igualdade promovidos pola Revolución francesa.

• O éxito da revolta das colonias británicas de América do Norte, que acabou coa proclamación da independencia de Estados Unidos en 1776.

• O descontento da burguesía crioula.

04

MAPA

Page 33: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

4.2. A fin do Imperio americano

• A Guerra da Independencia en España suscitou a formación de Xuntas tamén nas colonias americanas, que non acataron a monarquía de Xosé Bonaparte.

• Os membros das Xuntas negáronse a aceptar a autoridade da Xunta Central Suprema.

• Os focos máis importantes de secesión orixináronse en Venezuela e no vicerreinado da Prata: Paraguai e Arxentina foron as primeiras nacións independentes.

• Finalmente, España perdeu todas as sús colonias agás Cuba, Filipinas e Porto Rico.

04

Page 34: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

4.3. Os problemas das novas repúblicas

• As novas repúblicas americanas naceron con graves problemas, xa que os intereses dos caudillos locais impediron a creación dunha América unida.

• América fragmentouse en múltiples repúblicas. Consolidouse o poder dos xefes militares e a constante intromisión do exército na vida política.

• Esquecéronse as necesidades da poboación indíxena, negra e das clases populares. De aí que a sociedade poscolonial nacese con grandes desigualdades sociais e económicas.

04

Page 35: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Independencia da América Hispana04

Page 36: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

4. A revolución liberal (1833-1843)

5.1. A guerra carlista

5.2. As reformas liberais

5.3. A rexencia de Espartero

04

Page 37: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

1833

Rexencias

Mª Cristina Espartero

O Reinado de Isabel II

1843

1840

1868

1868

Periodo liberal

Desputas entre Carlistas e IsabelinosGuerras CarlistasDesputas entre Carlistas e IsabelinosGuerras Carlistas

División entre os liberais (isabelinos)Moderados e ProgresistasDivisión entre os liberais (isabelinos)Moderados e Progresistas

Proceso con moita inestabilidade políticaProceso con moita inestabilidade política

As principais características do periodo liberal

Page 38: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

4.1. A primeira guerra carlista (1833-39)

• Á morte de Fernando VII, desencadeouse unha guerra civil por mor dos partidarios de Carlos, irmán do rei defunto á Coroa, e de María Cristina, filla do rei.

• Os partidarios do carlismo (nobreza agraria, clero e campesiñado) eran os defensores do Antigo Réxime.

• Os isabelinos presentaban distintos intereses. A monarquía e a nobreza defendían o trono e os seus privilexios, pero viron que uníndose aos liberais se poderían enfrontar ao carlismo.

• A guerra prolongouse durante sete anos (1833-1840). O Convenio de Vergara púxolle fin á guerra, pero o carlismo mantívose ao longo de case todo o século XIX.

04

Page 39: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 40: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

4.2. As reformas liberais

• Os liberais atopábanse divididos en dúas faccións: os moderados e os progresistas.

• En medio da guerra carlista, María Cristina impulsou a formación dun goberno liberal. Primeiro intentou facelo cos moderados, pero ao final chamou ao goberno aos progresistas.

• Entre 1835 e 1837, os progresistas implantaron un réxime liberal. Este proceso culminou coa Constitución de 1837, que inaugurou un período de monarquía parlamentaria en España.

• O novo texto recoñecía a soberanía nacional e os dereitos individuais pero aceptaba o papel moderador da Coroa.

04

Page 41: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 42: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 43: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

4.3. A rexencia de Espartero

• En 1837, os moderados, co apoio de María Cristina, accederon ao goberno e intentaron darlle un xiro conservador ao proceso de revolución liberal.

• Un movemento de oposición alzouse contra a Rexente, que se viu obrigada a dimitir en 1840.

• O progresista xeneral Espartero foi nomeado rexente, pero as medidas librecambistas e o autoritarismo con que gobernou valéronlle a oposición de boa parte do país.

• En 1843, Espartero dimitiu e as Cortes adiantaron a maioría de idade de Isabel II e proclamárona raíña.

04

Page 44: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

A ideoloxía de moderados e progresistas

Page 45: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

5. A etapa isabelina: o liberalismo moderado (1843-1868)

5.1. A Década Moderada (1843-1854)

5.2. Do Bienio Progresista á crise do sistema isabelino • A ideoloxía de moderados e progresistas (ilustración)

04

Page 46: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

1833 1874

Rexencias

Mª Cristina Espartero

O Reinado de Isabel II Sexenio Revolucionario

1843

1840

1868

Monarquía democràticaMonarquía democràtica

Primeira República

Amadeo IAmadeo I

1868 1873

Periodo liberal Periodo democrático

Desputas entre Carlistas e IsabelinosGuerras CarlistasDesputas entre Carlistas e IsabelinosGuerras Carlistas

División entre os liberais (isabelinos)Moderados e ProgresistasDivisión entre os liberais (isabelinos)Moderados e Progresistas

Proceso con moita inestabilidade políticaProceso con moita inestabilidade política

As principais características do periodo liberal

Page 47: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

5.1. A Década Moderada (1843-1854)

• Durante o reinado de Isabel II, o Partido Liberal Moderado estivo á fronte do goberno co apoio da monarquía.

• Nesa etapa consolidouse un liberalismo conservador e centralista. Impúxose o sufraxio censatario, houbo unha grande intervención da Coroa na política e limitación das liberdades.

• Nos dez primeiros anos da maioría de Isabel II, promulgouse a Constitución de 1845 e a soberanía compartida entre as Cortes e o rei.

• Asinouse un Concordato coa Santa Sé (1851), que configuraba un Estado confesional.

04

Page 48: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 49: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 50: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 51: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

5.2. Do Bienio Progresista á crise do sistema isabelino

• En 1854 triunfou un pronunciamento militar, apoiado por progresistas e por moderados descontentos que fundaran a Unión Liberal.

• Entre 1854-1856, os progresistas de Espartero intentaron restaurar os principios do réxime constitucional de 1837 e realizar reformas económicas.

• A derradeira etapa do reinado de Isabel II foi de alternancia no poder entre os moderados e a Unión Liberal. Impulsouse unha política colonialista (Guerra de África).

• A oposición ao réxime foi en aumento e xurdiron novos grupos políticos, os demócratas e os republicanos.

04

Page 52: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 53: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 54: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

6. O Sexenio Democrático (1868-1874)

6.1. A Revolución de 1868

6.2. A monarquía democrática (1870-1873)

6.3. A Primeira República (1873-1874)

04

Page 55: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

1833 1874

Rexencias

Mª Cristina Espartero

O Reinado de Isabel II Sexenio Revolucionario

1843

1840

1868

Monarquía democràticaMonarquía democràtica

Primeira República

Amadeo IAmadeo I

1868 1873

Periodo liberal Periodo democrático

Desputas entre Carlistas e IsabelinosGuerras CarlistasDesputas entre Carlistas e IsabelinosGuerras Carlistas

División entre os liberais (isabelinos)Moderados e ProgresistasDivisión entre os liberais (isabelinos)Moderados e Progresistas

Proceso con moita inestabilidade políticaProceso con moita inestabilidade política

As principais características do periodo liberal

Page 56: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

7.1. A Revolución de 1868

• A partir de 1866 produciuse unha grave crise económica que, unida ao desgaste político do réxime isabelino, desencadeou unha revolución contra a monarquía.

• Os sublevados foron aqueles grupos marxinados do poder: unionistas, progresistas e demócratas.

• O movemento estalou en 1868 coa sublevación da escuadra do brigadier Topete na badía de Cádiz.

• Formouse un goberno provisional que impulsou un programa de reformas.

• Finalmente, elixíronse unhas novas Cortes, que aprobaron a Constitución de 1869, de carácter democrático.

04

Page 57: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 58: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 59: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

7.2. A monarquía democrática (1870-1873)

• A Constitución de 1869 establecía a monarquía como forma de goberno e houbo que buscar un rei entre as dinastías europeas. O escollido foi Amadeo de Savoia.

• Pero Amadeo contou sempre coa oposición dos moderados, dos carlistas e da Igrexa, que se mantiveron fieis aos Borbón. Moitos demócratas proclamáronse republicanos.

• Ademais, o novo rei tivo que lle facer fronte ao estoupido de dous conflitos armados: unha insurrección na illa de Cuba (1868) e unha nova guerra carlista, que se iniciou en 1872.

• Amadeo de Savoia renunciou ao trono en febreiro de 1873.

04

Page 60: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

A MONARQUÍA DEMOCRÁTICA (1870-73)

Page 61: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

7.3. A Primeira República (1873-1874)

• Ante a abdicación do rei, as Cortes españolas votaron a proclamación da República (1873).

• A República naceu con escasas posibilidades de éxito, aínda que foi recibida con entusiasmo polos sectores populares das cidades.

• Os republicanos tiñan un amplo programa de reformas sociais e pretendeuse organizar o Estado de forma federal.

• En xaneiro de 1874, un golpe de Estado levado a cabo polo xeneral Pavía disolveu as Cortes e entregoulle a presidencia do executivo ao xeneral Serrano.

04

Page 62: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 63: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 64: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

8. A Restauración monárquica (1874-1898)

8.1. O sistema canovista

8.2. Os nacionalismos

8.3. A crise do 98

04

Page 65: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Restauración IIRestauración I

Alfonso XIIIAlfonso XII

1875 1931

Rexencia Maria Cristina

19021885

1898

Pérdida de Cuba e Filipinas

Alfonso proclamou os seus principios Alfonso proclamou os seus principios no no “Manifesto de Sandhurst”Alfonso proclamou os seus principios Alfonso proclamou os seus principios no no “Manifesto de Sandhurst”

Page 66: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

8.1. O sistema canovista

• O sistema político configurado por Cánovas del Castillo tiña un carácter conservador e fundamentábase nun sistema parlamentario liberal, pero pouco democrático.

• Existían dous grandes partidos:

• O partido conservador era partidario do inmobilismo político, da defensa da Igrexa e da orde social.

• O partido liberal amosábase inclinado a un reformismo de carácter máis democrático, laico e social.

• A estabilidade do sistema viuse favorecida pola redacción dunha nova Constitución (1876), de carácter moderado.

04

Page 67: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 68: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 69: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 70: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

8.2. Os nacionalismos

• O afianzamento dun Estado centralizado e uniformista provoca emerxencia de movementos nacionalistas:

• En Cataluña, a Renaixença, un movemento que reivindicaba a lingua e a cultura catalás, deu paso ao xurdimento de organizacións políticas que pedían a autonomía.

• No País Vasco, a abolición dos foros, despois da derrota carlista, xerou un movemento de protesta que culminou na creación do Partido Nacionalista Vasco.

• En Galicia, o galeguismo mantívose durante moitos anos como un movemento cultural con poucas repercusións políticas.

04

Page 71: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

8.3. A crise do 98

• No ano 1895 estalou unha nova insurrección en Cuba pola incapacidade da administración española para facer reformas políticas, dotala de autonomía e reducir o control económico.

• Ademais, Estados Unidos apoiaba os insurrectos por mor dos aranceis que impedían o comercio.

• A fin do conflito chegou en 1898, cando EUA lle declarou a guerra a España, tras o afundimento do acoirazado americano Maine no porto da Habana.

• Despois dunha curta guerra, España foi derrotada e perdeu as súas últimas colonias: Cuba, Porto Rico e Filipinas.

04

Page 72: Tema 4

Cabo FISTERRA 4

Page 73: Tema 4

Cabo FISTERRA 4