aparello respiratorio

31
Profesor: Adán Gonçalves NUTRICIÓN III: O APARELLO RESPIRATORIO

Upload: adan-goncalves-conselleria-de-educacion-xunta-de-galicia

Post on 02-Jul-2015

136 views

Category:

Education


3 download

DESCRIPTION

Breve descrición dos tipos de respiración no Reino Animal. Nivel 1º Bacharelato.

TRANSCRIPT

Profesor: Adán Gonçalves

NUTRICIÓN III:

O APARELLO RESPIRATORIO

1. A RESPIRACIÓN SUBMINISTRA ENERXÍA

As células precisan enerxía

constantemente para realizar as súas

funcións vitais.

Para obter esta enerxía é preciso

degradar ou oxidar os nutrientes nun

conxunto de procesos do metabolismo

celular que denominanos catabolismo.

Neste conxunto de procesos

consómese O2 e libéranse auga, CO2,

derivados nitroxenados e enerxía en

forma de ATP.

1. A RESPIRACIÓN SUBMINISTRA ENERXÍA

A enerxía xerada utilízase en:

Sintetizar moléculas: enzimas e outras proteínas, hormonas...

Traballo mecánico: contracción muscular

Traballo químico: transporte de moléculas, impulso nervioso, filtración renal...

Multiplicación celular: crecemento e renovación tisular.

Mantemento da temperatura: nos animais homeotermos (aves e mamíferos).

Para todo isto precisamos osíxeno que obtemos mediante a respiración

2. FASES DA RESPIRACIÓN

Diferenciamos tres etapas:

Ventilación: renovación do aire ou a auga (que achegan o osíxeno).

Intercambio gasoso: é o trasvase de osíxeno e dióxido de carbono entre as

superficies respiratorias e o medio que as rodea, sexa aire ou auga. Este

intercambio sucede por difusión pasiva, polo que para que se poida realizar estas

superficies teñen que ser:

- Extensas e vascularizadas.

- Delgadas.

- Húmidas (para evitar a desecación, os animais terrestres teñen as súas

superficies respiratorias no interior do seu corpo).

Respiración celular: os nutrientes son degradados nas mitocondrias en

presenza de osíxeno e liberan a súa enerxía (respiración aerobia).

3. RESPIRACIÓN EN ANIMAIS

DIFUSIÓN SIMPLE

Típica de esponxas, cnidarios e planarias.

Intercambio de gases a través da membrana das células.

É eficaz para organismos moi sinxelos cuxo tegumento é moi fino.

RESPIRACIÓN CUTÁNEA

Característica de animais pequenos de ambientes húmidos e con pouca actividade

metabólica (moitos platihelmintos e anélidos como a miñoca).

Tamén aparece noutros animais como mecanismo de respiración complementario

(algúns artrópodos de pequeño tamaño e anfibios).

O intercambio gasoso verifícase por toda a superficie corporal, polo que a pel debe

estar vascularizada e moi húmida, e ser moi fina.

Nos peixes tamén existe en determinadas rexións: epitelio bucal, vexiga natatoria,

parte do intestino e epiderme das aletas.

3. RESPIRACIÓN EN ANIMAIS

RESPIRACIÓN TRAQUEAL

Típica de insectos e outros artrópodos terrestres (arácnidos e miriápodos).

O aparello traqueal está formado por unha serie de tubos (traqueas) que se abren

ao exterior mediante uns orificios (estigmas ou espiráculos) localizados na superficie

do corpo polos que penetra o aire.

A rede de tubos ramifícase moito permitindo que o osíxeno chegue a todas as

células (nestes animais o aparello circulatorio non leva os gases).

A ventilación lévase a cabo grazas aos movementos do corpo e as contraccións das

traqueas.

Os insectos voadores teñen sacos aéreos elásticos asociados a este sistema de

tubos que teñen unha dobre función: o intercambio gasoso e a flotabilidade.

3. RESPIRACIÓN EN ANIMAIS

RESPIRACIÓN BRANQUIAL

Característica dos animais acuáticos (medio con menor dispoñibilidade de

osíxeno): peixes, larvas de anfibios, equinodermos, crustáceos, bivalvos,

cefalópodos, anélidos acuáticos...

As branquias son prolongacións do corpo moi vascularizadas. Atendendo a onde

se localicen, poden ser externas (máis primitivas) ou internas.

Branquias externas

Poden ter forma de penacho (poliquetos), forma laminar arredor da boca

(equinodermos), ou plumosas (cágados).

Estas branquias non necesitan ventilación, xa que están en contacto permanente

coa auga.

Poden lesionarse máis fácilmente.

RESPIRACIÓN BRANQUIAL

Branquias internas

• Están protexidas nunha cavidade interna polo que precisan dun sistema de ventilación

que impulse a auga cara esa cavidade.

• Son menos vulnerables e dan máis hidrodinamismo ó corpo.

• Nos moluscos bivalvos son grandes láminas con cilios que permiten o movemento da

auga na cavidade paleal.

• Nos crustáceos atopámolas en cámaras que forman parte da cuncha. Posúen apéndices

que moven a auga para que circule.

• Nos peixes cartilaxinosos (quenllas e raias) as láminas branquiais sitúanse no interior

dunhas fendiduras branquiais. A auga penetra pola boca e por uns orificios denominados

espiráculos, pasa pola farinxe e sae polas fendiduras branquiais. O responsable da

circulación da auga é o propio movemento do animal.

3. RESPIRACIÓN EN ANIMAIS

RESPIRACIÓN BRANQUAIL EN CARTILAXINOSOS

ESPIRÁCULOS

• Nos peixes óseos as fendiduras

branquiais están protexidas por un

opérculo. Cada branquia está formada

por unha rede de filamentos para

expoñer unha gran superficie no

intercambio gasoso.

Esta é unha zona moi vascularizada, o

sistema arterial con sangue pobre en

O2 conecta cos capilares branquiais

onde se osixena. Este sangue osixenado

e retirado polo sistema venoso que o

envía de novo ao corazón.

O sistema de intercambio baséase nun

mecanismo contracorrente (auga e

sangue van en sentidos opostos) que

ten gran eficacia.

Na ventilación a auga entra no interior

pola boca, despois pechan a boca e a

auga flúe ao exterior polas branquias.

3. RESPIRACIÓN EN ANIMAIS

RESPIRACIÓN PULMONAR

Os pulmóns son cavidades internas adaptadas a captación do osíxeno do aire.

Orixínanase a partir das paredes corporais ou da farinxe. Hai dous tipos principais:

Pulmóns de difusión: en algúns moluscos (caracois e lesmas) e en arácnidos (pulmóns

libro). Son cavidades internas con placas vascularizadas, o aire penetra polas

fendiduras abdominais e pasa entre as placas producíndose o intercambio.

Pulmóns de ventilación: os característicos dos vertebrados. O intercambio gasosos

débese a cambios no volume pulmonar.

3. RESPIRACIÓN EN ANIMAIS

A RESPIRACIÓN EN VERTEBRADOS TERRESTRES

Todos teñen respiración pulmonar, pero posúen pulmóns moi diferentes.

Neles prodúcese a ventilación pulmonar que consta de dous movementos

inspiración (entrada de aire) e expiración (saída).

Nos vertebrados hai unha tendencia ao aumento da superficie respiratoria dos

pulmóns dende anfibios ata mamíferos.

RESPIRACIÓN EN VERTEBRADOS TERRESTRES

Nos anfibios os pulmóns son sinxelos en forma de saco.

En réptiles hai cavidades tabicadas que aumentan a superficie.

Nas aves hai expansións das paredes dos pulmóns, sacos aéreos, que teñen unha

dobre finalidade, facilitar a flotabilidade e aumentar a superficie.

O aumento da superficie respiratoria chega á máxima expresión nos mamíferos co

desenvolvemento dos alveólos pulmonares.

4. APARELLO RESPIRATORIO HUMANO

Está formado polos pulmóns e as vías respiratorias: fosas nasais, farinxe, larinxe,

traquea, bronquios e bronquiolos.

AS VÍAS RESPIRATORIAS

O aire penetra polas fosas nasais e pasa a farinxe, durante este traxecto fíltrase,

quéntase e humedécese.

A larinxe une a farinxe coa traquea. Posúe unha parede con pezas cartilaxinosas unha

das cales é a epiglote que impide a entrada de alimentos nas vías respiratorias.

A traquea está diante do esófago e é un tubo que se divide en dúas ramas, os

bronquios que penetran nos pulmóns.

Os bronquios divídense en bronquios menores e despois en bronquiolos.

Os bronquiolos seguen a dividirse orixinando condutos alveolares microscópicos que

rematan en sacos alveolares ou alvéolos.

É nos alvéolos onde se produce o intercambio gasoso, xa que están moi capilarizados.

A larinxe é tamén

responsable da nosa

capaciadade para falar.

Nela atópanse as cordas

vogais.

Parte interior da larinxe

A traquea divídese en dous bronquios

principais que entran nos pulmóns. Éstes

divídense en bronquios secundarios,

terciarios e finalmente uns 250000

bronquiolos.

OS PULMÓNS

Son dous órganos situados no tórax, enriba do diafragma e protexidos pola caixa

torácica.

Arredor dos pulmóns hai unha dobre capa serosa chamada pleura que contén o

líquido pleural.

Cada pulmón posúe uns 150 millóns de alvéolos, proporcionando unha enorme

superficie para o intercambio gasoso.

As paredes dos alvéolos son un epitelio monoestratificado que está en contacto

íntimo cos capilares (endotelios) que rodean a cada alvéolo permitindo fácilmente a

difusión de gases.

O aire dos alvéolos ten maior concentración de osíxeno co sangue dos capilares

polo que existe un gradiente positivo (difusión simple); do mesmo xeito, pero o

contrario sucede no caso do dióxido de carbono.

Pleura visceral

Pleura parietal

Entre a pleura parietal e a pleura

visceral hai un espazo (a cavidad

pleural), ocupada por unha pequena

cantidade de líquido pleural que

actúa como lubricante.

Chega sangue pobre en osíxeno

Sae sangue rica en osíxeno

GRAZAS POR ATENDERME

WEBGRAFÍA

http://www.asturnatura.com/articulos/anelidos/sistemas.php

http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/recursos/2ciclocorpo/actividades.htm

http://www.educa.madrid.org/web/ies.alonsoquijano.alcala/carpeta5/carpetas/quienes/departamentos/ccn

n/CCNN-1-2-ESO/1eso/T11-invertebrados/tema_11.htm

http://www.slideshare.net/EDU3364/tema-11-aparato-respiratorio

http://www.slideshare.net/iessuel/aparato-respiratorio-2839478

http://www.ictioterm.es/glosario_terminos_biologicos.php?lt=E

http://www.tiburonpedia.com/como-respiran-los-tiburones/