biblioxornal 7

4
B O L E T Í N D O E Q U I P O D A B I B L I O T E C A 1º Trimestre 2008 I.E.S. “San Paio” — Tui Número 7 Unha de cal... Noraboa PaiSan@s: Máis de 1.800 razóns máis para ler O pasado 26 de decembro facíase pública a resolución pola que ao noso club de lectura PaiSan se lle outorgan 1. 800 Euros de axuda para o desenvolvemento das súas actividades. Noraboa aos dous grupos (martes e venres) do club de lectura! Xa tivemos varias xuntanzas nas que falamos das nosas primeiras lecturas en común: O partido de Reis (un conto de nadal de Manolo Rivas) e cómics de Astérix. As próxi- mas reunións, con novas lecturas, serán os vindeiros 12 e 15 de febreiro. Animádevos e participade, aínda estades a tempo de formar parte do club!, preguntade na bibliote- ca ou aos profesores María Xosé Taibo ou Xoán Pablo Valverde. Tamén acaban de comunicarnos a concesión dunha asignación económica ex- traordinaria para a biblioteca por ter presentado un proxecto na pasada convocatoria do plan de mellora “amosando así un interese por mellorar a súa biblioteca escolar e prevendo medidas organizativas destinadas á atención deste importante recurso edu- cativo”. Nova noraboa pois temos máis de 1.800 razóns máis para gozar da biblioteca e da lectura. ...e outra de area A finais do pasado ano publicitáronse os resultados do informe PISA 2006. Gali- za obtén un aceptable resultado en ciencias pero frouxea en comprensión lectora: 479 puntos fronte a 492 (promedio OCDE), lonxe dos 556 de Corea, 547 de Finlandia ou DIN QUE NON NOS ENTERAMOS DO QUE LEMOS VAIA PARVADAAAAAGHH…… Orixinal de Javier Aguilera

Upload: jose-maria-lores-perez

Post on 01-Mar-2016

218 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Boletín trimestral da biblioteca.

TRANSCRIPT

Page 1: Biblioxornal 7

B O L E T Í N D O E Q U I P O D A B I B L I O T E C A

1º Trimestre 2008 I.E.S. “San Paio” — Tui

Número 7

Unha de cal...

Noraboa PaiSan@s: Máis de 1.800 razóns máis para ler O pasado 26 de decembro facíase pública a resolución pola que ao noso club de lectura PaiSan se lle outorgan 1. 800 Euros de axuda para o desenvolvemento das súas actividades. Noraboa aos dous grupos (martes e venres) do club de lectura! Xa tivemos varias xuntanzas nas que falamos das nosas primeiras lecturas en común: O partido de Reis (un conto de nadal de Manolo Rivas) e cómics de Astérix. As próxi-mas reunións, con novas lecturas, serán os vindeiros 12 e 15 de febreiro. Animádevos e participade, aínda estades a tempo de formar parte do club!, preguntade na bibliote-ca ou aos profesores María Xosé Taibo ou Xoán Pablo Valverde. Tamén acaban de comunicarnos a concesión dunha asignación económica ex-traordinaria para a biblioteca por ter presentado un proxecto na pasada convocatoria do plan de mellora “amosando así un interese por mellorar a súa biblioteca escolar e prevendo medidas organizativas destinadas á atención deste importante recurso edu-cativo”. Nova noraboa pois temos máis de 1.800 razóns máis para gozar da biblioteca e da lectura.

...e outra de area A finais do pasado ano publicitáronse os resultados do informe PISA 2006. Gali-za obtén un aceptable resultado en ciencias pero frouxea en comprensión lectora: 479 puntos fronte a 492 (promedio OCDE), lonxe dos 556 de Corea, 547 de Finlandia ou

DIN QUE NON NOS ENTERAMOS DO QUE LEMOS

VAIA PARVADAAAAAGHH……

Orixinal de Javier Aguilera

Page 2: Biblioxornal 7

P á x i n a 2 N ú m e r o 7 – 1 º t r i m e s t r e 2 0 0 8

Visitas á Biblioteca Tal como tiñamos previsto, ao longo do último trimestre de 2007, os grupos de 1º e 3º da

ESO visitaron a biblioteca do instituto. Ademais os de 1º da ESO tamén estiveron na bi-

blioteca pública municipal. Aproveitamos para explicar a organización dos fondos, a

xestión dos préstamos e para presentar os últimos cambios realizados e os proxectos de

próxima realización.

NON ESQUEZADES: SILENCIO! Sabedes que, nos períodos de lecer, permítese na Biblioteca xogar ao xadrez pero –

insistimos- temos que facelo co menor ruído posible para non interromper as actividades

dos demais usuarios (préstamos, estudo, busca de información...). Se hai moito balbordo,

moi ao noso pesar, verémonos na obriga de prohibir o xogo para garantir as demais tarefas

propias da biblioteca. Sexamos solidarios e colaboremos para manter o maior grao de si-

lencio posible.

536 de Hong Kong (países que encabezan o listado) e en quinto lugar dentro das comunidades autónomas do estado español: La Rioja (492), Pais Vasco (487), Aragón (483) e Navarra (481) están por diante. A nivel global o resultado español é peor (baixa 20 puntos respecto ao informe de 2003). Por sexos, as alumnas gale-gas dominan a comprensión lectora (avantaxan en 42 puntos a media masculina); en matemáticas son os varóns os que superan en 10 puntos as rapazas e nas ciencias en 4 puntos. Segundo un estudo de hábitos de lectura e compra de libros, feito polo mi-nisterio de Cultura, un 22% dos universitarios non le, ben porque non lle gusta (12,6%) ben por falla de tempo (61,7%) O noso instituto con iniciativas globais como o proxecto lector ou específicas como o club de lectura ou as diversas actividades de potenciación e posta en valor de biblioteca pretende contribuír a paliar o déficit lector que as estatísticas reflicten pero só avanzaremos polo bo camiño se contamos coa vosa colaboración. Todas e todos debemos implicarnos para acadar novas e máis altas metas!

Os libros do século XXI

Acaba de presentarse en USA o Amazon Kindle, o iPod dos libros, unha pantalla que pesa 300 gr. e mide 18x13 cm, cunha capacidade de almacenamento de 200 libros e unha calida-de de lectura moi similar á do papel.

A Literapia Unha clínica de Compostela utiliza a lectura como apoio para curar enfermidades. Esta nova terapia trata de acercar ao paciente obras literarias para favorecer a súa recuperación.

Mortadelo e Filemón. Misión: Salvar a Terra Cumpridos os seus primeiros cincuenta anos, Mortadelo e File-món, parodia española de detectives ao Sherlock e Watson, em-bárcanse nunha nova misión: salvar ao planeta terra da sequía… se queres saber máis vai ao cine… Ah… e non esquezas que na biblioteca temos a colección completa das súas aventuras.

Page 3: Biblioxornal 7

P á x i n a 3 N ú m e r o 7 – 1 º T r i m e s t r e 2 0 0 8

2008: 2008: 2008: 2008: Ano Internacional das Linguas “Preservar, defender e promover a diversidade das linguas e o multilingüísmo” (porque a me-tade das linguas faladas no mundo están en perigo de extinción) é o obxectivo que busca a ONU coa proclamación do presente ano como Internacional das Linguas. O lema deste ano “As linguas contan” pretende mentalizarnos da necesidade de salvagardar o noso patrimo-

nio lingüístico. Ademais o vindeiro 21 de febreiro celebraremos o Día Internacional da Lingua Materna. O galego é unha das linguas en perigo de extinción, de nós depende que

viva miles de primaveras máis.

Libros Galegos na IBBY A organización internacional que agrupa as asociacións relacionadas coa literatura infantil e xuvenil de todo o mundo ten na súa lista, entre outras, as seguintes obras galegas ou traduci-das ao galego que podedes pedir na biblioteca: Das cousas de Ramón Lamote de Paco Martín Arnoia, Arnoia de Xosé Luis Méndez Ferrín Anagnórise de María Victoria Moreno As aventuras de Pinocchio de Carlo Collodi (tradución de Antón Santamarina) Contos por palabras e Aire negro de Agustín Fernández Paz Cando petan a porta pola noite de Xavier P. Docampo A caza do carbairán de Lewis Carroll (tradución de Marilar Aleixandre) Anxos en tempos de chuvia de Miguel Vázquez Freire As aventuras de Arthur Gordon Pym de Edgar Allan Poe (tradución de Alberto Avendaño) Pel de lobo de Xosé Miranda O señor dos aneis I de J. R. R. Tolkien (tradución de Moisés R. Barcia)

e Ano de Curros Enríquez Celebramos o centenario do pasamento do poeta Manuel Curros Enríquez, crítico dos males da sociedade da súa época, intelectual impulsor da renovación política, social e cultural de Galiza. Comprometido co seu pobo e a súa lingua atacou a acti-tude social da igrexa chegando a ser excomungado polo bispo de Ourense. O instituto únese a conmemoración presentando un dos

seus poemas como A Poesía do Mes de febreiro. E na nosa biblioteca atoparedes as súas obras: Aires da miña terra, O

divino sainete e A Virxe do Cristal.

Aproxímase o día D e a hora H Harry Potter e as reliquias da morte, sétima e por agora última entrega da serie, apa-

recerá, de maneira simultánea en castelán, catalán e galego o próximo 21 de febreiro

ás 18.30 horas. Por outra banda a estrea da película Harry Potter e o misterio do prín-cipe será a finais de ano, o 21 de novembro.

Curros visto por Gogue

Page 4: Biblioxornal 7

P á x i n a 4 N ú m e r o 7 – 1 º t r i m e s t r e 2 0 0 8

CONCURSO Marcapáxinas ou marcadores de lectura para o IES “San Paio” BASES 1. OBXECTIVO: Deseñar un marcapáxinas ou marcador que promova a invitación á lectura. Con esta finalidade poderá incluírse algún lema ou frase. 2. PARTICIPANTES: O concurso está aberto a todos os alumnos e alumnas do centro, de for-ma individual. 3. O deseño será orixinal e inédito. 4. Cada concursante poderá presentar un máximo de tres propostas. 5. Os marcapáxinas ou marcadores de lectura deberán realizarse en papel de formato A4. Dimensións de : 20 x 5 cm. como máximo. Tamén poderán presentarse en formato electróni-co gardados nun CD ou disquete e nun arquivo JPG. 6. Poderanse incluír debuxos, caricaturas, palabras, poemas ... sempre que garden relación coa lectura e a literatura. 7. Valoraranse estes aspectos: relación coa lectura, orixinalidade e calidade na resolución grá-fica e na presentación. 8. PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN: do luns, 14 de xaneiro ao luns 14 de abril de 2008, ámbolos dous inclusive. Os traballos presentaranse na Biblioteca do IES durante os recreos dentro de prazo citado e serán recollidos polo profesorado de garda na Biblioteca. 9. XURADO: O xurado cualificador estará integrado por catro membros representantes do equipo directivo, do Departamento de Educación Plástica e Visual e do equipo de Biblioteca. 10. PREMIOS: haberá un primeiro premio valorado en 70 Euros e un accésit valorado en 30 Euros, que poderían quedar desertos. 11.O/os marcapáxinas ou marcador/es de lectura premiados quedarán depositados no Ins-tituto e poderán ser utilizados por este sen ánimo de lucro. 12. A participación no Concurso supón a aceptación das presentes bases.

Anímate e participa!Anímate e participa!Anímate e participa!Anímate e participa! Necrolóxicas Fernando Fernán Gómez (1921-2007).- fóisenos “o gran home do teatro e cine españois da segun-da metade do século XX” (Carmen Caffarel), “autor de enorme valía, practicante dunha prosa directa, aguda e irónica, sempre ao servizo dos mellores valores da persoa humana” (César Wonenburger). Tri-butémoslle un póstumo homenaxe lendo Las bicicletas son para el verano ou vendo algunha das súas películas. Adeus a Pepín Bello.- Cumpridos 80 anos da presentación en sociedade da Xeración do 27, o gran catalizador e última memoria viva do grupo, amigo de Luis Buñuel, Federico García Lorca e Salvador Dalí entre outros, deixounos aos 103 anos. A gadaña da morte segou tamén a vida de Ángel González, membro da xeración poéti-ca dos 50 que incorpora á lírica española as reivindicacións sociais sen descoidar a preo-cupación pola linguaxe. Admirador de Juan Ramón Jiménez ou Federico García Lorca, unha escolma da súa poesía podedes consultala na biblioteca dentro da antoloxía de Juan García Hortelano: El grupo poético de los años 50, páxs. 43-63.

Premios O Premio Nacional das Letras, o máis importante despois do Cervan-O Premio Nacional das Letras, o máis importante despois do Cervan-O Premio Nacional das Letras, o máis importante despois do Cervan-O Premio Nacional das Letras, o máis importante despois do Cervan-tes, foi concedido á novelista Ana María Matute (Barcelona, 1926). A tes, foi concedido á novelista Ana María Matute (Barcelona, 1926). A tes, foi concedido á novelista Ana María Matute (Barcelona, 1926). A tes, foi concedido á novelista Ana María Matute (Barcelona, 1926). A

súa obra súa obra súa obra súa obra Los soldados lloran de noche Los soldados lloran de noche Los soldados lloran de noche Los soldados lloran de noche está ao voso dispor na Biblioteca.está ao voso dispor na Biblioteca.está ao voso dispor na Biblioteca.está ao voso dispor na Biblioteca.

Ángel González