boletín do ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais...

28
Boletín do Ceesg

Upload: others

Post on 14-Aug-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

Boletín

do Ceesg

Page 2: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

2

Neste boletín:

Tema destacado: A pola lei galega de Educación Social

CGCEES:

Asemblea do CGCEES.

Comunicado tras os atentados en Barcelona e Cambrils.

Publicado o nº 25 da Revista RES.

Actualidade:

V Invernada de cine.

5º Concurso TFG.eduso.

Formación

Como profesionais, tamén sentimos...

Busca Activa de Emprego en Educación Social.

Terapia asistida por animais.

Bolsa de proxectos de formación do Ceesg.

Xornada: A ética e o compromiso coas persoas.

Formación con desconto para colexiadas/os e amigas/os.

Emprego

BloguES: Tan profundamente irresponsable. Asier Félix Losada.

www.educablog.es

Para ler e reflexionar: Memoria: I Xornada sobre a situación das

persoas sen fogar en Compostela.

Actuacións

Documentos profesionalizadores

Avisos

Boletín do Ceesg

Nº 116 - agosto-setembro 2017

Page 3: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

3

Mónica Serrano Soto Presidenta Colexiada nº 3795

Lito Prado Vicepresidente Área de Comunicación e Participación colexial Área de Acción Profesional Colexiado nº 3089

Alfonso Tembrás López Tesoureiro Área de Desenvolvemento Profesional Colexiado nº 0103

Daniel Alves Rivera Vogal Área de Acción Profesional Colexiado nº 3979

Antón Bouzas Álvarez Vogal Área de Acción Profesional Colexiado nº 0968

Beatriz Caneda Zamar Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3901

Leticia Castro Torres Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3892

Natalia Domínguez Galán Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 0398

Andrea Maroñas Bermúdez Secretaria Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 0118

Priscila Maximino Bento Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3999

Belén Piñeiro Álvarez Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3286

Eva Moldes Casal Vogal Área de Acción Profesional Colexiada nº 3195

Sofía Riveiro Olveira Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3389

Laura Vilaboy Romero Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3873

2015 - 2019

XUNTA DE GOBERNO

Noelia Rodríguez Álvarez Vogal Área de Acción Profesional Colexiada nº 3408

Beatriz Miranda Borrajo Vogal Colexiada nº 4769

Page 4: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

4

TEMA DESTACADO A pola Lei Galega de Educación Social

Todos os colexios profesionais de Educación Social do estado levamos meses reivindicando unha lei estatal para esta profesión. Sen abandonar este obxectivo, o Ceesg, de xeito paralelo, inicia agora unha campaña a prol dunha lei autonómica de Educación Social.

Entre os motivos para a creación desta lei está evitar o intrusismo, garantir a profesionalidade e a calidade das intervencións socioeducativas, ou evitar a precariedade laboral.

A nivel autonómico, varios partidos políticos interesáronse pola proposta, e tanto dende En Marea como dende o grupo Socialista presentaron no Parlamento de Galicia unha proposta non de lei para instar ao Goberno galego a elaborar unha lei que regule a profesión de Educación Social.

A nivel estatal esta iniciativa ten acadado xa moitos apoios, non só da cidadanía, senón tamén por parte de institucións, como multitude de concellos, deputacións (Valladolid, Sevilla, Cádiz, Córdoba, León, Almería...), Universidades (de Estremadura, de Valencia, Facultades de Educación da U. de Salamanca, da U. de Palencia, da U. de Vigo...), etc.

Como titulación universitaria, Educación Social nace en 1991, tras unha ampla mobilización social que reivindicou o papel relevante deste perfil profesional en desenvolvemento das políticas sociais e educativas. Esta figura é froito da combinación de diferentes ocupacións, que converxeron nunha identidade profesional única. A súa rápida expansión é o reflexo do carácter dinámico, socializador e de transformación social da figura da Educadora e do Educador Social.

A falta de regularización da profesión de Educación Social fai que non estean claros os límites e o alcance da mesma, tanto nas entidades públicas, coma nas entidades privadas e no terceiro sector. Este descoñecemento implica que con frecuencia se asignen a outras/os profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas circunstancias poñen de manifesto a necesidade dunha regulación da profesión da Educación Social como instrumento que visibilice, dignifique e reivindique o seu papel como axente de cambio na nosa sociedade.

Esta campaña necesitará do apoio e implicación das persoas colexiadas. Iremos informando de como podes ser parte activa desta loita.

Page 5: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

5

Tras os actos terroristas cometidos o pasado mes de agosto en Barcelona e

Cambrils, o Consejo General de Colegios de Educadoras e Educadores Socia-

les, que representa a profesión de Educación Social a nivel estatal, emitiu un

comunicado de condena e pola paz.

Ler comunicado

Comunicado do CGCEES ante os atentados

de Barcelona e Cambrils

CGCEES

Page 6: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

6

Asemblea do CGCEES Tras a celebración do Día Internacional da Educación Social, celebrado na

mañá do sábado 30 de setembro de 2017, os Colexios Profesionais que

constitúen o Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais

(CGCEES) reuníronse en Asemblea en Madrid durante a tarde do 30 de

setembro e a mañá do 1 outubro, debatendo sobre a profesión e avanzando

na organización da configuración da Educación Social.

Durante a Asemblea do CGCEES.

Page 7: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

7

Publicado o nº 25 da Revista RES Dedicado este número monográfico aos retos da educación social en tempos

de globalización, inclúe un total de 12 artigos centrados nesta temática,

outros 10 no apartado “miscelánea”, e moitos outros na sección actualidade

(con todas as noticias dos últimos meses relacionadas coa educación social a

nivel estatal e co CGCEES) así como reseñas de publicacións.

Enlace ao nº 25 da revista RES.

Temática do próximo número: Educación social e traballo social, un encontro

necesario. Prazo para envío de artigos ata o 17/11/17. Ver presentación.

Page 8: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

8

O Ceesg colabora de novo na Invernada de Cine de Cabreiros, un bo exemplo

de dinamización comunitaria no rural a traverso do cinema.

O programa desta V edición é variado e con oferta para todos os públicos.

Enlace ao facebook da iniciativa

V Invernada de Cine de Cabreiros

ACTUALIDADE

Page 9: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

9

5º Concurso TFG.eduso

Está en marcha unha nova edición do Concurso de traballos de fin de grao

arredor da Educación Social TFG.eduso, que pretende dar recoñecemento e

visibilidade aos traballos realizados polo alumnado de grao de Educación So-

cial.

O prazo de presentación de traballos é ata o 1 de decembro.

Poderán participar as persoas que presentasen o seu traballo de fin de grao

no curso 2016/2017 en calquera universidade galega, incluídos os centros

UNED galegos, usando a lingua galega –deste requisito están dispensado o

alumnado da UNED, co compromiso de traducilo no caso de acadar o premio-

e que acadasen unha nota mínima de 8. Mantéñense, como nas edicións an-

teriores, dúas categorías diferentes: Educación Social ESTENDIDA (para aque-

les traballos que investiguen acerca dos ámbitos e temáticas tradicionais da

Educación Social), e Educación Social ESCONDIDA (para os que se traten novos

ámbitos de proxección profesional ou metodoloxías novidosas e inclusivas)

Ver información detallada do concurso

Page 10: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

10

FORMACIÓN Como profesionais, tamén sentimos... Tras a formación en ética celebrada no mes de xaneiro, a Comisión de ética e

benestar profesional propuxo á Área de Formación do Ceesg levar adiante

unha formación desta vez centrada no outro pé da comisión, é dicir, no

benestar profesional.

Así, encadrada como un dos actos do Día Internacional da Educación Social,

convidamos a Tareixa Ledo, experta en terapia do reencontro para darnos

unhas pautas moi necesarias para a nosa profesión: Como traballar sen

estresarme? Que facer co que sinto? Como soster persoas e situacións

mantendo a distancia adecuada para non esgotarme?

Este obradoiro configúrase como un espazo vivencial teórico-práctico onde

aprender a soltar e/ou transformar todo o que nos provoca malestar (estrés,

cansanzo, depresión…) e aprender a integrar o que nos produce benestar

(entusiasmo, creatividade, implicación, confianza…)

Page 11: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

11

Unha das liñas estratéxicas do Ceesg neste ano 2017 é o Emprego. E en conso-

nancia con isto, programamos unha formación específica que ten a vocación

de servir de axuda e asesoramento a toda persoa que busque a incorporación

ou mellora profesional no eido da Educación Social.

Pretendemos ofrecer unha acción formativa verdadeiramente transformadora

que conduza á implementación de procesos reais de BUSCA ACTIVA DE EM-

PREGO, propiciando a consolidación de novos enfoques, ferramentas e alter-

nativas para abordar a busca de emprego desde outra perspectiva, potencian-

do o desenvolvemento persoal e o traballo colaborativo, buscando a implica-

ción das persoas participantes.

Un curso práctico, dinámico e cheo de bos consellos, historias e exemplos

reais co único obxectivo que as persoas participantes realicen procesos since-

ros de autoanálise e reflexión respecto do propio proceso de busca de empre-

go. Porque tropezar na mesma pedra non é malo, o malo é encariñarse con

ela.

Ademais, grazas ao financiamento recibido por parte do Banco Sabadell, as

cotas desta formación resultan moi reducidas.

Busca Activa de Emprego na Educación Social

Page 12: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

12

Moi pronto teremos unha formación no Ceesg que nos achegará ao traballo

con animais de terapia.

Será un curso teórico-práctico no que se traballará con cans, e que nos permi-

tirá entre outras cousas coñecer en que consisten este tipo de terapias, como

introducilas con terapias doutro tipo, comprender o papel da técnica/o en te-

rapia asistida por cans, e os seus beneficios e riscos.

A interacción e actividades planificadas con animais son un elemento terapéu-

tico que se demostrou eficaz para una gran cantidade de problemas psicolóxi-

cos, físicos e emocionais, polo que esta formación pode resultar de gran in-

terese para aquelas e aqueles profesionais ou estudiantes que teñan interese

no traballo con persoas.

A formación será os días 27 e 28 de outubro (venres pola tarde e sábado ma-

ñá e tarde), en Santiago de Compostela, nas instalacións cedidas polo CIAC

(Centro de Interpretación Ambiental de Compostela) do Concello de Santiago.

Prazo de inscricións ata o 22 de outubro.

Ver información detallada

Acceder ao formulario de inscricións

Descargar cartaz

Seminario: Terapia asistida por animais

Page 13: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

13

Nesta andadura do Ceesg (2015-2019), cremos necesario retomar a iniciativa

que as compañeiras da anterior Xunta de Goberno levaron a cabo, de crea-

ción dunha bolsa de Actividades de Formación.

Esta iniciativa vén xustificada polo feito de considerar como imprescindible a

formación das educadoras e educadores sociais, coa finalidade de mellorar a

súa empregabilidade e de poder enfrontarse de forma exitosa ao exercicio do

seu quefacer profesional.

Sabemos que hai moitas e moitos profesionais da Educación Social con ampla

experiencia en ámbitos específicos do social, que poderían ser grandes forma-

doras/es para outras educadoras e educadores. Polo que a nosa idea é que

dende o Ceesg se lles brinde a oportunidade de iniciarse ou consolidar a súa

traxectoria profesional na docencia; así como facilitar a implicación na forma-

ción das educadoras e educadores sociais.

Deste modo abrimos unha convocatoria a través da cal as persoas interesadas

poidan impartir formación relacionada con calquera ámbito da educación so-

cial, que se incluirá no plan de formación do Ceesg 2018. O prazo de presenta-

ción de propostas será ata o 1 de novembro.

Bolsa de proxectos de formación do Ceesg

Descargar convocatoria

Descargar ficha de solicitude

Page 14: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

14

A Comisión de ética e benestar profesional traballa na organización dunha

xornada sobre deontoloxía profesional, que levará por título “A ética e o

compromiso coas persoas”

Será o vindeiro 23 de novembro en Compostela, e contaremos con

expertas/os en deontoloxía no ámbito da educación social, así como con

representantes doutras profesións afíns a través dos seus colexios

profesionais, comités de ética cunha traxectoria de funcionamento exemplar,

e institucións públicas que constitúen tamén unha vía a través da cal velar

polos dereitos das persoas.

A ética ten un papel fundamental cara a orientar as accións que propoñemos

a persoas, grupos e comunidade; un papel que vai más aló da obriga que

temos os Colexios de velar por a profesión e polos dereitos das persoas que

recorren aos servizos prestados polas/os profesionais e que no caso das

profesións sociais, transcenden a relación profesional-usuaria/o.

Polo carácter da nosa profesión, a deontoloxía debe acompañarnos en todo

momento no noso quefacer profesional, polo que é indubidable a importancia

de encontros deste tipo.

Proximamente informaremos a través da nosa web de

todos os detalles da xornada.

Xornada: a ética e o compromiso coas persoas

Page 15: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

15

Formación con desconto para colexiadas/os e amigas/os

Foro Emociona 4 Santiago de Compostela. 18 de novembro Máis información

Experto Universitario en problemas de conduta e dificultades de aprendizaxe. En liña. 2017-2018 Grupo Albor-Cohs. Máis información

Atención sociosanitaria baseada en novos modelos de atención integral centrada na persoa. Santiago de Compostela. 24 e 25 de novembro Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría. Máis información

Page 16: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

16

Información detallada

destas accións

formativas en

www.ceesg.org

IX Xornada Estatal de Psicoloxía contra a Violencia de Xénero. Santiago de Compostela. 24 e 25 de novembro Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Máis información

Congreso internacional cannabis e derivados: saúde, educación e lei. Catoira. 24 e 25 de novembro Máis información

Page 17: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

17

EMPREGO

Profesor/a de aula promociona. Vigo Estas son as ofertas de

emprego publicadas o mes

pasado na web do Ceesg.

Para ver a información

completa e actualizada,

recorda consultar

frecuentemente a web do

Ceesg

Orientador/a educativo/a. Ferrol

Prospector/a de emprego. Santiago

Profesor/a de reforzo educativo. Ferrol

Docente. Santiago

Docente da área de Interv. Socioeduc. Galicia

Técnica/o de apoio en educación para a paz. Santiago

Mediador/a con empresas. Vigo

Educadoras/es Mariña Lucense e Terra Cha

Educador/a social. Fornelos de Montes

Técnico/a en xestión cultural. Cee

Page 18: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

18

Titor/a pedagóxico/a. A Coruña

Docentes de edcuación básica de adultas. Vigo

Técnica/o de formación. Santiago

Técnica/o de educación para o desenvolv. Lugo

Orientador/a sociolaboral. Lugo

Coordinador/a de actividades extraescolares. Santiago

Técnica/o de formación. Santiago

Educador/a social. Lalín

Educador/a social. Ourense

Monitor/a de activ. educativas e creativas. A Coruña

Monitor/a de eventos. A Coruña

Educador/a social. Comarca Ortegal

Page 19: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

19

Educador/a social. A Coruña

Profesor/a de aula promociona. Pontevedra

Orientador/a laboral. A Coruña

Técnica/o de Igualdade. Vigo

Docente Dinamización Comunitaria. Melide

Monitor/a sociocultural. Ourense

Educador/a social. A Coruña

Page 20: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

20

Tan profundamente irresponsable

Carta aberta a Arcadi Espada e o seu artigo Tan Buen Muchacho

Días e noites de zozobra, as que nos ocupan neste final de Agosto. Preferiría millóns de veces máis, ter que seguir vendo noticias do intento caciquil de asemblea constituínte en Venezuela ou das Folgas no aeroporto do Prat antes que palidecer co atentado nas Ramblas. Hoxe mesmo, o Consello Xeral de Colexios profesionais de Educadoras e Educadores sociais das nosas comunidades autónomas está a ofrecer todo o seu apoio ás familias vítimas do atentado, participando na manifestación #notincpor a favor da paz e condena de actos desta natureza.

Intento dixerir o seu artigo co necesario respecto que merecen as persoas e o exercicio de liberdade de expresión que o sostén, aínda que hei de recoñecer que me custa e penso confrontar algunhas das súas ideas cando non categorizacións.

Vaia de inicio que non coñezo persoalmente á educadora social Raquel Rull e aínda que compartamos profesión, procurarei non pecar de corporativismo alienable, dado que entendo e recoñezo que no meu ámbito profesional como en moitos outros que existen, hai técnicos/as moi bos, bos/as, regulares, malos/as e moi malos/as. Situación esta que no xornalismo de hoxe en día non se dá e moito menos entre tertulianos/as, como todos ben sabemos.

Non intento convencelo de que lle guste a carta da miña compañeira, nin sequera que a comparta ou a aprecie. O que non se pode tolerar é que non a respecte. Primeiro porque non a entende, nin por amplitude de miras nin por deontoloxía. Creo sinxelamente, amén de non equivocarme, que a idea principal desa carta non era máis que un berro de rabia e de impotencia por parte dunha educadora social lanzando interrogantes e preguntas retóricas. En ocasións, dirixíndose a uns mozos agora mortos, que meses/semanas/días antes decidiran transformarse en asasinos. Nin inxenua nin patética: humana.

Por esa regra de tres, deberiamos baixarnos todos das lóxicas racionais e sempre politicamente correctas. Pódese entender perfectamente que unha educadora social que traballa con nenos fale deles co agarimo e as bondades que reportaron mutuamente durante esa etapa relacional, sen xustificar nin endulzar a posterior atrocidade cometida. Os boismos

Asier Félix Losada

Educador social.

Equipo Educablog.

Educablog

@asierfelix

BloguES

Page 21: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

21

ideolóxicos ou persoais encarnados neses raparigos/as son froito da súa perniciosa interpretación, máis afiada en friccionar idearios ou relixións que en construír unha cultura de paz.

Na súa longa traxectoria, xa deu mostras máis que sobradas de que a perplexidade allea,

inocente e inútil pouco máis, non conduce máis que a desastres e abusos por parte do xénero

humano, as sociedades que o forman e o consecuente choque de civilizacións. A perplexidade

é signo de debilidade, de abismo e de incertezas, concorrendo por tanto nunha personalidade

tan vehemente e asentada como a súa, a máxima de “comigo ou contra min, nós ou eles,

Occidente ou o caos”. Non hai outra solución, asumámolo. As cousas hai que chamalas polo

seu nome, sen ambigüidade nin contemplacións.

Creo máis que conveniente informalo de que a educación social é unha profesión aconfesional, que ten como principal alicerce traballar nos procesos de cambio e promoción das persoas. Na nosa práctica profesional nin moito menos nos documentos profesionalizadores, establécese como unha competencia profesional o denunciar nin deslixitimar a ningunha confesión relixiosa, sexa do signo que sexa.

Se quere construír un relato destá índole aconséllolle que acuda a outras ciencias como a Historia, a socioloxía ou mesmo a antropoloxía. Seguramente lle dean a razón, porque como todos xa sabemos a estas alturas, poucas ou case ningunha están libres de conflitos de poder, guerras e cruzadas desde os séculos dos séculos. Eles (os historiadores), informarano máis fehacentemente das cifras detalladas que tanto lle preocupan, de se morreron máis nas reconquistas que nas invasións, se nas Guerras Santas ou coa Inquisición, nas mesquitas ou nas igrexas. Nunha cultura de paz, non se contempla o “e ti máis” como unha ferramenta de mediación, concordia ou alianza. Traballamos pola xustiza social, pola equidade e defendemos dita cultura e sociedade da convivencia, incompatible coas fobias que vostede menciona.

Sinceramente e falando en nome propio, non creo que o islam asasinase a estas persoas en Barcelona, nin tampouco o creo que o fixese coas de Londres, Bruxelas, París, Berlín ou Niza. Con todo, si o fixeron uns asasinos psicópatas, desalmados sen escrúpulos (onde queda un rastro de fe, segundo vostede?) que baixo a súa radicalidade intentan vender á humanidade un manto virxinal de virtudes espirituais, tanto a millóns de musulmáns de ben, como a cristiáns, xudeus ou hinduistas.

O berro, a soflama ou a aprehensión dos símbolos ou os actos cometidos no seu nome, nunca poden derivar nunha responsabilidade do mesmo. Metaforicamente poderiamos asemellar ao símbolo ou icona, co xornalista, en cuxo deber do exercicio de informar podería resultar danado ou violentado polo mero feito de acontecer unha noticia. Soaralle por aquilo de matar o mensaxeiro... A noticia non é que exista unha crenza relixiosa, senón que espuriamente se terxiverse, se retorza, manipule e radicalice ata a extenuación facendo parecer que o asasinato o cometeu o mensaxeiro.

Nos trazos finais do seu artigo, fai unha mezcolanza entre a esfera pública e privada das persoas, significando que a educación social non é o suficientemente enérxica en desmontar o

Page 22: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

22

mundo creencial dos suxeitos. Non sei que tal lle sentará a vostede que lle digan e interveñan en que cousas debe crer, como as debe crer, canto e durante. Como vestirse, (inter)actuar ou opinar nos faladoiros que participa, pero hei de dicirlle que isto é a vida real, non é nin a televisión nin moito menos unha profesión que promulgue o adoutrinamento, do que vostede afortunadamente renega e mesmo maldí.

Naturalmente que os procesos socioeducativos traballan en valores e promoven o desenvolvemento de factores e accións de benestar, do ben común, da igualdade, a equidade, promoción e desenvolvemento, facéndoo compatible coa diversidade cultural e o respecto ás maiorías e minorías e incompatible coa violencia, a intolerancia e o totalitarismo. Perdoe a miña inocencia en facerlle constatar isto, pero é que por momentos pareceume estar obviado na súa reflexión cartesiana.

Distinguir entre o ben e o mal é tamén un dos nosos traballos diarios, dado que traballamos con persoas en contextos convivenciais. A inmensísima maioría de cidadáns/as exercítano a diario e é por iso que hoxe en día, aínda que sigan sendo cifras moi altas, morren moitísimas menos persoas en procesos xerados pola violencia que en calquera época anterior da humanidade.

A guerra, a ira, o odio non levan a ningunha parte. Nunca, en nome de ninguén. Nin por ninguén. Nin deuses, nin bandeiras, nin relixión...

Só podo dicir que teño o corazón roto...

Artigo publicado en Educablog o 25 de agosto de 2017

www.educablog.es

Page 23: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

23

PARA LER E

REFLEXIONAR Memoria: I Xornada sobre a situación das persoas sen fogar en Compostela.

Edita: Concello de Santiago de Compostela Ano: 2017

Memoria da xornada celebrada en outubro de 2016 en Santiago, que se configurou como un espazo para o achegamento de experiencias, moitas delas en primeira persoa, sobre a situación das persoas sen fogar en Compostela, e onde se puideron amosar diferentes iniciativas políticas e sociais que se están levando a cabo no ámbito galego e estatal para a atención e xestión desta problemática. Nesta publicación compílase toda a información obtida no trascurso da xornadasm e resulta un bo recurso para calquera persoa que pretenda facer un achegamento á situación do senfogarismo en xeral, e da situa-ción en Santiago de Compostela en particular.

Publicación dispoñible na

Page 24: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

24

Reunión no concello da Coruña

ACTUACIÓNS

Reunímonos coa concelleira de Igualdade e Diversidade e con técnicas responsables do seu departamento e de persoal, en relación á convocatoria da praza de Técnica/o de Apoio Social na que admiten titulacións distintas a Educación Social, ao contrario do que se viña facendo nas últimas convocatorias. O seu argumento é que non todos os postos de Técnica/o de Apoio Social responden estrita e exclusivamente a Educación Social, e este é un deses casos. Recoñecen que outros moitos si que o son, e deberían distinguirse de algún xeito; para intentar resolver isto, chégase ao acordo de contar connosco na valoración de postos que van iniciar tras ter aprobada a Relación de Postos de Traballo.

Reunión do proxecto CibeRespect Seguimos participando nas reunións deste proxecto, encabezado por Ecos do Sur, que se centra en combater o discurso do odio en internet. O anonimato e a capacidade multiplicadora de Internet supoñen máis oportunidades para a pro-liferación da xenofobia e para que o seu discurso cale na poboación neutral, polo que é necesario desenvolver estratexias para evitalo.

E tamén... Reunións de traballo da Área de Desenvolvemento

Profesional, do grupo Ceesg en Diverdade, da Área de Comunicación e da Xunta Permanente.

Reunión conxunta de grupos de traballo do Ceesg.

Reunións do Foro de Inmigración, tanto a nivel comarcal como autonómico.

Servizo de asesoramento xurídico para colexiadas/os.

Participación na Xornada de acollida a alumnado de Educación Social da Universidade da Coruña.

Asistencia e participación no 2º Congreso Galego de Adopción.

Participación na concentración da RedeRefuxiadas.

Participación na reunión do Plan de Educación específico para o rural galego.

Participación na Asemblea do CGCEES, en Madrid.

Asistencia aos actos de celebración do Día Internacional da Educación Social organizados polo CGCEES.

Participación na reunión do comité de Comunicación do CGCEES.

Acto de presentación do Colexio de Terapeutas Ocupacionais de Galicia.

Page 25: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

25

Código Deontolóxico do educador e a educadora social.

Normas deontolóxicas xerais. O/A educador/a social en relación cos

suxeitos da acción socioeducativa.

Artigo 6

«O/A educador/a social potenciará os recursos

persoais e sociais de todos os membros do ámbito

máis próximo e deste no seu conxunto para que

colabore, na medida das súas posibilidades, na

abordaxe e a resolución das situacións formuladas.

Neste sentido, coñecerá as redes e servizos

comunitarios que poidan complementar a súa

tarefa, así como a forma de activalos e

complementalos co traballo que

estea a realizar.»

DOCUMENTOS PROFESIONALIZADORES

Page 26: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

26

AVISOS Colaboración co Boletín do Ceesg Podes enviarnos os teus artigos para publicar no Boletín do Ceesg.

A Área de Comunicación decidirá en cada caso se saen publicados, e

resérvase o dereito a publicalos en boletíns posteriores.

Todos os artigos se traducirán a galego ou castelán para publicalo en

ambas linguas.

Debe axuntarse fotografía da/o autora/autor.

Os artigos deben utilizar unha linguaxe non sexista.

Page 27: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

27

Page 28: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-10-2017-boletin116g.pdf · profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas

28

Rúa Lisboa, 20, baixo C (Barrio das Fontiñas)

15707 Santiago de Compostela

981552206

ceesg.gal

Colexio de Educadoras e

Educadores Sociais de Galicia

@GaledusoCeesg

Boletín do Ceesg

http://fiadeirasceesg.blogaliza.org/

Fiadeiras Ceesg

Geix Ceesg

Escaravellando Grupo de

Infancia e Adolescencia

aBeira Ceesg

A Eira do Ceesg