einstein e as maquinas do tempo

28
Luca Novelli EINSTEIN E AS MÁQUINAS DO TEMPO Elena López Enríquez. FiCT. Curso 2012- 2013.

Upload: dpto-filosofia-ies-otero-pedrayo-ourense

Post on 27-Jun-2015

351 views

Category:

Documents


9 download

TRANSCRIPT

Page 1: Einstein e as maquinas do tempo

Luca Novelli

EINSTEIN E AS MÁQUINAS DO TEMPO

Elena López Enríquez.FiCT. Curso 2012-2013.IES Otero Pedrayo.Ourense

Page 2: Einstein e as maquinas do tempo

“Nunca consideremos el estudio como una obligación, sino como una posibilidad para penetrar en el bello y maravilloso campo del saber” (…)

“Knowledge is limited, imagination encircles the world”

ALBERT EINSTEIN

Page 3: Einstein e as maquinas do tempo

Resumo do libro por capítulos

Page 4: Einstein e as maquinas do tempo

1.Eu, Albert Einstein.Einstein admite ser coñecido como “o

científico máis grande da historia”, pero non considera ter ningún talento particular, nin perseguir o éxito ou a riqueza. Só é apasionadamente curioso e a súa vida estivo guiada polo amor, a beleza ou a verdade.Naceu en Alemaña o mesmo ano que a bombilla eléctrica de filamento incandescente creada polo estadounidense Thomas Alva Edison. A luz eléctrica será un factor fundamental na súa vida, pois o seu pai Hermann e o seu tío Jakob son copropietarios dunha planta eléctrica que abastece unha cidade veciña e a miúdo escoita falar de física, inventos e electricidade.A pesar de que dende pequeno se interesa pola física, pola xeometría e polas matemáticas e de que seu pai quere que sexa enxeñeiro electrotécnico, non supera o exame de admisión no Politécnico de Zúrich.

Page 5: Einstein e as maquinas do tempo

2.Infancia de

xenio.De pequeno non é moi desperto pois ós catro anos aínda non fala e

ós nove aínda lle costa seguir unha conversa coas palabras precisas. Non obstante, ós cinco anos é capaz de interpretar a Mozart, Bach e

Schubert co violín, que é, xunto coa construcción con cubos de madeira de cores, o seu pasatempos favorito.

Entre as historias que lle conta seu tío e mais os libros de divulgación e ciencia que lle trae cada venres Max Talmey, o estudiante xudeu que ven cear á súa casa, comeza a facerse as primeiras preguntas

de cómo funciona o Universo.

Page 6: Einstein e as maquinas do tempo

3.Un pequeno librepensador.

A pesar de ser xudeo, vai a unha escola católica e durante a súa primeira infancia a Biblia

convértese nun libro marabilloso que conta a historia do seu pobo e mesmo evoca imaxes

grandiosas. É un apasionado do Antigo Testamento e dende que le os libros de Max

comeza a analizar as historias da Biblia con ollos de científico. Deste xeito convértese nunha

especie de librepensador que sitúa a verdade relixiosa nun nivel distinto da verdade científica.

Ós doce anos comeza a poñer en dúbida todo e a todos: a escola, algúns profesores, poñer o

uniforme e participar en desfiles, aprender de memoria, ata o punto de que o mestre de grego

dille que non chegará a nada na vida.Cando ten quince anos o seu pai trasládase a

Italia para iniciar unha nova actividade e pecha a casa deixándoo só nunha pensión.

Page 7: Einstein e as maquinas do tempo

4.A primeira fuga.

En Múnich séntese só e mesmo xa nin existe a súa casa, pois foi vendida a un

construtor que talou as árbores centenarias e a converteu nun bloque

de casas. Cando remate a escola deberá facer o servicio militar no

exército prusiano e polo tanto deberá participar nos desfiles que tanto

aborrece. Todo isto fai que se deprima e mesmo consegue un certificado

médico do seu esgotamento nervioso o que provoca que o director o expulse

do colexio.Por todo iso preparou a equipaxe e

xunto co seu violín e unhas enormes ganas de disfrutar da súa familia, do mar e do sol, atravesou os Alpes para

reunirse cos seus en Italia.

Page 8: Einstein e as maquinas do tempo

5.Vacaciones en Italia.

A súa familia vive en Pavía, unha fermosa cidade con moitos palacios medievais e atravesada por un río polo que navegan pequenos barcos. Dende cativo sempre lle gustou a auga e xogar con barcos na bañeira,

polo que cando medre a vela será a súa única afición porque é un deporte que non cansa moito; mercará unha barquiña pequena á que

chamará “Catro duros”.O seu pai construiu con outros socios a primeira central eléctrica de

Pavía. El negábase a que Albert abandonase Munich; quería que fixese o exame de ingreso no Politécnico de Zurich dous anos antes do

programado e mesmo consegue que o recomenden, en contra da vontade do seu fillo.

Page 9: Einstein e as maquinas do tempo

6. Non me admiten!O seu apelido en alemán significa “unha pedra”, pero non é tan forte

e sentiuse mal cando lle chamaron “neno prodixio”.Ata que cumpla a idade de que o admitan no Politécnico,

prepararase na escola cantonal de Aarau, unha pequena e agradable cidade de Suiza. Alí vive cos Winteler, unha familia simpática e

amable, pero estraña á súa nai e á súa irmá Maja. Gran parte do tempo pásao coa máis guapa das fillas, Marie, coa que toca o piano.

Page 10: Einstein e as maquinas do tempo

7.A primeira vez de Albert.

Naquela cidade disfrutaba das paisaxes montañosas dos Alpes,

pero tivo que volver a Zurich despois de conseguir

matricularse no Politécnico. Renunciou á nacionalidade

alemana pois non se sentía de ningún país, era un apátrica e este feito ofendeu a seu pai.

A súa familia mudouse a vivir a Milán, onde os vai visitar sempre

que ten vacacións.Nunha visita ós seus curmáns de

Xénova disfrutou dunha experiencia extraordinaria

percorrendo os Apeninos ata o mar, onde se lle despertou a

curiosidade polos raios de luz.

Page 11: Einstein e as maquinas do tempo

8.Einstein enamorado.

Estudiando no Politécnico de Zúrich e sendo xa un mozo cun fermoso bigote, coñece a Mileva, unha moza moi intelixente de orixe serbio, coa que comparte

os estudos de cálculo, xeometría e mecánica.A xove axúdalle a escribir o seu primeiro tratado científico que trata da capilaridade, ou sexa, das curvas que fan os líquidos dentro dos sólidos.

Está namorado de Mileva, e a pesares da oposición dos seus pais e mais de non ter cartos, el decide que se casará con ela. Para gañar algo de cartos da clases

particulares de matemáticas.

Page 12: Einstein e as maquinas do tempo

9.Einstein inventor.Xa casado con Mileva e vivindo na cidade de Berna, comeza a traballar na Oficina de

Patentes. Alí chegan os máis insólitos e estraños proxectos e personaxes, e el mesmo entrega ó seu nome algunhas

patentes (unha trompetiña e un frigorífico que non fai ruído).

En Berna funda, con algúns amigos, a Academia Olimpia, da que é presidente

honorario e na que falarán de física.Entre os choros do seu primeiro fillo, Hans,

e coa axuda da súa muller, segue coas súas investigacións e comezan a tomar

forma as ideas científicas máis revolucionarias da historia da

humanidade, as da súa “Teoría da Relatividade”.

Page 13: Einstein e as maquinas do tempo

10.A teoría da relatividade ( restrinxida).

Ós vinteséis anos continuaba traballando na Oficina de Patentes, pero seguía pensando na física e enchía cadernos de fórmulas.Publica as súas teorías na revista Annalen der

Physik, dirixida por Max Planck.

•No primeiro artigo demostra que a luz, aínda que ten as mesmas propiedades que as ondas electromagnéticas, está formada por partículas microscópicas.

•No segundo artigo explica o misterioso movemento das moléculas que observara Robert Brown (o movemento browniano).

•No terceiro artigo demostra que o espazo e o tempo son relativos en relación co observador; un reloxio en movemento marca o tempo máis lentamente que o que ten o

observador no pulso. Max Planck chamaraa a Teoría da Relatividade.•O carto artigo será o que revolucionará definitivamente os conceptos de materia e

enerxía; a equivalencia defínese na famosa fórmula E=mc²

Page 14: Einstein e as maquinas do tempo

11.Einstein incomprendido.

Durante os primeiros anos seguintes á formulación da teoría da Relatividade e a pesar de obter o doctorado na Universidade de Zurich, non cambia nada para Einstein, parece non importarlle a ninguén. Tres anos despois consegue entrar na comunidade científica oficial e comeza a ser docente privado, é dicir, da clases na Universidade de Berna para uns poucos estudiantes. Un día, mentres traballa na Oficina de Patentes, ver caer algo pola ventá e esta idea lévao a pensar que a gravidade e a aceleración son equivalentes. Ten a sensación de que a Teoría da Relatividade terá que ser... ampliada.

Page 15: Einstein e as maquinas do tempo

12.Agora son

profesor.A partir do 1909 comeza por fin a

relacionarse cos primeiros físicos de verdade no Congreso de Física de

Salzburgo. A Universidade de Zúrich nomeao “profesor titular de física

teórica”.Despois de nacer o seu segundo fillo,

Eduard, acepta un posto na Universidade alemana de Praga, unha

cidade preciosa do Imperio Austro-Húngaro, onde se traslada coa súa

familia.Esta Universidade ten un laboratorio moi ben equipado no que segue traballando

nos seus experimentos e nas súas teorías. E ocórreselle que se a luz ten

masa, é atraída por masas maiores. Coa opinión dalguns astrónomos deduce que

o sol desvía a luz das estrelas.

Page 16: Einstein e as maquinas do tempo

13.Todos me queren!Agora ten varias ofertas de traballo, na Universidade de Utrecht, na de Viena, na de Leiden, e mesmo do Politécnico de Zúrich, onde antes o consideraban un aficionado.

Acepta a última e trasládase coa familia a Zúrich, onde estudia a xeometría do doutor Riemann que defende que dúas paralelas non sempre conseguen ser paralelas e que os ángulos rectos dun cuadrado son curvos. Pero el cre que o Universo é un todo de espazo

e tempo e que esta xeometría pode describir que todo remata curvando.Pero non pode rexeitar a cátedra que lle ofrece Max Planck na Universidade de ciencias

de Berlín, o centro de investigación máis importante do mundo.Estala a Primeira Guerra Mundial e vaise extendendo con moita violencia. El non

comparte o patriotismo que a lidera; a guerra non é un xogo porque trae a morte. Contra os horrores da guerra só serve o rexeitamento total.

Page 17: Einstein e as maquinas do tempo

14.O misterio de mercurio

Mentres a guerra se extende por Europa, él segue traballando na

súa Teoría da Relatividade e define a gravidade como unha propiedade do Universo e os obxetos cunha grande masa

crean distorsións ó seu redor no espazo e no tempo.

Isto aplicouno ó planeta Mercurio, o máis cercano ó Sol e

que era considerado como “extrano”. O tempo desacelera ou acelera, o espazo cúrvase e

fai que as galaxias se aproximen ou alonxen...

Page 18: Einstein e as maquinas do tempo

15.O premio Nobel.Remata a Gran Guerra e percíbese unha grande euforia, mesmo gusta a idea da relatividade da que falan no New York Times e noutros xornais

europeos.Divórciase de Mileva e trasládase a vivir a Berlín con Elsa, a súa segunda muller. Convértese nun personaxe importante e comeza a relacionarse

con xente famosa. No 1921 recibe o Premio Nobel, pero non pola Teoría da Relatividade, senón polo

descubrimento do efecto fotoeléctrico.Cando a súa vida transcorre tranquila nunha

casiña á beira dun lago, comeza en Alemaña unha persecución indiscriminada contra os xudeos, así como contra todo o que non comulgue co réxime nazi que impón Hitler. Atacan a súa teoría “física xudea” e mentres está cun ciclo de conferencias

por Bélxica entran e arrasan a súa casa.

Page 19: Einstein e as maquinas do tempo

16.Einstein en América.Remata a Gran Guerra e percíbese unha grande euforia, mesmo gusta a idea da relatividade da que falan no New York Times e noutros xornais europeos.Divórciase de Mileva e trasládase a vivir a Berlín con Elsa, a súa segunda

muller. Convértese nun personaxe importante e comeza a relacionarse con xente famosa. No 1921 recibe o Premio Nobel, pero non pola Teoría da

Relatividade, senón polo descubrimento do efecto fotoeléctrico.Cando a súa vida transcorre tranquila nunha casiña á beira dun lago, comeza

en Alemaña unha persecución indiscriminada contra os xudeos, así como contra todo o que non comulgue co réxime nazi que impón Hitler. Atacan a súa

teoría “física xudea” e mentres está cun ciclo de conferencias por Bélxica entran e arrasan a súa casa.

Page 20: Einstein e as maquinas do tempo

17.A bomba.Mentras le un manuscrito de dous colegas

científicos exiliados coma el, dase conta de que a súa Teoría da Relatividade pode ter aplicacións militares, pois os átomos

de uranio poderían converterse nunha importante forma de enerxía, pero tamén, en mans dos nazis, nun arma terrible. Por

isto escribe ó Presidente Roosevelt para pedirlle que se investigue na bomba.

A situación mundial segue empeorando e co ataque de Xapón ás tropas americanas

no Pacífico no 1941 tamén os Estados Unidos entran en guerra. Nace en Chicago

o proxecto da primeira bomba nuclear e aínda que Einstein contribúe de xeito

económico, nunca traballou na bomba atómica nin no Proxecto Manhattan. O 6

de agosto de 1945 lánzase a primeira bomba atómica sobre a cidade xaponesa

de Hiroshima.

Page 21: Einstein e as maquinas do tempo

18.Pensando na paz.Remata a guerra, pero multiplícanse as

bombas atómicas por todo o mundo. Einstein continúa traballando na súa teoría que considera incompleta. Fai

testamento e dispón que todas as cartas e manuscritos sexan donados á

Universidade Hebrea de Xerusalén. Rexeita o honroso ofrecemento da

presidencia do novo Estado de Israel.É o científico máis importante do

planeta, e agora, vello e canso, só quere que escoiten as súas opinións sobre as armas atómicas. O mundo diríxese cara

catástrofes inauditas.No 1955 escribe a súa última carta,

dirixida ó seu amigo Bertrand Rusell, coa que suscribe o manifiesto de petición a tódalas nacións para que renuncien ás

armas atómicas.

Page 22: Einstein e as maquinas do tempo

“Un adulto normal nunca se para a pensar nos problemas do espacio tempo, porque estas son cousas nas que pensan os nenos. Pero o meu desenvolvemento intekectual foi tardío e, como consecuencia, empecei a preguntarme polo espacio e polo tempo só cando fun adulto” (…)

Page 23: Einstein e as maquinas do tempo

Diccionario EINSTENIANO (PALABRAS IMPORTANTES)

Page 24: Einstein e as maquinas do tempo

BURATO NEGROEstrela antigua que explotou e colapsouse sobre sí mesma, moi habitual no Universo.A súa forza de gravidade é tan forte que atrae todo e non deixa escapar nin sequera a luz: poriso é negro. Na súa superficie, en relación cos nosos reloxos o tempo está parado.

CapilaridadeSerie de fenómenos que os líquidos presentan en tubos de diámetro moi pequeno. Einstein estudiouna, como xa vimos, na súa xuventude xunto a Milena Maric, que se converteu despois na súa muller.

Efecto fotoeléctricoConsiste no feito de que un metal no que incide unha luz emite electróns, Este feito confirma a intuición deEinstein de que a luz aínda tendo natureza ondulatoria, está composta de partículas-paquetes de enerxía (fotóns). Neste efecto basase a posibilidade de transformar a luz solar en enerxía eléctrica.

Page 25: Einstein e as maquinas do tempo

Fotón

Partícula-paquete de enerxía que compón a luz, teorizado por Einstein en 1905.

Mecánica cuántica

Parte da física que estudia e explica o comportamento dos cuantos de enerxía. Explícao

estadísticamente, recorrendo ao cálculo de probabilidades. Este método non sempre foi compartido por

Albert Einstein.

Proxecto Manhattan

Levou á construcción da primeira boma atómica, que se fixo

explotar experimentalmente na base aérea de Alamogordo,

en México no 1645. No mismo ano lanzouse sobre a cidade

de Hiroshima en Xapón.

Page 26: Einstein e as maquinas do tempo

Túneles espacio- temporais

Para os físicos é posible o paso do universo pasado ao universo fuuro, gracias á “ curvatura do Universo”.

Son teóricamente posibles, pero é moi pouco probable que se puedan recorrer.

Velocidade da luz

É constante no Universo. Equivale á notable velocidade

de casi 300000 km por segundo. Estudios recentes

demostraron que se pode superar.

FÍSICA

Para os antigos gregos era a ciencia que intentaba

explicar a natureza esencial das cousas. Hoxe, a física

intenta descubrir as leis que gobernan o máis

grande (o Universo) e o máis pequeño (no interior dos átomos).

Page 27: Einstein e as maquinas do tempo

“Cando paras de aprender, empezas a morrer”

Page 28: Einstein e as maquinas do tempo

No meu blog www.comochoconto-filosofia.blogspot.com

atoparás información sobre Einstein e demais persoeiros da filosofía e

da ciencia.

FIN